Raquel C. Pico

Raquel C. Pico

Xornalista e escritora. Escribo sobre a vida moderna, a de agora e a de hai cen anos, nunha ecléctica variedade de cabeceiras, como boa freelance millennial.

  • A vida secreta do lixo

    Igual que non pensamos nas redes de sumidoiros, non pensamos no lixo. Só nos lembramos del cando toca baixalo ao contedor antes de que a súa presencia nos moleste. Vive nun recuncho esquecido da cociña. E, porén, o lixo é unha peza clave para entender os retos deste século XXI e unha testemuña de como vivimos. 

    En 1875, tras unha epidemia de cólera, o Parlamento británico esixiu que cada casa entregase o seu lixo en contedores móbiles que se deixarían na rúa. Algo menos dunha década despois, Eugène Poubelle impuxo un sistema de tres contedores en París e 150 anos despois, seguimos recollendo o lixo como eles comezaran a facelo. Os nosos refugallos son, iso si, moito máis grandes que os daqueles anos e moito máis duradeiros.

  • Identidade e cores na paisaxe. Cal é o Pantone de Galicia?

    Dende o aire, Galicia é unha colección de verdes e marróns con algún toque de azul polo medio, pero cal é o catálogo Pantone das paisaxes do país? Pode parecer unha cuestión baladí, pero non o é. A cor forma parte da riqueza colectiva, un elemento máis do patrimonio inmaterial. 

    «En Galicia, como lugar, a cor dominante é o verde», di Cristina García Fontán, arquitecta e vogal da Agrupación de Arquitectas y Arquitectos Urbanistas de Galicia, vinculada ao Colexio de Arquitectos de Galicia. Logo, nas cidades, o que marca a paleta, apunta, son os materiais que foron empregados. Aí está o exemplo recorrente de dicir que «Santiago é pedra»: éo porque así é como está construída a cidade histórica e son esas cores graníticas as que conectamos á identidade visual urbana. 

  • Chega o Nadal e prende o frenesí luminoso

    Decembro é o mes por excelencia dunha batalla na que están metidos os alcaldes de moitas cidades, repartidas polo Estado. Pode que Abel Caballero sexa un dos exemplos máis sonados e Vigo unha das súas participantes máis vistosas, pero na guerra por ter o Nadal máis iluminado entraron xa moitos lugares. A cuestión clave é a de que supón este frenesí luminoso. Canto nos está custando prender as luces? 

    Lugares
  • Non estamos ben en internet

    A rede é o epicentro da vida moderna, pero está a nos pasar factura? As liñas que separan a vida conectada e a desconectada son cada vez más difusas. Soñar cunha utopía desconectada chea de paz e silencio semella tentador, pero apagar por completo internet non parece de todo posible. É un ruído constante, que non sabe de vacacións nin ás veces de horarios laborais. Vivimos desbordadas por internet e a hiperconectividade? 

    VINTE na rede
  • Burbullas gastronómicas. Podería o ramen triunfar como o churrasco?

    Os sitios de poke agora pasan ser locais coloristas que ofrecen ramen. Os baos xa non son unha cousa chic e rara de restaurantes con pretensións e xa chos ofrecen no bar da praia. As modas do comer van e veñen, nun carrusel de ciclos que, dende fóra, semella cada vez máis efémero e intenso. Só algúns están chamados a quedar no noso universo gastronómico, como foi o caso do churrasco ou mesmo das hamburguesas.

    Gastronomía
  • Finar no século XXI. Afectos e efectos dos rituais da morte

    A morte é tan antiga como a vida, pero o modo en que nos relacionamos con ela cambia co paso das décadas. Os rituais da morte tamén cambian nestes anos 20, para estar máis conectados coas nosas crenzas. O único problema está en que, ao mesmo tempo que nos separamos do tradicional, o facemos igualmente da aprendizaxe de como debemos vivir e tratar o falecemento dos nosos seres queridos.

  • De viaxe? Cando os turistas son «os outros»

    É, como poñían os estados do Facebook na súa etapa de gloria, unha situación «complicada». Nos últimos anos, as queixas da poboación galega ante os efectos do turismo foron en aumento. 

    Unha tarde de verán na zona vella de Santiago pode convencer a calquera de que a situación é extrema. Pero —e máis alá de que as estatísticas e as versións da industria apuntan que a realidade é máis matizable— isto non quita que nós mesmas sexamos turistas noutros lugares. 

    Lugares
  • Ler escoitando? Os silencios do audiolibro en galego

    A última moda editorial é o audiolibro: ler escoitando —e vía servizo de streaming— os libros. O mercado medrou de forma notable nos últimos anos, pero a oferta en galego é mínima. Por que as editoras non se lanzaron aínda en masa á súa conquista? A resposta está nos custes e na propia natureza do mercado. O audiolibro é un espello, en realidade, de moitos máis problemas do libro galego. 

    Literatura
  • Vivimos nunha «tiranía deportiva»?

    Unha conta de aforro premia agora que camiñes e fagas exercicio; en definitiva, que leves unha vida máis saudable. É unha idea distópica ou unha moi conectada cos problemas do século XXI? Mesmo se as redes sociais —e as culturas de dieta das últimas décadas— insisten en que hai que facer exercicio —e que se non o logras che falta disciplina—, a sociedade é cada vez máis sedentaria. Seis de cada 10 persoas en Galicia pasan, de feito, de facer exercicio. 

    Deporte
  • A revolución comeza na biblioteca

    As bibliotecas non son só espazos nos que mandan calar a xente nin tampouco grandes templos do saber. O seu papel patrimonial —conservando a cultura colectiva e mantendo a local— é fundamental, pero estes lugares teñen un impacto transversal na sociedade. É un deses espazos máxicos que fan cidadanía.

  • Os derradeiros videoclubs

    Eran unha peza incuestionable do ocio dos anos 90 e dos primeiros 2000, antes de que os cambios tecnolóxicos os fixeran pasar de moda. Pero ir ao videoclub segue sendo posible, polo menos nalgunhas cidades galegas nas que aínda resisten. Cantar odas nostálxicas á súa supervivencia di moito máis sobre nós que sobre o atractivo dos DVD.