
Creadoras
-
-
Lili Algo. Ilustradora do cotián e do imaxinario
Hai dous anos Lili Algo viu como cada vez máis xente estaba interesada polos adhesivos que lles facía aos seus amigos. Agora a artista baionesa residente en Pontevedra xa vende pósters, cerámicas ou mesmo camisetas. Co seu traballo pretende facer unha combinación entre o imaxinario e o real creando un universo persoal no que os personaxes que crea teñen un fío que os une.
-
Guísomo Eu. Un fanzine para conectar novas creadoras máis alá do Instagram
Xa vai case medio ano desde que cinco estudantes de Santiago decidiron crear un espazo no que a mocidade puidese compartir a súa arte sen temor a ser xulgada. Poemas, ilustracións, colaxes, fotografías… En Guísomo Eu non existe unha fronteira entre o que se considera arte ou non. A primeira edición do seu fanzine rematou coas existencias esgotadas, e xa andan a preparar a segunda.
-
DJ Clara! Feminismo e política do reggaetón
A segunda década do século vinteún foi unha época na que o reggaetón tomou o pulso dos gustos musicais da sociedade, acadando unha exposición mediática que chegou ata aquí por medio de artistas galegas como Clara Sobrino Heyvaert, máis coñecida como Clara!, que tamén é vocalista e DJ.
-
Adriana Páramo: "rodar as miñas curtas foi unha maneira de afondar no meu sentimento de morriña"
Esta cineasta viguesa marchou a Londres no 2008 para perseguir o seu soño, estudar cinema. Despois de moito empeño e perseverancia, e xa cun pé de volta na terra, esta semana presenta un dos seus proxectos en Los Ángeles. Falamos con ela sobre este logro, os seus traballos e referentes audiovisuais, o dó migratorio e o proceso emocional do retorno.
-
Teresa Ferreiro: «Hai certas cousas que aprendemos -e debemos aprender- só a través da memoria histórica»
Ilustradora, autora de comics, investigadora cultural e DJ. Teresa Ferreiro é polifacética e multidisciplinar. Aproveitamos a súa participación no ciclo VanGal 2.0 do Museo do Pobo Galego para interesarnos polo seu ecléctico traballo, polas súas inquedanzas e influencias creativas e polo uso que fai da arte en prol da reivindicación política, da memoria histórica e do feminismo.