Velaquí están os destaques de 2025. Este ano quixemos poñerlle face ás 20 persoas que colaboran coas súas listas, ás que agradecemos o tempo que dedican a esta tarefa final do ano.
As premisas non cambiaron: crear un artigo especial onde revisar o máis destacado do ano que remata. Non queriamos facer a típica lista de libros ou música, senón algo máis aberto polo que convocamos a 20 amigues de VINTE a elixir os vinte acontecementos culturais máis importantes do ano. Entendendo a cultura de maneira ampla: libros, discos, cancións, concertos, exposicións, obras de teatro, estreas de cinema, aniversarios, cousas de internet, mesmo acontecementos sociais e políticos que dalgún xeito estean a cambiar a tamén a cultura do tempo que vivimos.
Cada amiga ten dúas listas, en realidade: unha con dez cousas relacionadas con Galicia e outra con outras dez que non teñen relación especial con Galicia, aínda que houbo quen puxo máis ou menos cousas, que tampouco pasa nada.
E quen protagoniza estas listas? Pois o filme Sirât estaría á cabeza, xunto coa vaga de lumes do verán, o ano das cantareiras e de Castelao, a solidariedade galega con Palestina e o apagamento de abril. A saída de Eurovisión por parte de RTVE, os 40 anos da TVG, a intelixencia artificial, o problema da vivenda, o cambio de Papa ou o novo disco de Rosalía tamén son fitos recorrentes nas listas que podedes ver a continuación. Nesta ocasión tamén lles pedimos que elixisen un destaque principal de cada lista, algo que non resulta nada sinxelo.
Temos que agradecer a colaboración neste artigo das xornalistas culturais, entre cousas: Andrea Villa, Sandra Carnota, Sonia Díaz e Carme D. Prol; a escritora Llerena Perozo Porteiro, Camilo Franco (director do Culturgal), Alexandra Lores (editora de moda en Vogue), Carlos Vieito (axitador cultural), Sabela Eiriz (fotógrafa), Lidia Veiga (actriz), Jorge Guitián (xornalista gastronómico), Iago Gordillo (director de Recuncho Gamer), Leti da Taberna (creadora de contido), Javi Quiroga (fotoxornalista), Iván Iglesias (director de OU ké!), Cibrán Tenreiro (músico e docente), Silvia Fuentes (produtora en Sétima), Ana G. Liste (xornalista en Praza.gal e VINTE), David Lombao (director de Praza.gal) e Vanesa Vázquez (xornalista en VINTE e Praza.gal).
Alexandra Lores
Relacionado con Galiza
- O fenómeno cultural e de ventas de Lucía Solla Sobral, coa súa primeira novela, Comerás flores.
- O meu amigo Rubén Domínguez saca disco, Memoria Nova, o seu segundo álbum baixo o nome de Pantis. Letras e melodías que amo, que amamos.
- O fenómeno de Sirate as moitas e distintas emocións coas que nos agarimou durante semanas o seu director, Óliver Laxe.
- A mostra de Maruja Mallo no Museo Reina Sofía de Madrid, que aínda se pode ver ata o 16 de marzo de 2026.
- A tortilla de patacas estilo Betanzos de La Falda (unha das mellores casas de xantar en Madrid, rexentada por unha madrileña e un compostelán), con ovos de galiña de Mos, gaña o primeiro premio no XVIII Campeonato de España de Tortilla de Patatas.
- Pasar o 8M coas amigas na Coruña vendo a Mujeres no Playa Clube.
- Filmei paxaros voando, de Zeltia Outeiriño, gaña o premio ao Mellor documental nos Mestre Mateo 2025 (e xa se pode ver en Filmin).
- Pasar as tardes e algunhas noites do verán no chiringuito O quinto pino, na illa de A Toxa, o mellor recuncho no que beber Mojitos mentres pinchan techno ao teu carón.
- A publicación deBruxas e dragóns: Baba Iaga, un libro xogo para nenos (e adultas) de Ledicia Costas e Luismi Pérez, ilustrado por Bea Gregores.
- As múltiples e concorridas manifestacións en toda Galiza pedindo a fin do xenocidio en Gaza.
1-O fenómeno de Sirât e as moitas e distintas emocións coas que nos agarimou durante semanas o seu director, Óliver Laxe.
2-A publicación de LUX e todo o que trouxo á miña vida
Alén de Galiza
- A publicación de LUX e todo o que trouxo á miña vida.
- Mercar (e levar) bailarinas día e noite, verán e inverno.
- A publicación de Todo empieza con la sangre, da miña amiga Aixa de la Cruz.
- Ver a Guitarricadelafuente coa miña bestie Marta.
- A separación de Los Javis.
- Ir moito ao teatro, e ver obras como Personas, lugares y cosas, adaptada por Pablo Messiez; ou Del fandom al troleo. Una sátira del bla bla bla, de Berta Prieto <3
- Unha tendencia: as rapazas levando capuchas de lá.
- Coñecer e visitar o restaurante NATO, en Usera.
- Comezar o ano sen redes sociais e lendo sen parar.
- Ver Sentimental Value, de Joachim Trier, no cine.
Ana G. Liste
Relacionado con Galicia
- Memoria nova, o novo disco de Pantis, porque escoitalo é como flotar no mar. E Grande Amore, porque podería estar na miña lista cada ano, polo disco III e porque quen non vai querer que dean unha perna por estar con ela.
- Ser parte do equipo de entrevistadoras do libro As mulleres no xornalismo galego: A crónica revelada, ao coidado de Eliana Martíns desde o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
- Delincuente, de Nuria Vil. O Vigo que queremos lembrar.
- O paseo dende o porto de Ribadeo ata Illa Pancha.
- A proximidade que sentimos de Castelao e Virxinia no filme Antes de nós, dirixido por Ánxeles Huerta, con Xoán Fórneas e Cris Iglesias.
- As Letras das cantareiras e pandeireteiras. As mulleres que nos legaron a nosa tradición.
- Sirât, de Oliver Laxe, e o shock da primeira vez.
- A versión de Triángulo de Amor Bizarro da canción de New Order da que colleron o seu nome, para celebrar os vinte anos do grupo.
- A falsa autónoma (Xerais), de Yolanda Castaño, e todos os debates que propician estes poemas.
- A mobilización das mulleres embarazadas de Ourense reclamando parir con dignidade no Sergas.
1-Sirât, de Oliver Laxe, e o shock da primeira vez.
2-Máscara y compás. A exposición de Maruja Mallo no MNCARS. Visita obrigada
Non relacionado con Galicia (ou si)
- El accidente (Libros del Asteroide), de Blanca Lacasa, por todo.
- El entusiasmo, a obra de Pablo Remón que nos pon diante dos grises.
- O 250 aniversario do nacemento de Jane Austen, que soubo construír historias que aínda nos serven de refuxio.
- A tendencia crecente a vincular a paz mental con deixar o teléfono na casa e saír camiñar (ou son só eu?).
- Máscara y compás. A exposición de Maruja Mallo no MNCARS. Visita obrigada.
- Entrar no universo do Orlando de Virginia Woolf, baixo a dirección de Marta Pazos no teatro.
- Irene Escolar na obra Personas, lugares y cosas, de Duncan Macmillan.
- Si abro los ojos no es real, o disco de Amaia.
- A festa do outono de Serralves, no Porto.
- A serie Su Majestad, de Borja Cobeaga e Diego San José, con Anna Castillo. Un retrato dos xuíces do TS, sen contar o xuízo ao fiscal xeral do Estado (porque a realidade segue superando a ficción).
Andrea Villa
Galicia
- Incontestable: fenómeno Sirat, que fixese historia na shortlist dos Oscar, e toda a (divertidísima) conversa que xera arredor.
- Os lumes. ❤️🩹, Cualificados por Greenpeace como “os máis devastadores deste século”. Como ourensana, lembro o 2020, pero nunca me relatara ata este verán ningunha amiga como vía que o lume se achegaba á súa casa sen ter nada que facer. O que non cambia? A falta de prevención.
- A despedida de A Panadaría. Dixeron adeus nos escenarios, pero deixan unha pegada enorme teatro galego baixo un prisma feminista.
- A panxoliña de Nadal de Brassica Rapa, Antía Muíño e Mondra nunha Cuarto Pexigo Session.Que nunca se deixe de poñer o foco sobre o xenocidio que está a acontecer en Palestina.
- Poder dedicarlle aos meus ex un Premio da Crítica.
- Non conseguir entradas nin para Oasis nin para Bad Bunny. Conseguilas para Santiago Motorizado e para Aeronave Adolescente.
- Gala i Ovidio en directo. Quero que o futuro soe así.
- Poder acompañar películas galegas e en galego no seu paso por festivais ou (preparar a) chegada a salas: Antes de nós (Ángeles Huerta), San Simón (Miguel Delgado), As liñas descontinuas (Anxos Fazáns) ou Así chegou a noite (Ángel Santos).
