-
Blanco Palamera. Véndoos gañar
O sábado pasado viviuse en Santiago un dos concertos do ano. Manu Blanco e Xoán “Palamera” Domínguez volvían á casa e aquilo foi unha celebración. Matías Tarrío estivo alí e bríndanos esta crónica.
-
Discos do rocho. Os vinilos máis tolos que atopei revolvendo pola casa
Nestes días de confinamento a todos nos deu por poñernos a limpar, ordenar ou simplemente revisitar algunhas desas cousas que nin sabiamos que tiñamos. En moitos fogares foi o momento de ir ao rocho e remexer nos discos vellos. Matías Tarrío seleccionou dez da súa discoteca que, ben pola portada ou ben polo contido, son artefactos sonoros moi tolos.
-
Ruta. De Verín a Lisboa pola antiga estrada Nacional 2 de Portugal
Para chegar desde Galicia a Lisboa o normal é ir pola autoestrada de pago que transcorre á beira da costa, pero hai outra opción de ruta que tamén é moi interesante. Conducimos pola EN2 portuguesa ata a capital do país somerxéndonos no carácter auténtico das vilas e das paisaxes de interior que atravesa.
-
Club Peña Trevinca. 75 anos de paixón pola montaña
Foi no 1944 cando Gonzalo Gurriarán, médico represaliado polo franquismo, fundou o Club Peña Trevinca Montañeros de Galicia, unha asociación naturalista e multidisciplinar que desde aquela é un referente para todo o montañismo da nosa terra. Este ano están de celebración, cumpren 75 anos.
-
O Son do Camiño. Crónica de 3 días no Monte do Gozo
Rematou o Son do Camiño e quedan atrás unha morea de actuacións nesta edición de 2019. Durante tres días o recinto do Monte do Gozo encheuse de xente moi variada que acudiu ao reclamo dun cartel moi ecléctico. Aquí a crónica do que se escoitou.
-
Xaime Beiro: "Os tiburóns son boa xente"
É de Louro, é submarinista audiovisual e fai fotografías e vídeos incribles da flora e da fauna que habita as nosas costas. E ademais é un experto en motion graphics. Falamos con Xaime Beiro de nécoras, de Instagram e de tiburóns, cos que ten unha relación especial.
-
Helsinki 79. A curta que conecta Benidorm, Finlandia e un dúo musical español
O realizador vigués Pablo Fontenla dirixe este falso documental que conta a historia esquecida detrás dun one hit wonder de finais dos anos 70 en Finlandia. Co propio Fontenla como actor, e rodada en finés, a curta chega acompañada do videoclip do mesmo nome.
-
Premios da Música Martín Códax. Unha noite de celebración da música galega
Outro ano máis os Premios da Música Martín Códax xuntaron en Pontevedra toda a industria musical galega. Alí estivemos e contámosvos o que pasou, se é que non o vistes en streaming na súa web ou se queredes facer spoilers aos amigos que queiran vela sen saber como foi (emitirase este sábado 11 de maio ás 22:45 na TVG2 e o domingo a media noite na TVG).
-
Dios Ke Te Crew. O colectivo hip hop de Ordes presenta disco cun show irrepetible
Será este sábado 11 na sala Capitol de Santiago de Compostela cando Dios Ke Te Crew presenten O ciclo da serpe, o seu novo disco. Hai moita expectación con esta nova entrega dos de Ordes e en VINTE quixemos coñecer de primeira man a opinión da histórica banda.
-
Chambo. Vinte anos dun programa mítico que todo o mundo lembra
En maio de 1999 comezaba un programa de música na TVG. Unha novísima Belén Regueira debutaba presentando 'Chambo', un espazo que incluía entrevistas, videoclips e actuacións en directo, e que pasou á memoria colectiva de moita xente polo seu estilo e a súa calidade. Non sabemos se se acordarán en San Marcos, pero en VINTE vaia se nos acordamos.
-
¿Rock & Grelos? A primeira historia do rock galego
Ten faltas de ortografía tan antolóxicas que levarían ao suicidio a calquera lingüista, a edición é cativeira, ten unha portada horrible e é unha historia incompleta. E aínda así é valiosísimo. Hoxe traemos a VINTE outro libro esquecido e dámosche 6 razóns para lelo.
-
Mileth. A banda que fai metal con pandeiros e zanfonas
Mileth cantan en galego e fan pagan folk metal. Acaban de sacar o seu primeiro LP, que se distribúe en todo o mundo cun selo ruso. Titúlase 'Catro pregarias no albor da lúa morta' e preséntano este venres 29 na SalaSon de Cangas. En VINTE falamos con Christian e Xacobe, baixista e guitarrista da banda, para saber máis deles.