María Yáñez

María Yáñez

Xornalista. Levo vinte anos traballando na rede e no audiovisual. Adoro as revistas en todos os seus formatos. Agora dirixo VINTE da man de Praza.gal.

  • Raquel C. Pico: «Os ‘millennials’ imos ser unha xeración eternamente na mocidade»

    Un retrato da primeira xeración que se fixo adulta neste milenio escrito con perspectiva galega, nun ensaio deses que abundan no xornalismo anglosaxón pero que se botan en falta na nosa lingua. Para escribir 'Millennials. Unha xeración entre dúas crises' Raquel C. Pico leu toda a literatura e estatística posible sobre os millennials pero tamén entrevistou un bo feixe de persoas da súa quinta que viven en Galicia e comparten experiencias similares en torno á precariedade, o traballo, a vivenda, a familia, a emigración ou as redes. A xeración da mocidade “eterna” chega aos corenta. É hora de vela cunha nova perspectiva.  

    Literatura
  • Alariko: «Eu só debuxo casiñas bonitas»

    Ten 270.000 seguidores de todo o mundo, e poucos deles acertan a saber de onde é. Agora dá máis pistas, pero antes o feito de escribir en inglés e de debuxar con certo trazo oriental tapaba bastante a súa orixe. Alariko é, segundo el mesmo di, un PTV (pontevedrés de toda a vida), da colleita do 2002. Non quere desvelar o seu nome completo pero si nos conta que se chama Álvaro nesta conversa, a primeira entrevista que dá nun medio un dos debuxantes máis populares da rede social que agora temos que chamar X. 

    VINTE na rede

    Co patrocinio de

  • Vinte en ruta

    Vinte en ruta #01: Da Coruña a Ferrol dando toda a volta

    Comezamos hoxe VINTE EN RUTA, unha serie de reportaxes que combinan a crónica de viaxes e o roteiro gastronómico, sen saírmos da provincia da Coruña. Microturismo de proximidade, cousa slow, facer pouca gasolina e gastar poucos cartos pero gastalos aquí ao lado. Con firmas da casa VINTE e firmas convidadas que se botan á estrada para ver, con outros ollos, o que temos aquí ao carón. Co apoio da área de Turismo da Deputación da Coruña. 

    Lugares

    Co patrocinio de Turismo da Deputación da Coruña

  • O corpo aberto. 'Okupas' de corpos na Raia Seca

    Estréase ‘O corpo aberto’, de Ángeles Huerta, un filme de ‘terror folk’ que adapta un relato de Arraianos, de Méndez Ferrín, e no que a atmósfera de misterio deriva nun baile carnal que traspasa os corpos e subverte o xénero.  

  • O corpo aberto. Okupas de corpos na Raia Seca

    Estréase ‘O corpo aberto’, de Ángeles Huerta, un filme de ‘terror folk’ que adapta un relato de Arraianos, de Méndez Ferrín, e no que a atmósfera de misterio deriva nun baile carnal que traspasa os corpos e subverte o xénero.  

    Cinema
  • Historias da mocidade en Lugo

    Historias da mocidade en Lugo: Movementos sociais

    En Lugo móvense moitas cousas en torno ao deporte, o activismo, a participación xuvenil, o asociacionismo… e é a xente nova quen está impulsando moitos destes movementos, ou que chega de fóra con ganas de contribuír e mellorar a cidade. As protagonistas de hoxe compártennos as súas experiencias e motivacións para apostar polo seu futuro aquí, facendo avanzar a sociedade en distintos ámbitos. 

    Lugares

    Coa colaboración do

  • Historias da mocidade en Lugo

    Historias da mocidade en Lugo: Cultura

    Algo se está a mover en Lugo. A capital acolle unha nova fornada de creadoras e axentes culturais que, trala pandemia, decidiron regresar ou simplemente quedar a vivir na cidade. Algo que de primeiras non entraba nos seus plans. E atoparon un Lugo diferente, con máis xente nova e máis oferta de cultura e lecer, pero tamén o Lugo de sempre visto agora con outros ollos: os dunha nova xeración que valora a calidade dunha vida máis lenta, máis barata, máis próxima e en contacto coa natureza. 

    Lugares

    Coa colaboración do

  • Mateo Mena. Toda a ciencia, a materia e a emoción que está detrás da música electrónica

    O festival SinSal, que se celebra esta fin de semana na illa de San Simón, quere amosarnos este ano os materiais, as máquinas e os procesos cos que a música electrónica se leva facendo desde hai décadas. E faino mirando ao pasado, cunha exposición que percorre a historia dos sintetizadores e caixas de ritmos, pero tamén ao futuro, á filosofía que propón o luthier Mateo Mena de reconciliar a electrónica coa natureza a través da música. 

    Música
  • Retratos do ‘tradi’. A revolución do folclore como forma de vida

    O Serán’03 xuntou hai uns días centos de persoas no macroencontro de cultura tradicional que, logo de dous anos de pandemia, volveu á Cidade da Cultura para celebrar o vivo que está o folclore: como feito cultural, como actividade de lecer, como modo de socializar a todas as idades. Achegámonos ao Gaiás con O Novo Normal para retratar algunha desa xente, para a que o tradi é unha maneira de estar no mundo, aínda que o seu traballo cotián non teña nada que ver con isto. 

    Xente