- Superpiñeiro. Fin dunha era na televisión galega.
- Óscar Corral recibindo o Ortega y Gasset de Fotografía 2025 e a súa reivindicación da importancia do fotoxornalismo.
Galician bonus track: sobrevivín un ano máis sen sacar o carné de conducir.
1-Os lumes, cualificados por Greenpeace como “os máis devastadores deste século”.
2-España bórrase de Eurovisión. Mirar cara outro lado non é opción.
Estatal e internacional
- El accidente, de Blanca Lacasa, e poder presentar xunto a ela o libro en Numax. Quen non o leu, que se vaia poñendo. 🙌
- Deixounos Fran Gayo con toda a dor do meu corazón. E tamén despedimos nun ano complexo e tan curto como interminable a Diane Keaton, Jane Goodal, Claudia Cardinale, Robert Redford, Verónica Echegui, Encarnita Polo, Ozzy Osbourne, Manuel Torreiglesias, Paquita la del Barrio ou Manolo el del bombo. Guau.
- Darnos de conta de que Rocío Jurado era feminista e Rosalía non. As voltas que dá o discurso.
- Valor sentimental e Renate Reinsve. Con esta nova película, Trier volve tocar a tecla da emocións. Frozen para adultos.
- Todas as bandas que rexeitaron actuar nalgún festival financiado polo fondo KKR e se posiconaron publicamente.
- A volta de OT. Ver fascinada como unha xeración enteira xa non sabe quen é Björk (regu). A diversión de Amaia e Aitana xuntándose de novo (súper).
- España bórrase de Eurovisión. Mirar cara outro lado non é opción.
- Descubrir o que foi a comunidade Arco Iris grazas a Irati Gorostidi Agirretxe.
- Reflexionar sobre que ás veces non compartimos tempo e vivencias e só quedamos coas amigas para contar o que nos pasou. Unha verdade incómoda para parar e pensar.
- Zohran Mamdani como alcalde de Nova York.
International bonus track: a ruptura de Los Javis.
Camilo Franco
Arredor de Galicia
- Como vai desaparecendo da sociedade a idea do colectivo
- Love me tender. Ana Romaní. Chan da Pólvora editora.
- Un país invisible. Arturo Lezcano. Libros del K.0.
- O regreso de Magín Blanco á música para adultos (se é que algunha vez marchou)
- Premio nacional de Circo a Pistacatro
- Un baile ceibe. De Fran Sieira e Sergio R. Suárez
- Seica na Coruña. Xesús Carballido. Exposición no Kiosco Alfonso.
- O desvarío dalgunhas opinións en Galicia sobre Putin
- 28 de abril de 2025
- Todos os Incendios.
1-Como vai desaparecendo da sociedade a idea do colectivo
2-Donald Trump, como o amigo americano deixou de selo
Arredor do Mundo
- Non hai que explicar porque incluir Anthology 4 (así, sen citar o grupo)
- Sirat nos Óscar (debería provocar menos unanimidade)
- Donald Trump, como o amigo americano deixou de selo
- Por que á prensa pareceulle máis significativa a morte de Robe Iniesta que a de Jorge Ilegal
- Venezuela e a idea inocente de que en todas as disputas hai cando menos un bo
- Que Javier Cercas siga asegurando que é ateo
- A concentración progresiva nas plataformas audiovisuais
- Que se paguen 400 euros pola entrada dun concerto e se reclame ao tempo que as actividades culturais deben ser de balde
- Palestina
- Todos os incendios do mundo
Cibrán Tenreiro
De aquí
- Anarquía de montaña, de Lamprea Explosiva, que saíu en maio en cassette e que se pode escoitar agora no bandcamp de Caracol Negro ou o YouTube de pepeelgras, unha desas contas de arquivo que fan de internet un lugar mellor.
- Poder volver ao Liceo Mutante descubrindo un novo local (e facelo vendo a Signora Anido e a Pantis, que sacou o meu disco favorito do ano, Memoria nova, e case esquezo poñelo).
- 10 anos de Numax. Non son imparcial porque me convidaron a tocar no aniversario (que bueno, tampouco vai ser imparcial unha lista como esta) pero faime moi feliz poder ter a man un proxecto como este no día a día.
- A despedida de A Cuarta Parede, que serviu durante anos de centro para o pensamento sobre o cine en Galicia.
- A análise e recollida en Galician Beats da escena da música electrónica en Galicia.
- A exposición Ollos de vidro. As formas doutra historia de Galicia.
- Alvela, de Faia e a súa presentación en directo no Teatro Principal de Santiago.
- Outro regreso: No salgas más de Fantasmage.
- A este chego tarde, pero o meu fenómeno particular no audio deste ano é escoitarSexo en Nueva York podcast.Contra todo pronóstico é máis ben un podcast sobre Pontevedra.
- O fenómeno Sirât. É estrañísima (e, cun pouco de distancia, moi divertida) a cantidade de discusións encarnizadas arredor da peli de Óliver Laxe e moi importante a cantidade de xente que foi vela.
1-Poder volver ao Liceo Mutante descubrindo un novo local (e facelo vendo a Signora Anido e a Pantis, que sacou o meu disco favorito do ano, Memoria nova, e case esquezo poñelo)
2-O regueiro de artistas e persoas (de Deerhoof a Mercedes Peón) saíndo de Spotify polas miserias desa empresa e o seu CEO
De fóra
- Aínda que pareza que pasou unha eternidade desde o día de Reis, o regalo deste ano foi Debí tirar más fotos, que ten moito do que se lle pode pedir a un disco (é tan emocionante como divertido), é politicamente valente (cousa que non soe pasar no mainstream) e ademais é, nun tempo de intereses de nicho, un acontecemento bastante universal.
- Outro acontecemento universal: a morte do Papa Francisco (e, en menor medida, o interese polo lore dos cónclaves).
- O peso cada vez maior na cultura do misticismo e a relixión. Dentro diso gustoume moito ver e discutir Los domingos, non tanto LUX.
- A última carta de gárgola digital, a newsletter de Ainhoa Marzol que (como apuntei o ano pasado) para min funcionaba como unha porta de entrada ao que queda en Internet do tempo de cando Internet era máis imaxinativo e sorprendente (e máis inocente e menos orientado aos cartos).
- O regueiro de artistas e persoas (de Deerhoof a Mercedes Peón) saíndo de Spotify polas miserias desa empresa e o seu CEO (investimento na industria bélica, fomento da escoita pasiva, precarización da xente que fai música).
- No anterior creo que tivo bastante importancia o traballo de xente que escribe sobre música e cultura con perspectiva crítica, entre a que destacaría a Liz Pelly, Damon Krukowski ou, en España, Frankie Pizá.
- Tres lecturas arredor das diferenzas de clase, particularmente as que implican ás clases ociosas (pijos, nobles, etc): Un adiós de Bárbara Arena, Quiero y no puedo de Raquel Peláez e La distinción de Tiphaine Rivière.
- Un regreso: More de Pulp.
- As presións, ameazas, censura e ataques ao traballo da prensa e os medios por parte de gobernos (isto fóra e dentro, desde Colbert e Kimmel ao tratamento a xornalistas no xuízo ao fiscal xeral ou os venres negros que continúan).
- O boletín de Nick Cave (The Red Right Hand), tamén emocionante e divertido (véxase esta entrega sobre a confusión entre Nicolas Cage e Cave).
Carlos Vieito
Relacionados con Galicia
- O coñecemento gardado polas cantareiras fai florecer o tradi galego este 2025
- As rúas do país énchense en protesta contra o xenocidio e a barbarie cometida por Israel en Gaza.
- O apagón saca a nosa mellor cara ante tal apuro.
- O Píxel á feira arrasa no Pazo de Congresos de Compostela
- Un Ano Castelao que pasou sen pena nin gloria.
- Boom! Aumento da producción e dos contidos dobrados a lingua galega.
- Galiza arde cos peores lumes da nosa historia.
- A crise habitacional é a principal preocupación da xente moza e non tan moza.
- A obra de teatro Iribarne faise cos escenarios dentro e fóra do país.
- A sociedade galega di novamente Altri Non en numerosas manifestacións.
1-As rúas do país énchense en protesta contra o xenocidio e a barbarie cometida por Israel en Gaza
2-A plataforma Bluesky, a alternativa molona a X, está en galego
Non relacionado con Galicia (ou si)
- A plataforma Bluesky, a alternativa molona a X, está en galego.
- Donald Trump again! Guerra comercial, ameazas bélicas e o caso Jeffrey Epstein.
- O Vaticano ruxe con León XIV e di adeus ao pontífice xesuíta que lle dixo non ao Opus Dei.
- Uruguai e o mundo despide a Pepe Mujica.
- A franquicia de Super Mario suma catro décadas e entra na crise dos 40.
- Protestas organizadas a través de Discord, derrocan ao goberno corrupto de Nepal.
- A dereita extrema medra en Europa e América Latina.
