Fotografía

  • Habitar o baleiro. "Prefiro ver as estrelas"

    “Estamos a documentar os últimos folgos dun modo de vida. Unha civilización que se extingue”. Pecorremos con Brais Lorenzo, fotógrafo e autor das imaxes que compoñen “Habitar o baleiro, unha exposición que busca deixar testemuño do que está a acontecer no interior de Galicia, nas montañas de Lugo e Ourense e espertar conciencias. En realidade, trátase dun ambicioso proxecto audiovisual, que na actualidade abrangue textos, reportaxes e audios de conversas con persoas do lugar e prevé tamén un documental para o que teñen en marcha unha campaña de crowfunding. 

    O fotoxornalista ourensán defende que “non hai cuestión máis relevante actualmente na Galicia para documentar” que o que está a acontecer neste rural, onde habitan persoas a desenvolver unha sorte de “loita romántica”. 

    Fotografía
  • 'Future Stories': a fotografía galega que vén

    Alba Chan, Sofía Dagá, Lucía Novais e Adrián Ramos son os catro protagonistas da segunda edición da mostra Future Stories da Fundación Marta Ortega Pérez (MOP) na Coruña. Formados nas escolas de arte e deseño galegas, foron seleccionados para seguir aprendendo en Milán da man da Fondazione Sozzani, onde tiveron acceso a profesionais destacados do mundo da moda e das artes

    Fotografía
  • ‘Boas Noites’. Dez anos desde que Jesús Madriñán retratou a mocidade nas discotecas das vilas galegas

    En 2013, un estudio fotográfico portátil propio doutro século rompeu a naturalidade do baile en locais nocturnos de Muimenta, Melide ou Vilalba. Este artista compostelán achegouse aos clubs situados fóra dos grandes núcleos urbanos de Galicia para darlle a oportunidade ás persoas novas de se representar coma elas quixesen; e de facelo incluso sen a presión da mirada do fotógrafo, que se xiraba ao pulsar o botón de disparo.

    Fotografía
  • Arancha Brandón dispáralles aos estereotipos

    Máis que chegar ao mundo da moda, foi a moda a que entrou aos poucos no seu maxín. E o seu interese foi crecendo na medida en que se decataba do seu propio corpo. Arancha Brandón asina cada proxecto cun recoñecemento: será a protagonista da sección Terra do Festival Curtocircuíto e o seu traballo foi seleccionado por PhotoVogue como novo talento para expor en Milán. «Desde que comecei a traballar en moda tiña claro que non era para formar parte dun sistema que consolide estereotipos», asegura.  E como executar esa revolucion? Disparando sen parar.

    Fotografía
  • 'Ancoradas'. As avoas da xeración Z a través da cámara

    Lucía Otero quería aportar algo á sociedade co seu proxecto final de estudos na escoa Mestre Mateo e, como o que máis lle gustaba era retratar as súas avoas, pensou en buscar máis mulleres do rural ás que fotografar. Así xorde o fotolibro 'Ancoradas', autoeditado pola propia autora ao abeiro d'A Regueifa Plataforma 2.0.

    Fotografía
  • ‘Da túa man para a miña’. Tras a cámara de Fran Rodríguez Casal

    Fran Rodríguez Casal ten unhas coordenadas gravadas, son as de Traspielas (Fornelos de Montes) onde medrou e iniciou a súa andaina coa fotografía. Marchou estudar Comunicación Audiovisual a Santiago e no segundo ano da carreira comezou tirar fotos ás súas veciñas e á paisaxe da aldea. Seis anos despois, o que comezou cunha intención moi clara de reivindicar o rural e as persoas que traballan pola súa pervivencia, pode verse na exposición Da túa mán para miña na Zona C, enCompostela, ata o 3 de xullo.

    Fotografía
  • Damián Ucieda. A historia dunha cidade cruzada por un camiño negro

    A silueta fumeante da refinería recíbenos á entrada da Coruña. Semella un espellismo, un oasis á inversa: deserto de formigón nos límites dun verxel. Para moitos dos que nos criamos nesta cidade a refinería era un cheiro intermitente, doce e desagradable, que sentiamos antes da chuvia, unha lumarada que mirabamos desde o coche cando eramos nenos e chegabamos da aldea. Pero que acontece cos que viven ao seu carón? Que acontece co oleoduto que cruza a cidade ata o porto, invisible ata que aprendemos a velo?  

    Fotografía