Iria Curros

Iria Curros

Estudante de Xornalismo na USC. Sempre buscando algunha historia que contar. Agora aprendendo en VINTE.

  • Nuria Vil: «Temos que mobilizar a poesía»

    Nuria Vil é unha poeta viguesa, creadora de relatos sonoros, palabra falada, dobraxes… E todo isto é posible atopalo nas redes, porque é por estas por onde se da a coñecer. Hai pouco que Nuria lanzou o seu Patreon para intentar vivir da súa creación a través de internet e, mentres, continúa centrada nos seus proxectos e traballos.

    Creadoras
  • Esta xente de lonxe decidiu aprender galego usando TikTok e Twitter

    Non son de aquí nin viñeron vivir a Galicia, mais decidiron aprender galego coas ferramentas que tiñan á man en internet. Karina, Jokin, Rena, Diego e Mónica utilizan redes como Twitter para mellorar as súas habilidades no noso idioma e poñelo en práctica con falantes nativos. Mesmo hai usuarias como Leandra, desde Portugal, que agora se dedica a aprenderllo a outra xente en plataformas como TikTok.

    VINTE na rede

    Co patrocinio de

  • Refugallo. Axitación cultural en Pontevedra e desde abaixo

    Os sete fundadores de Refugallo entraron na universidade facendo ruído. Cada un deles achega algo distinto a esta agrupación artística-cultural con sede en Pontevedra, como fotografía, ilustración ou escultura. En xuño fixeron a súa primeira exposición na cidade e estes días teñen aberta a segunda en Cangas.

    Artes
  • Vinte en Silleda. O centro de Galicia está medrando

    Situada no centro xeográfico do país, Silleda é para moitos un sitio ao que volver, e tamén un sitio de acollida. É o epicentro das oposicións e da Semana Verde, algo que o fai lugar de referencia no país pero tamén é o segundo centro neurálxico dunha gran comarca, a do Deza, co permiso de Lalín. Neste concello xúntase xente de 38 nacionalidades, o sector primario segue a dominar aínda que a industria crece, e o sector asistencial tamén xera moito emprego. Vai habendo traballo e hai considerable demanda para alugar vivenda. Pasa o noso futuro por vilas coma Silleda?

    Lugares
  • Lili Algo. Ilustradora do cotián e do imaxinario

    Hai dous anos Lili Algo viu como cada vez máis xente estaba interesada polos adhesivos que lles facía aos seus amigos. Agora a artista baionesa residente en Pontevedra xa vende pósters, cerámicas ou mesmo camisetas. Co seu traballo pretende facer unha combinación entre o imaxinario e o real creando un universo persoal no que os personaxes que crea teñen un fío que os une.

    Creadoras
  • O Garaxe Hermético. A canteira da banda deseñada galega está en Pontevedra

    No ano 2012 o historietista e ilustrador Kiko da Silva abre O Garaxe Hermético, a primeira escola de banda deseñada de Galicia. Nove anos despois, xa se nota a súa pegada na cidade de Pontevedra e no resto do país. Fomos alá coñecer mellor o seu funcionamento e o traballo de estudantes xa graduados, e tamén ver como está futuro profesional da banda deseñada.

    Cómic
  • Twitch. O big bang dos ‘streamers’ en galego

    Estamos xusto no momento no que o universo de canles que fan streaming en galego se empeza a expandir. Falamos con Agos Reigosa, a persoa detrás de Twitch en galego, sobre o presente e o futuro da creación de contido nesta plataforma e os esforzos para que Twitch recoñeza o galego como idioma oficial. Tamén coñecemos as opinións da CRTVG, que o próximo mes lanzará a súa propia canle, e dos streamers Xeración Vós, Iria Ribadomar, Eu Son Marta e Reisvas. 

    VINTE na rede

    Co patrocinio de