- Comezamos a ver os efectos do cambio climático cos furacáns e as altas temperaturas.
- A Unión Europea réndese á crise dos aranceis e pagaremos como nunca polo aceiro e polos chips.
- É un paxaro? É un avión? É o cometa 3I/Atlas alimentando teorías da conspiración.
Carme D. Prol
Dez cousas relacionadas con Galicia
- O fenómeno de Sirât e falar sobre Sirât, sobre Oliver Laxe e sobre as súas entrevistas. Unha diversión.
- Galicia ardeu, outra vez. Lembreime moito estes días deste traballo de Fran Rodríguez Casal e creo que así se sentiu a cultura este ano: un ano no que Gaza seguiu a ser masacrada, a ultradereita gaña terreo por todos os lados e atopar un teito onde vivir é cada día máis complicado. Recoller de entre as cinzas algo un pouco roto, un pouco sucio, e atopar nel a beleza, sen esquecer o contexto no que se fai.
- As estatuas do Mestre Mateo xa son nosas.
- E, falando de artistas, encantoume a edición de ABC Seoane. Está dirixida a crianzas, creo, pero é unha pequena xoia para calquera estantería.
- Os Premios Nacionais seguen con nomes galegos: este ano alégrome polo Premio Nacional de Circo, que foi para Pistacatro.
- De Ninghures montou unha Feira e lembrounos durante todo o ano que hai que bailar.
- A sensibilidade de Salvaxe, salvaxe, o documental de Emilio Fonseca que nos fai amigas dos lobos.
- O Carballo Interplay e unha programación que puxo no centro todo o importante e todo o que nos interesa. Aquí tedes unha das conversas máis recomendables.
- Os bombóns de queixo de As Garzas.
- Nico rematou o seu libro
1-O fenómeno de Sirât e falar sobre Sirât, sobre Oliver Laxe e sobre as súas entrevistas. Unha diversión
2-Foi o gran ano do «—», a marca de auga de ChatGPT que nunca tanto se usou. Atopalo por textos que andan por aí é unha especie de Buscando a Wally deste século
Dez cousas non relacionadas con Galicia
- Foi o gran ano do «—», a marca de auga de ChatGPT que nunca tanto se usou. Atopalo por textos que andan por aí é unha especie de Buscando a Wally deste século. Se queredes unha reflexión máis profunda, podedes ler isto.
- A conversa sobre Rosalía: máis sobre o paquete de Lux ca sobre Lux. Tanto se falou que en 24 horas se esgotou o tema. En 2026 só pido que non analicemos tanto.
- Pola miña banda, obsesioneime con The Passionate Ones, de Nourished by Time, Essex Honey, de Blood Orange, e 13 Months of Sunshine, de Aminé. Este foi o mood.
- Estreáronse series que me fixeron espertar e lembrar por que nos gustan as historias: Pluribus e The Pitt, cuns personaxes tremendamente ben escritos. E fíxome moita graza The Studio. Lena Dunham tamén volveu ao mundo das series con Too Much.
- Morreu xente que nunca morrera: un papa -bueno, o papa-, Diane Keaton, Robert Redford... As grandes estrelas apáganse e as persoas famosas xa non son o que eran.
- Eurovisión segue a ser un campo de batalla cultural e celebramos que así sexa, igual que celebramos non facer parte del.
- As chicas de internet quedamos orfas. Rematou Gárgola Digital, unha newsletter de referencia, cun fin que mostra que as redes xa non son o que eran. E que este ano aprendemos a coser, calcetar, bailar e fixémonos runners, tamén para escapar das redes: ese espazo que antes era refuxio.
- E, falando de redes, por un momento pareceu que Substack ía resolver todo -unha rede amable, textos longos e curados, contido de nicho...-. Se 2025 foi o auxe, pronostico a caída en 2026. Hai uns días atopei un post en LinkedIn que dicía algo do estilo: «Substack é onde as marcas teñen que estar agora». Sinal de que, adeus.
- Uninme ao club de fans de Valor sentimental e de The Brutalist. E tamén de The Sinners.
- A trama de Karla Sofía Gascón: «Me siento como en La sociedad de la nieve».
David Lombao
Galicia
- O meu fillo xa fala moitísimo
- O ano que volvemos arder
- As Letras Galegas das cantareiras, homenaxe á historia e (para min, sobre todo), evidencia de que a tradición está viva, é agora.
- A exposición Wonderland de Annie Leibovitz na Fundación MOP da Coruña
- As leccións case diarias do Celta sobre hexemonía e levar o idioma e a creación cultural galega ao mainstream sen complexos.
- 40 anos de medios públicos: mestura de saudade (en parte real, en parte dunha utopía) e crúa realidade
- 20 anos do Goberno de coalición PSdeG-BNG
- A pugna PP-BNG polo relato político galego en internet
- Camareiro, hai un Nonseique-Fest na miña sopa!
- A internacional reaccionaria está entre nós (e cada vez ten menos complexos)
1-O meu fillo xa fala moitísimo
2-Vivenda, vivenda, vivenda
Non (só) Galicia
- Vivenda, vivenda, vivenda
- Internet está rota e non sabemos se ten amaño -intuímos que non- (da IA xenerativa ao tecnofeudalismo)
- O antigo Twitter non morre de todo. A migración cara á Bluesky ás veces arrecende a exilio
- A rapazada consume información (pero en Instagram e TikTok)
- As reaccións ao xenocidio en Gaza, esperanza fronte á indiferenza
- Outro papa
- O modelado e remodelado do personaxe de Feijóo
- O Goberno dos EUA vai por Europa e xa non se tapa
- RTVE marchando de Eurovisión
- O contido presuntamente nostálxico en redes, o pop da internacional reaccionaria
Iago Gordillo
Relacionado con Galicia
- Altri NON. Leva uns anos a mobilización social, pero semella que este ano puido ser o punto de inflexión.
- O fondo KKR e os festivais de musica galegos. Con casos como a cancelación de Residente da súa participación no Morriña Fest.
- O Vagón, de Nós Televisión: Xa non só polos convidados, é que Luís Pardo é unha delicia de entrevistador. Hai bo podcast en galego.
- A frase/meme galega do ano vai para Richard Gere: "I am from Galicia", tras comentarlle a prensa "Te queremos como español". Cada quen, que entenda como queira.
- O avance do galego en redes como Instagram ou Tiktok... cada vez aparece máis xente expresándose nestas redes en galego, con titanas como Prado Rúa e Konachadas na miña cabeza de referentes, pero...
- O Twitch en galego, en caída. Cinco anos despois da pandemia, o galego nesta rede quedou relegado a unha quincena de canles de nicho que aguantan con público pero parece que a plataforma perdeu forza para agregar máis e diversas voces.
- O mellor xogo do ano, ten sabor galego: Claire Obscure: Expedition 33 arrasou nos pasados Game Awards e conta coa participación galega de Alba Calvo e Ramón Méndez na súa localización. Honra.
- Descúbrense xogos en galego anteriores aos coñecidos: O Museo do Videoxogo anunciou a aparición de novos videoxogos en galego nos anos 89 e 90, unha década anteriores ao primeiro coñecido ata agora. Investigación que chegará con máis información no 2026.
- Os eventos culturais e a xente da cultura. En especial para min citas que siguen en boa forma e que tamén tocan o videoxogo como o Culturgal e o Lérez Up, ás que se suman a estrea este ano do Atlantic Games Conference e o Píxel á Feira.
- Xogalego, o catálogo de videoxogos en galego: Pecho mirando para o propio, pero este ano deunos para investigar e dar a luz este proxecto que irá medrando nos vindeiros meses e nos que xa temos indexados máis de 200 videoxogos en galego.
1-Altri NON. Leva uns anos a mobilización social, pero semella que este ano puido ser o punto de inflexión.
2-IA Xenerativa: IA si ou si, parece ser a grande aposta billonaria das empresas tecnolóxicas que queren meternos isto sexa como sexa
Non relacionado con Galicia
- IA Xenerativa: IA si ou si, parece ser a grande aposta billonaria das empresas tecnolóxicas que queren meternos isto sexa como sexa. Polo camiño aprópianse das creacións de milleiros de artistas, teñen unha pegada ecolóxica insoportable e están provocando despidos en moitas áreas para ter uns resultados, no artístico, bastante pobres. Oxalá máis voces claras como Guillermo del Toro neste aspecto.
- Os totalitarismos son "trendy": Cada vez quedan menos recunchos no planeta nos que non gañe peso a extrema dereita, apoiada nos tecno-señores feudais, cos seus algoritmos e manipulación.
- Neste contexto, Weapons, é un dos filmes do ano, sobre todo lido como analoxía en clave política e control en redes sociais. Pégadelle outro visionado e xa me diredes.
