
Historias do ‘Resu’: «O mellor deste festival é a xente»
Tras dous anos de parada pola pandemia, o Resurrection Fest volveu facer de Viveiro unha das capitais europeas do rock, do hardcore e do metal. Fálase de 140.000 asistentes, que non está mal para unha vila de 15.000 habitantes, pero máis alá dos macronúmeros quixemos fixarnos nas microhistorias das persoas que foron como público, a actuar ou a traballar no festival, e tamén dos veciños que os acollen. Velaquí un retrato coral deste regreso á nova normalidade metaleira.