-
IagoRaw, fotógrafo de natureza “Prefiro mostrar un paporrubio que un 'puffin' de Islandia”
O final do día é un bo momento para fotografar animais, cando o bosque cobra vida. A meirando parte dos bechos son seres crepusculares e é entón cando Iago Rois Abel –IagoRaw- se adentra na natureza. Xa ía ao monte de moi pequeno, cos seus pais, e pronto comezou a identificar especies. Di que a fotografía lle serve para capturar e recordar sentimentos. “Se, agora mesmo, aquí aparecese unha lontra en estado salvaxe, o que sentiría sería tan intenso que me deixaría renovado por un mes”.
Hai cousa dun ano que ten en marcha nas redes sociais Poemas da Natureza, onde divulga as marabillas que atopa. “Non precisamos ir á Antártida nin a Alaska para ver grandes animais e paisaxes: témolos aquí ao lado”, asegura.
-
Pablo Agrafojo, vocalista na Orquestra Capitol: “Comecei como chofer e levo 30 anos cantando"
Estudou música de cativo, da man do fundador de Los Tamara, mais pronto comezou a traballar de mecánico, logo como condutor e un pouco por casualidade xurdiu a súa relación co mundo das orquestras. “Eu comecei como chofer, sen idea de nada máis. Pero claro, parabamos en karaokes, en bares, e a min sempre me gustara cantar e animábame e… non se me daba mal. Entón, os meus compañeiros empezaron a subirme ao escenario no medio das actuacións: " Vai subir hoxe o noso chofer cantar un tema. Dádelle un aplauso!”, lembra Pablo Agrafojo.
Neste novo Vinte na rúa conversamos con Agrafojo, cantante na Orquestra Capitol, a quen vimos actuar nas festas de Francelos (Ribadavia), este pasado mes de agosto. “O verán é unha tolemia, con vinte concertos ao mes desde finais de maio. E aínda así sempre pode aparecer algún bolo sorpresa máis de ultima hora”, asegura.
-
Vinte no Asalto ao Castelo. Feirantes, en Vimianzo
“A realidade é que agora traballo moito máis do que traballaba como asalariada e gaño menos, pero son máis feliz”. Raquel Barreiro traballa co coiro e grava con láser. É unha artesá, que vai polas feiras vendendo cousas fermosas que fai ela mesma. José Del Castillo leva tres anos nos mercados. “Tiven outras aventuras de vida, pero esta chamábame hai tempo. Precisei dunha crise persoal, dunha ruptura, para dar ese paso e mudar de vida”, asegura.
Neste Vinte na rúa estival, achegámonos ao Asalto ao Castelo, en Vimianzo, e coñecemos as historias de artesás e artesáns que adoitan percorrer as feiras e gozar co recoñecemento do seu traballo feito á man.
-
Inma Mato, profesora de historia e surfeira: "Collín unha onda no meu primeiro día na auga e foi unha explosión de endorfinas, un subidón"
"As nais non surfean", foi o primeiro que lle dixeron os seus fillos cando decidiu compartir con eles os seus desexos de se divertir canda eles e deixar de ser unha espectadora das súas clases de surf. E abofé que o fixo. Inma Mato é profesora de historia e fai surf sempre que pode, para asombro dalgúns. "Que é iso de que a profe de historia fai surf?", din no instituto. A primeira vez que colleu unha onda foi inesquecible. "Lembro coller impulso, poñerme de pé e virme esa sensación… ese subidón…iso que é como unha explosión de endorfinas. Non aguantei nada enriba, pero o mal xa estaba feito: collera unha onda no meu primeiro día na auga, e xa estaba enganchada", asegura. O único que lamenta é non ter comezado antes.
-
Vinte na rúa, con Daniel Bolívar, 'manitas' e escritor «Xa vou tendo tantos libros publicados como unha editorial pequena»
«Son oficial retirado da mariña venezolana. Cando estás en alta mar, a ferraxaría queda lonxe e as cousas estropéanse igual, así que tes que apañarte co que hai a bordo e aprender a reparar o que sexa. Ésa foi a miña escola de manitas… e de moitas outras cousas». Neste novo Vinte na rúa coñecemos a historia de Daniel, que traballa arranxando cousas pola Coruña ao tempo que escribe exitosas novelas e ensaios históricos. Dúas facetas dunha vida que ben merecería un libro de seu.
-
Vinte en Xinzo. De Entroido, mentres o corpo aguante
Un ano enteiro a pensar no Entroido. Hai lugares e lugares especiais. E Xinzo é destes últimos, onde a festa do Entroido é todo. A celebración máis importante do ano para propios e achegados, que sempre recuncan na busca de troula e moitos risos...mentres o corpo aguante.