- O fútbol e o internet: Os bloqueos de webs executados por LaLiga, avalados xudicialmente para combatir a piratería que están afectando a miles de webs e empresas durante as emisións de partidos de fútbol. De momento sen solución política a nivel estatal pese a intervencións ao respecto de BNG ou ERC
- Lady Gaga sacou disco, "Mahyem", e xa só por iso o ano é un pouco mellor. E volveu en boa forma, con temazos como "Zombieboy" ou "Shadow of a man".
- Chegou Silksong. Un dos videoxogos máis agardados en moito tempo, feito por un equipo pequeno e con tempo, fuxindo das engranaxes desproporcionadas dos grandes estudios. Si, é un pouco dificil ás veces, pero que bonito á vez.
- Poquita fé. Coa segunda temporada confírmase como unha das comedias con maior personalidade dos últimos anos. O reparto está espectacular, incluídos eses cameos de personaxes que duran 5 segundos.
- Los años nuevos. Outra serie con personalidade. Visión privilexiada da ida e volta dunha parella na que, recoñezámolo, non nos cae moi ben ningún dos dous, e aínda así nos identificamos, co cal xa ten moito mérito Sorogoyen, que se permite un último capítulo en plano secuencia longuísimo.
- Quieto todo el mundo e Sastre y Maldonado. Meus podcasts de cabecera deste ano, a pesar de Miguel.
- Eurovisi-off. Unha historia que aínda continuará e será contada no 2026, que ten que servir para que o foco siga no insoportable do que está sucedendo en Gaza.
Iván Iglesias
Dez cousas relacionadas con Galicia
- Faleceu Xosé Manuel Piñeiro. Meu pai, batería, lembroume como o acompañou na súa xira coa Orquestra Ledicia. Cando enchía as prazas facendo versións e cantando cancións propias. Semellante figura televisiva non sei se se voltará crear neste país.
- Feira, de De Ninghures, descúbrenos a inicio de ano unha presa de cancións que nos transmiten un bo rollo brutal e un proxecto xenuínamente coral da man de xente realmente talentosa. Caralludo o disco, vamos.
- Iribarne, o espectáculo teatral que nos lembra a vida de Fraga, arrasou levando 9 María Casares nunha reivindicativa gala dirixida por Fernando Dacosta. Se aínda non o viches penso que terás unha última oportunidade nos primeiros meses do 2026, eu non a perdería.
- Gonzalo Jácome demostrou a seguridade do baño nas termas do muíño acompañado dunha silente Noa Rouco. Viralizouse, criticárono por tódolos medios e volveu gañar o relato en redes sociais. A errática xestión das novas liñas de bus foi a súa debilidade este ano. Pero, se hoxe os ourensáns votasen, a cousa non cambiaba.
- Os medios públicos, os de todos e todas, fixeron 40 anos. Un aniversario marcado pola mudanza do nome da corporación (Antes CRTVG e agora CSAG) e a escolla dunha nova directora xeral. Seica a crise dos 40 é dura, pero din que hai vida máis alá.
- Máis dun 10% da provincia de Ourense quedou reducida a cinza tralos lumes. Foron tres semanas que pareceron un verán enteiro. O operativo de emerxencias asumiu a catástrofe e resignouse a que arderan as menos poboacións posibles. Os traballadores que integraban ese equipo afincado na delegación de Medio Rural en Ourense confesaban a dificultade de abranguer eses incendios. E, tratando de ser comprensivos, a pregunta é: O ano que vén, responderemos mellor?
- Ferido, do Xoán (Fórneas), é un auténtico temón. Quero máis pop, purísimo pop, en galego, por favor e moitísimas grazas.
- O ano Castelao non sei se lle fixo xustiza á figura. Si que nos trouxo o filme "Antes de Nós" no que se advirte moito mimo e a ambición de relatar o contexto de Alfonso Daniel e, por sorte tamén, de Virxinia na súa cara máis persoal. E valeu xa de gabar a Fórneas.
- O Mes da Ourensanía de Pradorua lémbranos que Ourense, especialmente no mes de Santos, ten unha identidade particular dentro de Galicia que moita xente aínda descobre hoxe grazas a iniciativas coma esta. O termo da Ourensanía foi marca do caciquismo moderno pero, por que ten que seguir séndoo?
- O noso medio OU ké! (@ouke_gal en redes) volveu arrincar e segue medrando despois de meses de pouca actividade. En Ourense, se non somos nós, terá que ser alguén. Que xa van sendo horas. (Un pouco de publi? Si, por?)
1-Faleceu Xosé Manuel Piñeiro. Semellante figura televisiva non sei se se voltará crear neste país.
2-O 2025 remata e inicia o seguinte co desenlace dunha serie que para moitos marcou unha década. Unha década da presencia das plataformas de streaming na nosa vida, coas súas luces e sombras, 'Stranger Things'
Dez cousas non relacionadas con Galicia (ou si)
- Trump converteuse no 47 presidente dos EUA. Non hai un ano da toma de pose. Respiramos fondo e a seguir.
- A morte do Papa Francisco e o seu relevo case foi un reflexo da vaga reaccionaria que percorre o mundo. E aínda menos mal...
- O apagón ensinounos que hai que marchar ao rural e coller, con tempo, un grupo electróxeno, conservas das boas e internet por satélite. Cando haxa unha alternativa mellor ca a do Elon Musk avisádeme, por favor volo pido...
- O xenocidio en Gaza serviu de bandeira a un socialismo en apuros pola presunta corrupción no partido. Benvida sexa esa bandeira en todo caso. O peor? Asinouse un alto o fogo que Israel viola tódolos días e serviu de desculpa para mirar cara outro lado. Non hai solución digna á vista.
- Rosalía sacou LUX. E admirámola, e cuestionámola e (penso que o mellor e o máis xusto) desidealizámola. Reliquia e Memória.
- A serie Animal foi un exitazo con selo galego en Netflix. Para algúns é unha burla ao acento e ao rural galegos. Podo mercar unha parte desas críticas. Pero, para min, debía ter sido unha comedia en galego cunha forte aposta da TVG. Con todo, un produtazo e un Zahera para escachar coa risa.
- Marabilloume a historia de Custodio Pérez en La Revuelta. O xornaleiro andaluz converteuse por uns días no autor máis vendido de España. E a min este tipo de cousas pois que queredes que vos diga, poñenme brandiño.
- Mazón foi ao funeral das vítimas da DINA en Valencia. Pedíranlle expresamente que non fora. Un auténtico miserable, síntoo moito.
- O PSdeG e o PSOE (xuntos e por separado, ou o que sexa) implosionan por comportamentos claramente denunciables ou polo uso interesado das ferramentas das que se dotan na interna do partido. É terrible que isto sirva para que moita xente cuestione denuncias tan delicadas coma estas, pero tal e como se dispoñen os feitos... estes acaban por cheirar.
- Volvo e remato con Netflix. O 2025 remata e inicia o seguinte co desenlace dunha serie que para moitos marcou unha década. Unha década da presencia das plataformas de streaming na nosa vida, coas súas luces e sombras. Eu só agardo que cando remate o capítulo final de Stranger Things no primeiro de xaneiro non me toque encarar o 2026 cun sentimento de baleiro destes que quedan tralas boas historias. Poder contar algo así debe ser impresionante. Agardo que a vosa historia neste vindeiro ano tamén o sexa. Unha aperta ben grande
Javi Quiroga
Galicia
- A subida do prezo da vivenda na comunidade. Unha sociedade que favorece a quen vive do traballo alleo é unha sociedade condenada ao fracaso. Unha perda de dignidade intolerable para a clase traballadora, que é a que coida dos nosos maiores e a que conduce os nosos buses. Tamén é a que nos fai a mamografía e a que nos pon a quimioterapía. Insoportable.
- A apertura de novas librarías. Só na Coruña, tres este ano. Seguimos a ler libros ou van directos á estantería? O tempo dirá.
- A exposición de Annie Leibovitz no peirao de Batería na Coruña. Non serei eu quen defenda á oligarquía, pero entre retirar axuda internacional a países necesitados e organizar exposicións de fotografía e ser quen de convertirlas en eventos —aínda que sexa por puro autobombo—, teño claro o que prefiro.
- A clase maxistral de Alberto García-Alix, Premio Nacional de Fotografía, no Ágora en outubro polos Premios Luís Ksado. Arte é calquera cousa que faga un artista, e un artista é alguén que pensa o mundo de maneira propia e intensa e o comunica dende a súa disciplina. Menudo privilexio poder compartir dúas horas con Alberto.
- Cinenterraza. O cine como ritual colectivo, outra vez a tope de orzamento e recuperando aos ponentes post-pelicula.
- O merecidísimo Premio da Cultura Galega para “Aquí tamén se fala galego”, pola súa labor incansable desenvolvendo proxectos arredor da lingua e da mocidade. Referentes absolutos.
- O labor da Filmoteca da Coruña, cos seus ciclos de cineastas non maioritarios que, pese a todo, conseguen atraer público a tope. Imprescindible.
- Os cinemas con nomes rematados en X en Galicia: Numax na Coruña, Códex en Lugo e Dúplex en Ferrol. Programacións fantásticas e cinema en versión orixinal. Culturetas assemble!
