Marcos Blanco Gendre

Marcos Blanco Gendre

Xornalista anti postureos, non son "the voice of my generation"… nin gañas que teño.

  • Lontreira. Vivir entre dous mundos

    Está claro que, hoxe en día, o camiño aberto por Baiuca no seu momento está a achegarnos algúns dos proxectos musicais máis interesantes do que comeza a ser catalogado como folctrónica galega. A máis recente manifestación dentro destas lindes responde ao nome de Lontreira, dúo formado por Adri Coyote e Héctor Rodríguez.

    Música
  • Beautify Junkyards. De Lisboa á Inglaterra victoriana

    Dentro da gran colleita pop que está a dar Portugal nestes últimos anos, un dos proxectos máis rechamantes e persoais é o de Beautify Junkyards, autores de The Invisible World Of Beautify Junkyards (2018) e Cosmorama (2021), dous dos traballos máis relevantes do pop hipnagóxico mundial.

    Música
  • Músculo! Como bailar serio

    Levoulle moito tempo a Musculo! dar o seu novo paso discográfico. Catro longos anos nos que levan preparando a súa obra mestra, ata agora. Toda unha mostra de recursos na procura de xerar un artefacto de veas electrónicas e alma acústica á que puxeron o nome de Ulla: metáfora perfecta da viaxe á que nos arrastran en tan inspirada cadea de cancións maxestuosas e biorítmicas.

    Música
  • #OCasinoSomosTodxs. Horas decisivas para o emblemático espazo cultural de Carballo

    Tal e como comenta a xente que deu nova vida a este lugar emblemático, a especulación pon en xaque a un dos poucos edificios históricos que quedan en pé na localidade: un xuízo este martes decide o seu futuro. Non en balde, o Casino de Carballo é un dos últimos inmobles históricos que sobreviven na capital de Bergantiños. Unha vila que medrou ao abeiro do desordenado crecemento urbanístico dos anos 60 e 70, e na que o cemento está espallado polas rúas como as árbores nun monte. De novo, a especulación inmobiliaria está a piques de acabar cun símbolo. 

    Lugares
  • Manuel Seixas e a súa grande ópera exipcia

    Como sería asistir a unha proposta musical na que a poesía torrencial de 713avo Amor con flow hip hop se combinara coa bipolaridade postpunk de Public Image Limited nos anos dourados da Neue Deutsche Walle? A tan fascinante soño/desexo responde ‘O estraño karaoke do home bata’, o ambicioso dobre LP co tamén poeta suburbano Manuel Seixas loita coa depresión a través dun acto de fe sonora simplemente insondable.

    Música
  • Blanco Palamera. Celebración da intimidade

    Hai tres anos Blanco Palamera presentouse en sociedade con Promesas, unha das estreas máis estimulantes dos últimos tempos, coa que iniciaron unha das traxectorias máis prometedoras que saíu do pop galego ultimamente. Agora esta aventura continúa con Intimidade.

    Música
  • Magia Bruta. De mantras pop e outros meigallos

    Magia Bruta é o novo proxecto de Aries ou, o que é o mesmo, Isabel Fernández, que coa súa alianza coa música viguesa María Romero, leva a cabo unha arcadia pop de atmósfera astral. Un meigallo musical que dá orixe a unha das criaturas máis fascinantes do actual imaxinario indie.

    Música
  • Chicharrón. Gran exorcismo pop

    Neste 1 de marzo Chicharrón publica novo LP. Un traballo marcado pola morte da nai de Alberto Martínez Vecino, vocalista do grupo, no que o graode intensidade emocional chega a nivéis só posibles en creacións dunha índole tan persoal como a que agocha tan vibrante conxunto de cancións. O propio Alberto regálanos un diario íntimo sobre a gravación dun álbum sen igual dentro do que se entende como exorcismo pop.

    Música
  • Garza. O soño electrónico de Tarkovsky

    O 19 de abril sae á luz o primeiro LP de Garza e toca entender a relevancia deste proxecto. O seu autor, Adrián Charlín, nos explica o xenoma da súa febre artística, na que os sons progresivos da IDM xorden dunha concepción totalmente visual do enfoque. Así é como Interferencias cobra sentido, e así é como el nos explica as constantes vitáis dun traballo importante na nosa actual cosmoloxía pop.

    Música