En Vinte somos moi de festas e non nos puidemos resistir a vivir in situ o Entroido de Xinzo. No Vinte na rúa máis entroideiro falamos con María Jesús, Roberto, Alicia, Chus, Merce, Manuel e Lucas e algúns máis para coñecer e valorar unha tradición con moito futuro.
-
Vinte na rúa, con Arcadio González. «Aprendo moito da rapazada, dun xeito especial, case sen decatarme»
«O máis importante que pode ofrecer un traballador do ensino público á sociedade é axudar a dotar aos rapaces de recursos e de oportunidades. Tentar que o que lles suceda durante o tempo que compartan contigo sexa significativo para as súas vidas, que adquiran destrezas e ilusións». Comezamos unha nova xeira do Vinte na rúa neste 2025 achegándonos a Arcadio González Nóvoa, profesor de Filosofía, músico e veciño da Coruña.
-
Vinte na rúa, con Lucía Casal «Levantarme ás oito da mañá e dicir: 'Vou onde as vacas' é unha cousa xenial»
«Levantarme ás 8 da mañá e dicir: ‘Vou onde as vacas’, é unha cousa xenial, algo que non me custa, xa que sei que que cada día vai pasar algo novo, que vai haber unha nova aventura». Lucía Casal ten 21 anos e un orgullo inmenso do que fai. É gandeira e cada mañá, ao se erguer, sente liberdade e moita sorte. O último Vinte na rúa deste ano foi a Melide para falar con esta moza emprendedora que vén de chegar aos 20.000 seguidores en Instagram e Tik Tok con contidos do seu día a día na explotación gandeira.
-
Vinte na rúa, con Éric Dopazo. «Sabes o refrán de: ‘Onde vaian cen vai ti tamén’? Pois non o entendo. Se xa hai cen, para que vou ir eu tamén?»
«Non é cuestión de querer ser alternativo, o tema é que ao mellor non existe só un camiño». A Éric Dopazo bastoulle un ano de carreira en Compostela para botar en falta a súa terra natal, preto de Ourense, e optar polo tren para continuar os seus estudos. Dopazo protagoniza esta nova entrega de Vinte na rúa, onde defende o amor propio, a identidade e a liberdade para crear en galego sen que iso supoña unha epopea. «Sinto que non marchar desta terra é un acto de resistencia necesario, pero tamén merecemos vivir sen estar constantemente temendo a extinción», defende o cantante e compositor do grupo Piratas sen parche.
-
Vinte na rúa, con Marta González. «O que máis me gusta do que fago é coñecer xente de todas partes do mundo, de todo tipo e condición»
«Estou facendo fotos e vídeos e o que está ao meu redor, en certo modo, deixa de existir e pasa a estar só dentro da cámara. Iso axúdame, por exemplo, a ser capaz de estar nun sitio con tanta xente coma este e a sobrelevar a situación con tranquilidade. A que non me dea vergoña estar polo medio molestando coa cámara. É algo case terapéutico». Vinte na rúa achégase a Marta González, deseñadora, fotógrafa, creadora audiovisual e o que se propoña. González considérase moi «kamikaze» e cada vez menos preocupada polo futuro. «Prefiro facer e vivir», defende.
-
VINTE na rúa, con Olalla Fabeiro e Rubén Pereira. «O rallye é un deporte xenial. Todo o mundo che bota unha man»
«Para min pasar a fin de semana correndo, rodeada de xente á que lle gusta o mesmo ca a min e facendo o que me gusta, paréceme marabilloso». Olalla Fabeiro é corredora de rallyes. Unha afección que lle vén de familia e goza de cada carreira co seu Peugeot 106, onde traballou arreo xunto ao seu mozo, Rubén Pereira, para estaren á altura na competición.
Fabeiro defende que cada vez hai máis mozas que non teñen medo a correr e que os estereotipos están a cambiar, aínda que queden «cabezas cadradas ás que lles custa comprender que os deportes non son nin femininos nin masculinos».
-
Planetaristas. «A xente non é consciente do que está a perder por non mirar o ceo»
Nin é vídeo nin cine: é o ceo de fóra metido alí dentro, nunha cúpula.Sentas e pensas que estás no chan no medio da nada vendo as estrelas de verdade, que realmente o son. Os planetaristas da Coruña falan dun traballo moi especial, que acada exclamacións de asombro, emoción, sempre aplausos e bágoas por veces cando amosan e explican a inmensidade estelar coa axuda do seu querido proxector analóxico Zeiss. No planetario pódese viaxar no espazo e no tempo. É un lugar case máxico.
Vinte na rúa fai parada no ceo para falar con Miguel López Caeiro, José Luis Soto Bernárdez, José Antonio Pérez Quintas, Irene Baspino Fernández e Inés Carvallo Cavero, planetaristas.