- O labor da Revolteira, programando e facendo labor social dende o barrio da Falperra, mentres o centro da Coruña se convirte en territorio Airbnb e matcha latte. Do mellor que pasou na cidade nos ultimos anos.
- A inauguración de Vavava Haus na Coruña. Un novo espazo cultural con xente moi top detrás, que pode ser un viveiro de novos proxectos na cidade. Veremos.
1-A subida do prezo da vivenda na comunidade
2-Sirât, de Oliver Laxe. O cinema como fenómeno cultural
World
- Sirât, de Oliver Laxe. O cinema como fenómeno cultural. Todo quisque foi vela e todo deus saíu cunha opinión baixo o brazo. The New York Times publicou un artigo sobre “the Galician filmmaker”. Menudo orgullo. Eu sufrín moito e recoñezo que non a desfrutei e que me pareceu moi nihilista. Ainda así, menudo mérito tes, Oliver.
- O podcast Ill-Advised con Bill Nighy. Unha delicia. A xente pregunta e Bill responde: cal é a mellor receita de tosta con Marmite? Como evitar o small talk? Como poñer lápiz de beizos sen mirarse nun espello? Cousas importantes. Cada xoves é unha alegría.
- One Battle After Another. Peliculón.
- O mini-mini-mini xogo Many Times a Whisper, do estudo valenciano Deconstruteam. Unha preciosidade, como todo o que fan Marina, Jordi e Paula.
- O episodio do podcast de Ezra Klein entrevistando a Graham Burnett, sobre o activismo da atención fronte ás grandes corporacións tecnolóxicas que nos rouban a vida reel a reel.
- Art Work, o novo libro da xenial fotógrafa Sally Mann. Truquis para unha vida dedicada á arte sen descoidar a outra: a de levar os nenos ao colexio e atender do rancho.
- O concerto de Radiohead en Madrid o 7 de novembro. Eu non fun, pero a xulgar por meu feed de Instagram estabades todos alí. Para a próxima avisade.
- What Art Does, de Brian Eno e Bette Adriaanse. Unha exploración visual sobre por que os seres humanos perdemos o tempo facendo cousas que non teñen utilidade práctica.
- A corrupción do PSOE: por terra, mar e aire. O peor? O que vén despois.
- As IAs. As IAs… AS IAs!! IAs everywhere… e o que nos queda. Her, ao final, era un documental.
Jorge Guitián
Galicia
- As tolas que non o eran. Mulleres no manicomio de Conxo 1885-1936. (Carmen V. Valiña. Ed. Galaxia). Un libro duro e necesario, un deses estudos inesperados que fan pensar en por que non se fixera algo semellante antes.
- Annie Leibovitz na Coruña. A exposición dunha das grandes fotógrafas vivas consolida á cidade como un referente no circuito das mostras fotográficas internacionais e permite ver en directo a obra dunha das artistas máis influintes das últimas décadas.
- Devolución das figuras do Mestre Mateo. É, por enriba doutras consideracións, un acto de xustiza histórica e de reparación, pero é que, ademáis, as esculturas son unha beleza.
- Premios da Gastronomía de Galicia. Galicia ten a gala a súa cultura gastronómica, pero aínda que había algúns premios que recoñecen aspectos puntuais da mesma, como os Picadillo, carecía dunha gala que, a través de galardóns en distintas categorías, recoñecera o traballo de cociñeiros, restaurantes e casas de comidas tradicionais como o que son, unha parte esencial do noso patrimonio inmaterial.
- Máis estrelas que nunca. Galicia obtivo nesta última edición 22 estrelas na Guía Michelin que recoñecen a un total de 19 establecementos, máis que nunca antes, entre eles o primeiro da historia na provincia de Lugo. Trátase dun xeito de medir o calado deste sector tan subxectivo como calquera outro, pero sumado aos premios anteriores evidencia que a nosa gastronomía non só está viva, senón que é consciente do seu legado e, ao mesmo tempo, é quen de redefinirse e proxectarse cara ao futuro. Agora só falta que as administracións o asuman e actualicen unha lexislación absolutamente desfasada neste ámbito para poñela á altura da que xan teñen Euskadi ou a Comunidade Valenciana, máis que consolidada internacionalmente. Porque se a gastronomía, tal como afirma a UNESCO e nos fartamos de dicir en calquera ocasión que non vaia máis alá do simbólico, é parte da nosa cultura, o certo é que o marco normativo que temos non parece darse por aludido.
- Golpistas e represores. (Luis Lamela García, Ed. Laiovento). Outro libro duro e necesario, que aborda unha páxina escura da nosa historia poñendo o foco lonxe de heroes e de represaliados para poñer nomes e datos á outra banda do relato.
- Premio do COAG á rehabilitación do interior do edificio do concello de Pontevedra, obra de María Gracia Amandi y Dionisio Jorge de Uña. Proxectos como este, non moi visibles desde o exterior, tenden a pasar desapercibidos cando, en realidad, son esenciais para manter vivos os edificios públicos e facelos funcionais no contexto actual. Cando algo así se acada desde criterios estéticos e de calidade arquitectónica, só queda aplaudilos.
- Premio Leventhal City Price do MIT para o proxecto A Cunca do Río Eume: Unha Paisaxe Enerxética. Que un proxecto galego acade un recoñecemento como este, non é habitual. Que o faga un que traballa arredor da rexeneración das paisaxes do alto Eume é, sen dúbida, unha estupenda nova.
- Encontros de Mercado da Fundación RÍA: Carolyn Steele (febreiro) e Ruthie Rogers (abril). A Fundación Ría, que abría a súa sede en Compostela o pasado ano, vén desenvolvendo unha serie de encontros nos que expertos internacionais dialogan co público arredor de cuestións de sostibilidade e da relación das cidades coa alimentación. Nesta tempada, entre outras, participaron nestes Encontros de Mercado autoras tan influintes como Ruthie Rogers ou Carolyn Steele, pioneiras e militantes nunha alimentación urbana máis consciente e responsable.
- Medalla das Belas Artes para Luis Tosar. Outro recoñecemento para este actor poliédrico. E outra constatación do bo momento do sector.
1-Devolución das figuras do Mestre Mateo. É un acto de xustiza histórica e de reparación, pero é que, ademais, as esculturas son unha beleza
2-'Sirât'. Os minutos iniciais, cos baixos dos altofalantes a tope, son xa parte do noso imaxinario cultural
Internacional
- Oasis. O regreso de Oasis, que foi banda sonora das adolescencias de finais do S.XX foi, antes que nada, unha monumental -e exitosa- operación de mercadotécnica, ademáis da mostra de que a nostalxia, con todo o que con frecuencia ten de reaccionaria, vende. Pero foi, ao mesmo tempo, unha experiencia catárquica para toda unha xeración, o retorno, aínda que fora só por unhas horas, a un tipo de concerto que xa non é habitual e a un xeito de vivir a música en común. 140.000 persoas coreando tema tras tema baixo a chuvia e facendo tremer o chan de Manchester, a vila natal dos irmans Gallagher, son unha experiencia que non se vive con frecuencia. Dou fe.
- Sentimental Value (Joachim Trier). O filme do director noruegués ten algunhas das actuacións máis potentes do ano.
- Sirat (Oliver Laxe). Non tiña claro se colocalo aquí ou na lista galega, pero a temática, a orixe dos fondos para materializala e o debate internacional trascenden as nosas fronteiras. Laxe logrou, desta, poñernos de acordo en non estar de acordo e suscitou opinións, discusións e polémicas de toda índole que non impiden un recoñecemento internacional pouco habitual. O cine tamén vale para iso. E os minutos iniciais, cos baixos dos altofalantes a tope, son xa parte do noso imaxinario cultural.
- Premio Nacional de Poesia do Ministerio de Cultura. A galega Miriam Reyes recibe o Premio Nacional de Poesía, outorgado polo Ministerio de Cultural, polo seu libro Con. É a quinta autora galega en obtelo nos últimos sete anos (e a segunda autora consecutiva natural de Ourense), o que pon en evidencia o excepcional da época que vivimos, en termos de produción poética.
Leti da Taberna
Galiza
- Está a piques de rematar o Ano Castelao, o ano no que se lle adicaron as nosas Letras ás Cantareiras, á música tradicional e á transmisión oral representadas por sete mullerazas.
- Este ano tamén houbo que saír ás rúas defender o noso país, en contra de Altri e para tentar frear a emerxencia ligüística.
- Ano fatídico no que a Lumes se refire, este verán Galiza ardía e o corazón das galegas choraba de impotencia ao ver arrasar Paisaxes naturais, aldeas enteiras e os recordos e medios de vida de moitas persoas, Tamén saímos á rúa esixir reponsabilidades.
- Houbo moita polémica polos festivais de música financiados por fondos KKR entre os que se atopan algúns galegos como o Resurrection Fest e O son do Camiño.
