-
Vinte en Folgoso do Courel: “Se se esgota un plan de vida, tes que inventar outro”
VINTE na vilaHabía moitas pingadas na estrada, sinal de que chegaramos ao Courel e de que estamos no tempo grande da castaña. Case non parou de chover en todo o día, pero todo o mundo nos dixo que estabamos alí na mellor época. Pódese ir ao Courel en calquera momento do ano, pero hai que volver no outono.
Nesta nova entrega do Vinte na vila percorremos Folgoso do Courel un 31 de outubro. Mel, castañas, doces, turismo rural, a gandeiría e mesmo o blues e o jazz mestúranse nesta reportaxe audiovisual co son da chuvia, e as voces dos protagonistas que nos falan desde o seu lugar: "Decateime de que vivimos no ceo aquí".
-
Anxo Suárez, creador de Suárez Cake: “Con este cambio no laboral sinto que son mellor persoa que antes”
VINTE na rúaAnxo Suárez deixou a informática para buscar a receita da que para el é a mellor torta de queixo. Dous anos despois, moita xente coincide con el e pode celebrar o éxito do seu local en Ourense e pensar xa en expandirse a outras cidades galegas
-
"Escribir é de todas": 20 anos do certame de narrativa curta de Curtis
LiteraturaO Premio de Narración Curta do Concello de Curtis fai vinte anos rodeado dunha comunidade escritora de todas as idades. Un fito para un certame literario, máis aínda cando busca que participen persoas que nunca pensaran en escribir, ademais das que xa están afeitas a comunicarse a través da palabra escrita
-
Lúa Mosquetera: "Antes ser antifascista era un consenso social"
Quen queira ver a Lúa Mosquetera en directo nun recital ten que anotar a data do 11 de xullo no seu calendario porque está a piques de baixar dos escenarios por un tempo. A causa é boa e vai da man da maternidade, como tantos dos seus poemas. Con ela falamos desa transición de filla a nai e de todo o que trae consigo nestes tempos
-
'Future Stories': a fotografía galega que vén
FotografíaAlba Chan, Sofía Dagá, Lucía Novais e Adrián Ramos son os catro protagonistas da segunda edición da mostra Future Stories da Fundación Marta Ortega Pérez (MOP) na Coruña. Formados nas escolas de arte e deseño galegas, foron seleccionados para seguir aprendendo en Milán da man da Fondazione Sozzani, onde tiveron acceso a profesionais destacados do mundo da moda e das artes
-
Vinte na rúa, con Marta Conde, de Conxenia.gal «Aposto por un deseño feito á man»
VINTE na rúaA deseñadora gráfica Marta Conde reivindica o traballo feito á man tamén para o deseño, cada vez máis dixital e con máis presenza da IA. Desde o ano 2017 colabora con múltiples proxectos comprometidos coa transformación social a través de Conxenia, a empresa que fundou como autónoma buscando xestionar o seu tempo para estar presente na crianza da súa filla. As súas influencias chegan dun paseo polo monte, do seu grupo de pandeireta ou das videochamadas con compañeiras para compartir experiencias e vencer as distancias
-
Juana Dolores: «A revolución é inevitable, a non ser que os capitalistas acaben de destruír o mundo»
«Traballar por un salario é renunciar cada día á plenitude da vida», di Juana Dolores. A artista catalá participa no Carballo Interplay co seu discurso lúcido que emprega os argumentos da política e a estética para promover a organización da mocidade fronte ao sistema capitalista. Unha mensaxe que colleu forza nas súas obras e que está presente tanto nas súas pezas teatrais como nos textos que ten en marcha
-
Vinte en Ribadeo. Tranquilidade e dinamismo no «epicentro» da Mariña
VINTE na vilaCun par de días en Ribadeo abonda para que a xente te saúde pola rúa, che recomenden un chocolate na tenda ou saúdes a moitos dos veciños no camiño do porto ata o faro de Illa Pancha pola beira da ría. A comarca da Mariña e a proximidade con Asturias marcan o carácter desta vila que sempre fixo de ponte para os viaxantes e soubo converterse en lugar de referencia para as parroquias da zona
-
VINTE na rúa, con Pablo e Lorena. «Ter a tenda de discos é un acto de resistencia total»
VINTE na rúa«Isto non pasa nunha tenda online», di Pablo Iglesias sentado tras o seu portátil nunha mesa de traballo de carpinteiro. Acaba de entrar pola porta da tenda El Muelle 1931 a terceira persoa que só quería parolar, preguntar algunha dúbida técnica ou preguntar por algo da música que teñen. Na compostelá rúa de San Pedro, vía de entrada de moitos peregrinos á cidade vella, vender vinilos, casetes, fanzines, libros de pequenos selos editoriais, serigrafías e ilustración non é o máis rendible. Pero nin Pablo Iglesias nin Lorena Durán estaban pensando niso cando apostaron por este baixo no número 57 con paredes de pedra, querían ter «un oasis» no que compartir e crear sinerxías; e conseguírono.
-
Breogán Xague: «Gústame que haxa algo que non se acaba de solucionar»
ArtesBreogán Xague, artista multidisciplinar, músico e poeta, vén de publicar Todos os lonxes (Chan da Pólvora), un poemario que se dá continuamente contra algún tipo de límite. Di o vigués que «calquera comeza escribir para poder poñer nome e achegarse a algo cun mínimo de fundamento». Neste caso fala desde o coñecemento dun cambio inminente na súa vida, unha mudanza a un país descoñecido, Suecia, no que se atopará máis preto da súa raíz galega
-
Vinte en Vilalba. «Aquí ves futuro porque o hai»
VINTE na vila«O que máis te marca é que es de aquí». A capital da Terra Chá é a primeira parada de Vinte na vila, o novo espazo de VINTE concibido para contarnos máis e mellor a nós mesmas e entre nós. Para achegarnos devagar á vida cotiá de cabeceiras de comarca que impulsan as súas contornas e merecen ser contadas a través do que fai a súa xente
-
Javier Ferreiro: «A miña forma de contarlle ao mundo as miñas inquedanzas é facendo películas e series»
CinemaO cineasta de Lugo Javier Ferreiro ten dous proxectos tan distintos entre si como conmovedores xa desde o papel. Acaba de asinar a produción da súa primeira serie coa produtora de Javier Calvo e Javier Ambrossi, Mariliendre, e traballa no guión do seu debut na longametraxe: Fame e febre, unha película rodada en Galicia e en galego sobre o que levan por dentro as persoas que coidan.