- Estreouse Antes de Nós, a primeira peli da vida de Castelao e Virxinia Pereira. Traballazo de Xoán Forneas e Cris Iglesias.
- Estreose o espectáculo de Bibopalula, a primeira serie de debuxos musical en Galego.
- Asistín á despedida dos espectáculos Corentena Game Over e Somos Criminais e Punto Final.
- Desfrutei moito no teatro con Reconversión de Ibuprofeno Teatro e co espectáculo de Danza Transeúnte de Dani Rodríguez.
- O CDG xunto con Culturactiva estrearon Nada Se Sabe, unha obra adaptada dun texto de Manuel Lourenzo, Cctor que tamén nos deixou este ano, representada por actrices e actores con diversidade funcional que nos enseñaron que todxs temos algunha discapacidade.
- Encantoume o libro: Vidas e Historias LGBT Da Idade Media, de Carlos Callón.
- A Música galega segue a darnos alegrías. Descubrín novas propostas como Ferido de Xoán Fórneas, 9Louro e Ulex e Sheila Patricia entre outras…
- Enchimos a Capitol na Feira de De Ninghures e voltamos facelo para “despedir” a Guadi Galego. E para pechar o 2025 Sés sacou novo Disco-libro.
- Faleceu Xosé Manuel Piñeiro (Pi), unha das voces e caras máis coñecidas da CRTVG.
- Seguimos sumando Venres Negros dos traballadores da antes CRTVG agora CSAG.
- Aparecen novas creadoras dixitais e ao mesmo tempo que medra a comunidade consolídanse propostas como Mover os Marcos, os Premios Youtubeiras (Onde foron premiadas Sara Seco e Prado Rúa entre outras creadoras <3) e o maior festival de contidos dixitais o Carballo Interplay. E chegan novas propostas como o Pixel á Feira.
- No que ao meu traballo respecta tiven o pracer de presentar o Pregón da 40º Edición da Festa do Queixo de Arzúa, o Fest For Dent (Festival solidario para colaborar con Art for Dent, recaudando fondos para a investigación da Enfermidade de Dent); Participei do Programa de TV “O novo rei da comedia” unha reedición do mítico programa dos anos 2000, que non acadou os resultados de audiencia agardados. Volvín traballar na RG como colaboradora no Galicia Por Diante. E sigo colaborando no QAA?; Fun moi feliz actuando no Festival da Luz, na Foliada de Elena Ferro en Merza: seguín xirando co meu show Enredada co que levo 70 bolos e saín facelo ao Estado Español por primeira vez (Burgos). Ademais, en novembro estreei o meu segundo show de creación propia, un monólogo teatralizado: Jastac Japi Jolidais.
- Aínda que o mellor de todo e chegar aos 39 feliz, desfrutando, facendo comunidade dixital e o cariño que recibo ao encher espazos no directo e por parte das miñas compañeiras e compañeiros.
1-Está a piques de rematar o Ano Castelao, o ano no que se lle adicaron as nosas Letras ás Cantareiras, á música tradicional e á transmision oral
2-Morreu un filósofo, poeta e humanista que nos acompañou coa súa música a xeracións de persoas: Robe Iniesta, deixounos un vacío a moitas de nós
Fóra de Galiza
- Seguimos sumando feminicidios.
- Houbo escándalos políticos coma o Caso Koldo.
- Morreu un filósofo, poeta e humanista que nos acompañou coa súa música a xeracións de persoas: Robe Iniesta, deixounos un vacío a moitas de nós.
- Rosalía (La) sacou Lux e revolucionou o panorama musical mundial.
- RTVE negouse a participar en Eurovisión, decisión que celebramos as personas defensoras dos Dereitos Humanos e que condenamos o Xenocidio.
- Donald Trump voltou á Casa Blanca
- Morreu o Papa Francisco
- Gaza seguíu sendo bombardeada mentras gran parte da comunidade internacional mira cara a outro lado e un grupo de persoas tentaron levar axuda humanitaria en Barcos na xa Coñecida como Flotilla.
- Deste 2026 agardo que non perdamos a humanidade, que non desviemos a mirada das inxustizas e seguir valorando á xente boa que me rodea e da que estou segura está o mundo cheo.
Lidia Veiga
O meu top 10 Galicia
- A estrea en cines da versión en galego de Ponyo no cantíl, filme de Hayao Miyazaki. Que agora tamén se pode adquirir en DVD…aí o deixo.
- A 42º Edición da que é para min a festa máis increíble do país, a Festa dos Botes de Arzúa! Ademais fun a pregoeira neste ano, toda unha honra para min.
- A importancia da aparición dos plenarios comarcais de Queremos Galego e a manifestación. LÍNGUA VITAL XA!
- Non poden faltar as miñas citas anuais e imprescindibles coa Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia ou co Festival de Cans en Porriño. Un paseo en chimpín préstalle a calquera.
- . A estrea do filme “As liñas discontinuas” que é a escusa perfecta para falarvos da productora que hai detrás, Sétima, e das dúas mulleres que fan posibles proxectos así de maravillosos,Anxos Fazáns e Silvia Fuentes.
- No espazo Creativas Galegas, que teñen o seu niño ña Rúa da Caldeireiría 36 en Santiago de Compostela, este ano descubrín a IKSTUDIO e a LA CON AGARIMO, artesás cheas de creatividade e bo facer.
- Merlín e Familia é unha tenda moi especial ubicada na Rúa Nova 8-10 de Santiago de Compostela. Non sei quen será máis encantadora, se a tenda, a dona ou todas as pezas de deseño, artesanía, papelería e demáis que podedes atopar nela. De feito alí foi onde fun dar cun dos meus libros favoritos do ano, do que aproveito para falarvos a continuación.
- Grazas a editorial Rodolfo e Priscila achei unha das lecturas máis importantes e inspiradoras do meu 2025: Conto ao carón do río, unha novela curta da autora vasca Oihane Amantegi que foi traducida dun xeito maxistral por Isaac Xubín. Un conto escrito dende a ollada fondamente sensible e máxica dunha cativa, recoméndovolo un feixe!
- Sempre fun moi fan da decoración de interiores e non vos podo explicar o feliz que me puxen ao atopar a conta de @miradenovo. Ela é unha arquitecta que tenta rescatar a esencia do mobiliario do pasado en Galicia. Recomendacións incríbles, divulgación sobre diferentes estilos e contido en galego? Vou directa.
- Último punto, que non menos importante, o nacemento da nova compañía de teatro Morraoconto e o seu debut escénico coa súa primeira producción teatral TROMSØ. Galicia precisa empresarias así, valentes decididas, sen medo a contar e crear dende as novas formas e linguaxes xeracionais. Sen medo a ser e deixar pegada escénica. E que viva o teatro!
1-A 42º Edición da que é para min a festa máis increíble do país, a Festa dos Botes de Arzúa!
2-O libro 'La amiga que me dejó', de Nuria Labari. Un ensaio sobre a amizade, de feito ela subtitúlao como crónica dunha ruptura
O meu top 10 aleatorio
- O libro La amiga que me dejó de Nuria Labari. Un ensaio sobre a amizade, de feito ela subtitúlao como crónica dunha ruptura. Unha lectura moi necesaria no mundo no que vivimos,eu saín diferente a como entrei e cunha morea de preguntas que aínda son tarefa a día de hoxe.
- E falando de cousas necesarias, o programa conversacional de Henar Álvarez, Al cielo con ella. Teño chorado da risa, da raiba e da tristeza cun mesmo programa.
- O concerto en directo de Amaia Romero. Eu aínda estou atorada nese día, non quero saír de alí.
- Escoitádevos o albume “Si abro los ojos no es real” cos ollos pechados, por favor.
- Se pasades por Lisboa tedes que facer unha parada obrigatoria no Immersivus Gallery Lisbon.Teñen exposición diferentes ao longo do ano. Agora mesmo podes facer uns tremendos viaxes
- sensoriais onde a luz, o son e a imaxe van transformando o espazo na experiencia perfecta para entrar nas mentes creativas de Monet, Klimt, Miguel Angel e Da Vinci.
- Sei que é unha serie do 2017 pero como eu a descubrín este ano, aquí vola deixo. De feito deume moita raiba que unha serie así non se coñeza máis e pronto entenderedes os motivos se a vedes, estou a falar de A marabillosa señora Maisel. Non pode ser máis inspiradora.
- A obra de teatro Oleanna de David Mamet, pero neste caso fálovos da versión portuguesa
- dirixida por Carlos Pimenta. Andan de xira por Portugal, se vos pasades por alá e tedes a oportunidade…o galego axudará fondamente a que a desfrutedes sen facer practicamente esforzo.
- Non podo pasar sen recomendar tamén a nova película de Adan Elliot, un xenio do stop-motion: Memorias de un caracol. É un abrazo ao corazón. Se és amante da animación non sei a que esperas.
- Un dos meus podcast favoritos que cada ano o fan máis grande, máis necesario e máis político: Saldremos mejores con Inés Hernand e Nerea Pérez de las Heras.
- Visitade a Alhambra, este ano pasei de imaxinarma grazas aos libros de historia para poder vela cos meus propios ollos e experimentei un clarísimo síndrome de Stendhal. Menos mal que poñían cadeiras cada pouco para poder un sentarse e asimilar.
- Atención a seguinte aplicación de móbil: Merlin Bird HD. Se es amante dos paxáros os simplemente che dan curiosidade…tes que descargala. É a mezcla perfecta entre usar o Shazam e capturar Pokémons.
Llerena Perozo Porteiro
Galicia
- Incendios. Preto de 120.000 hectáreas de patrimonio natural calcinadas.Arde a nosa identidade e non aprendemos, malia iso que din sobre que a tolemia é repetir as mesmas accións procurando resultados diferentes.
- Letras Galegas 2026 para Begoña Caamanho, escritora, xornalista e activista. Emociona e promete un ano literariamente feminista e comprometido coa xustiza social.
- Pistacatro Produtora de Soños, Premio Nacional de Circo 2025. Manu sorrí desde o alén e vela tamén polos Premios de Novo Circo Galego Manu Lago.
- Sirat e Romería pre seleccionadas para representar a España nos Oscar. O filme de Laxe foi o elixido para competir no premio.
- A editorial Galaxia chegou aos 75 e recibiu o Premio Letras da Cultura Galega 2025 . Non foi sen tempo (o do premio).
- IGMIG lanzou Revolución. Un disco virtuoso que non podía ter outro título, porque o que fai esta banda revoluciona o corpo, a alma e a música.
- Bruxas e dragóns: Baba Iagá. O libro xogo de Ledicia Costas e Luismi Pérez recibiu unha resposta masiva de aceptación, interese e adquisición entre as lectoras e lectores mozos. Velaí a proba de que non é certo que non queiran ler ou que non o fagan en galego: é que non escribimos nin editamos o que lles interesa.
- Eris Mackenzie. Un prodixio que recomendo con fervor. Escoito Laíño en bucle.
- Logo de case seis anos e medio de xirar infatigablemente, colleitar premios e recoñecementos e realizar un indispensable labor de concienciación social, a obra teatral Invisibles —Redrum Teatro— ofreceu a súa derradeira función no mesmo teatro onde empezou, o Principal de Pontevedra. O labor divulgativo desta montaxe espallou coñecemento, sensibilización e conciencia arredor da violencia machista. Grazas.
- O Hematofesti recuncou en Vigo. O humor e a literatura infantil sobreviviron incluso á montaxe das luces e o legado do Hematocrítico segue a espallarse e medrar.
1-Incendios. Preto de 120.000 hectáreas de patrimonio natural calcinadas. Arde a nosa identidade e non aprendemos
2-A Intelixencia Artificial recibiu un incremento do 50% (con relación a 2024) en investimentos das grandes tecnolóxicas. A consultora Gartner calcula que alcanzará os 1,5 billóns de dólares en 2025
Mundo
- A Intelixencia Artificial recibiu un incremento do 50% (con relación a 2024) en investimentos das grandes tecnolóxicas. A consultora Gartner calcula que alcanzará os 1,5 billóns de dólares en 2025.Os mesmos xigantes reavivan as nucleares debido á demanda enerxética do uso masivo da IA: segundo a UNESCO, a demanda de enerxía asociada á IA dóbrase cada 100 días porque hai 1.000 millóns de persoas que a usan diariamente. Eu só penso en Skynet.
- En xaneiro, Donald Trump tomou posesión e quitou a máscara intervindo en medio globo cunha guerra comercial e diplomática global. Ademais de bombardear o Caribe, agora en USA prohiben libros.
- Apagada do 28 de abril. Quedamos sen electricidade e a radio, as guitarras, as velas e as pandeiretas saíron ás rúas. As persoas falaron entre si, cantaron, bailaron e ollaron cara a un ceo despexado e sen contaminación luminosa. Todo un acontecemento cultural.
- Un señoro recibiu 1 millón de euros no Premio Planeta, pero Rosalía lanzou La Perla e tivo 81 millóns de reproducións case nada máis saír. Aínda que ela diga que non é feminista.
- O libro potencialmente nesgado sobre o asasino Bretón non foi distribuído pola súa editorial grazas á reacción social. Non quero vivir nun sistema que censure desde o poder, pero si nun onde a sociedade e a opinión pública rexeiten estas violencias, como aconteceu neste caso.
- Con e de curcuspín. A carta de amor á diversidade lingüística escrita por Mario Obrero é un prodixio literario e de sensibilidade. Un agasallo para os sentidos e alimento para a esperanza.
- A ciencia descubriu que os primeiros humanos en prender unha fogueira foron neandertais. O lume é o lar, o fogar onde vencemos á escuridade e o frío que permitiu aos seres humanos desenvolver o cerebro, reunirse, imaxinar e crear. Porén, non fomos os Sapiens, senón os teoricamente extintos neandertais quen dominaron a pirita. Se cadra, o da extinción deses outros humanos axiña será desmentido e resultará que todas somos un pouco de todo. Azos fronte ao supremacismo en calquera forma.
- Por fin dimitiu Mazón —aínda que só da presidencia—. Pero, como di o refrán castelán, otro vendrá que bueno te hará e Juanfran asinou a sucesión en Valencia brindando unha alfombra dourada á ultra dereita. Aí veñen os nosos Trump (financiados por el, segundo anunciou), os secuestros de libros e os vetos a artistas, entre outras moitas violencias e atrasos.
- Remata o ano co anuncio da Medalla de Oro al Mérito en Bellas Artes para Luis Tosar. Orgullo vicario!
- Morreron, sen avisar, Robe Iniesta e Jorge Ilegal. A poesía e o espírito punk que respectivamente nos deixan, non.
Sabela Eiriz
10 cousas relacionadas con Galicia
- Este ano Castelao foi un bo momento para reencontrarme coas historias (literarias e visuais) do mestre, pero tamén foi moi especial que as Letras Galegas estiveran adicadas ás cantareiras.
- Seguindo no eido literario, quédome con Perder o norte de María Quiroga, porque as palabras sanan a unha e tamén abrazan a quen comparte a ferida.
- No panorama escénico, quédome con A serie Clopen, a primeira produción do CDG co circo como protagonista, dirixida por Pablo Reboleiro. Son inesquecibles a imaxe dun Salón Teatro con tanta cativada, a honestidade da peza e ese fermosísimo e emocionante "plano final".
- Falando das artes vivas, que boa nova foi o Premio Nacional de Circo a Pistacatro e o de Danza a Janet Novás e Guillermo Weickert.
- Seguindo agora co cinema, quero destacar As liñas descontinuas de Anxos Fazáns e a súa sensibilidade ao amosar os vínculos.
- No panorama audiovisual, creo que outro momentazo do ano foi o Live AV de Sirat con Langding Ray, Óliver Laxe e Adrián Canoura nunha Quintana abarrotada.
- E concretamente no musical, quédome con Pélago, o último disco de Guadi Galego, e tamén coa súa simbólica marcha de Spotify pola vinculación da plataforma coa industria da guerra.
- En relación a isto, quero lembrar o posicionamento do pobo galego con Palestina durante o paso da volta ciclista por Galicia.
- Tamén, como imaxe de protesta, destaco a manifestación de Altri Non por mar e terra na Pobra do Caramiñal.
- E pecho coa profunda dor que deixou a vaga de lumes deste ano, porque as imaxes do verán foron terribles pero non podemos esquecer que as súas consecuencias permanecen.
1-A profunda dor que deixou a vaga de lumes deste ano, porque as imaxes do verán foron terribles pero non podemos esquecer que as súas consecuencias permanecen
2-A marcha da Global Sumud Flotilla rumbo a Gaza con axuda humanitaria, e que foi interceptada polas tropas israelís
10 cousas non relacionadas con Galicia
- Teño que destacar a nova película de Joachim Trier, Sentimental Value. Xa lla recomendei a todas as persoas próximas a min, eu penso que vou voltar ao cine.
- Seguindo co audiovisual, hai moitas series que encheron este ano, pero creo que se destacou unha sobre as demais, esa foi Severance.
- No eido teatral, quédome coas catro horas de 1936 de Andrés Lima.
- E se teño que escoller un libro, teño claro que é A cuatro patasde Miranda July, da que devoro todo o que fai.
- Pensando nesas persoas referentes (artísticos e vitais), este ano quedamos un pouco orfas coa perda de David Lynch, Martin Parr e Jane Goodall. A súa pegada no mundo é eterna.
- E como referentes, tamén a marcha da Global Sumud Flotilla rumbo a Gaza con axuda humanitaria, e que foi interceptada polas tropas israelís.
- Seguindo co activismo, destaco a manifestación estatal pola vivenda ante a profunda crise que estamos a vivir.
- Outro dos eventos do ano foi o apagamento, que nos deixou en stand by durante un día enteiro nalgúns lugares, evidenciando a nosa forma de vida e tamén a memoria recente con estes grandes "eventos canónicos" que estamos a vivir.
- Nesa liña, penso que a dor na memoria un ano despois da DINA, a tardía dimisión de Mazón e a instrución do sumario teñen un oco tamén neste listado.
- Por último, remato a recompilación do ano pensando nos grandes avances da IA xenerativa e a necesidade de reflexionar sobre a súa presenza nas nosas vidas.
Sandra Carnota
Relacionados con Galicia
- As que limpan e a despedida da compañía teatral A Panadaría. Agradecemento a todo o seu traballo, teatro contemporáneo, humor, feminismo, pensamento crítico e creatividade.
- Sirât. O filme, a intensísima campaña de promoción de Oliver Laxe (pode ser a persoa que máis entrevistas concedeu este ano?) e a rave na Quintana no marco de Curtocircuíto.
- Os contos do leite como proxecto cultural que escoita á cidadanía, que abre espazos de intercambio entre veciñas e artistas, que constrúe un río para berrar en contra de Altri e que fai xirar unha roda por toda a comarca da Ulloa.
- O bailódromo de Carlangas e como facer gozar a toda unha cidade.
- Comerás flores, a primeira novela de Lucía Solla. Un relato aterrador de dó, de maltrato, de ir cara ao amor e de entender que se pode volver del.
- Acumulacións dun presente moi pasado, unha instalación do colectivo La cuarta piel, que ficciona unha expedición humana a futuras formacións xeolóxicas creadas polos residuos acumulados. Aínda se pode ver en Santiago de Compostela.
- A volta das festas de Fontiñas e a importancia de bailar cos teus veciños para revivir as relacións e os lugares dentro das cidades, e a proba de que a xente nova si sabe como organizarse.
- A curtametraxe Danza propia, de Andrea Zapata, que aínda me fai pensar na idea das biografías do tacto e o seu arquivo emocional.
- A colleita do audiovisual galego en xeral.
- O peche da Cuarta Parede, a primeira revista que foi testemuña do noso audiovisual.
1-'As que limpan' e a despedida da compañía teatral A Panadaría
2-'Lux'e todo o debate que provoca. Rosalía música, Rosalía Santa, Rosalía e a privatización da música en vivo
Non relacionados con Galicia (ou si)
- Lux e todo o debate que provoca. Rosalía música, Rosalía Santa, Rosalía e a privatización da música en vivo, Rosalía fóra dos -ismos, Rosalía como contradicción.
- A retrospectiva de Maruja Mallo no Reina Sofía como posibilidade de viaxar ao mundo da artista durante unhas horas.
- Pubertat, de Leticia Dolera. A serie que aborda unha agresión sexual nun grupo de adolescentes nun contexto no que un de cada cinco rapaces cre que a violencia de xénero é un invento ideolóxico.
- O pasamento do programador audiovisual José Luis Cienfuegos.
- La marsellesa de los borrachos. Memoria histórica, arquivos sonoros, viaxes, música e audiovisual neste documental de Pablo Gil Rituerto.
- O filme Ciudad sin sueño, de Guillermo Galoe. Máis de 5 anos sen luz na Cañada Real.
- A Flotilla Global Sumud.
- KOG Music. O meu descubrimento musical grazas a programación do Festival Maré.
- Henar Álvarez cun programa na televisión pública estatal. Al cielo con ella ou a onde faga falta.
- A morte de Robe Iniesta.
Silvia Fuentes
Galicia
- Os devastadores incendios deste verán. Sen memoria, sen prevención e sen restauración.
- Janet Novas Premio Nacional de Danza despois do Goya a Mellor Actriz Revelación no 2024.
- O Día das Letras Galegas para as nosas cantareiras.
- A xestión política do Sergas. As listas de espera medrando e minando a nosa sanidade pública.
- A disolución da compañía A Panadaría despois de máis de dez anos nos escenarios.
- Sirat camiño dos Oscar.
- Gala i Ovidio sacan o seu primeiro disco. Aida e Raül chegaron para rebentarche o corazón.
- A produtora de cine Fernanda del Nido, referente para toda unha xeración, IV Premio de Honra Dolores Ben outorgado por AGAPI.
- 10 anos da Foliada da Fonsagrada.
- O Celta e a súa comunicación proxectando un país ao que parecerse.
1-O Celta e a súa comunicación proxectando un país ao que parecerse
2-O drama La Oreja de Van Gogh. O sistema enfrentando a dúas mulleres outra vez e o tema dos millenials coa nostalxia
Galicia/España/Internacional
- O problema da vivenda xa é tan grande que afoga ao país.
- Eurovision rematou para España.
- Mazón dimite despois dun ano infame.
- Rufus T. Firefly, un dos meus grupos favs, sacou disco, Todas las cosas buenas.
- Apagamento. Medio país pensando en comprar pilas e tiritas por se había que tirarse ao monte.
- Quiero y no puedo. Una historia de los pijos de España de Raquel Peláez. A publicación é do 2024, pero chegou ás miñas mans no 25 e estoupoume a cabeza.
- O drama La Oreja de Van Gogh. O sistema enfrentando a dúas mulleres outra vez e o tema dos millenials coa nostalxia.
- A serie Superestar estréase e atopamos tenrura en lugares inesperados.
- Os Fondos Next Generation están rematando o seu ciclo. A xudicatura e grandes medios tatuándose ese quien pueda hacer que haga. E ao final o conto quedará en es el vecino el que elige al alcalde y es el alcalde el que quiere que sean los vecinos el alcalde.
Sonia Díaz
Galicia
- De Ronda, de Mondra, en concreto Achar con quen casar.
- O Día das Letras á cultura tradicional e toda a produción bibliográfica e a apertura de arquivos persoais que detonou.
- As tolas que non o eran, de Carmen V. Valiña; Rotas, de Montse Fajardo; e as Lecturas de Coidado, da Fundación Uxío Novoneyra.
- Montse Fajardo (Caídas. Achegamento ao Patronato de Protección a la mujer en Galicia, publicouse en outubro de 2024) e Belén López Cillero (Nacionalcatolicismo y patriarcado: El Patronato de Protección a la mujer y su junta provincial coruñesa).
- Sarela, de Marga Tojo.
- A confluencia de Sirat e Romería.
- Filmei paxaros voando, de Zeltia Outeiriño.
- Nada se sabe, coproducido polo CDG, polo pulo institucional para a cultura inclusiva.
- O fin de xira de Síntese horizonte, de Guadi Galego, na Sala Capitol, pola emoción extrema e o sentimento de peche definitivo. De fin de ciclo.
- O compromiso da cultura galega co pobo Palestino.
O máis destacado de GZ: '"Achar con quen casar", de Mondra
O máis destacado fóra de GZ: "La perla", de Rosalía
Fóra de Galicia
- Adolescence, Pubertat e As Neves e a conversa que xeraron.
- Los Domingos, de Alauda Ruiz de Azúa, aínda que a conversa ao redor do filme non estea á altura da proposta.
- Lux, de Rosalía.
- E outras xefas da música pop global como Taylor Swift, Olivia Rodrigo ou Sabrina Carpenter.
- O podcast Amiga date cuenta, de Noelia Ramírez e Begoña Gómez.
- A sección Peta Zetas, no podcast Carne Cruda, de Sara Riveiro.
- No Other Land, La voz de Hind Rajab e a resistencia do pobo palestino a través da cultura.
- Que España se retirase de Eurovisión (e, previamente, as protestas ao paso da Vuelta ciclista).
- O impacto que a retirada de USAID ten na cultura global, especialmente en América Latina.
- Medios independentes como El Faro, FocosTV, Alharaca ou La Brújula, sobrepóñense ás agresións do goberno Salvadoreño e á ausencia de fondos internacionais con creatividade e intelixencia.
Vanesa Vázquez
Galicia
- A nivel cultural foi o ano das cantareiras, as pandeireteiras e as ganas que me deron de aprender a tocar e bailar (firme propósito para o 2026).
- Relacionado co anterior: a posta en marcha do podcast Vinte de Foliada, que percorrido tan chulo pola tradición máis viva! Non podo deixar de rir ao me lembrar cando case acabo nunha rave polos montes de Ourense, buscando o Magosto de sempre para gravar un episodio.
- O Premio Nacional de danza para Janet Novás e poder entrevistala amodo no Vinte Almorzando.
- O noso Celta e proxección á sociedade dunha Galicia posible.
- Proxectos audiovisuais como Filmei Paxaros Voando, premio Mestre Mateo ou Deuses de Pedra, recoñecidos polos xurados alá onde van.
- A Feira de De Ninghures, un pracer de disco e de concertos.
- A terrible vaga de lumes, outra vez
- A reacción do pobo galego fronte a Altri e a solidariedade con Palestina
- Saír coas amigas de concerto e sorprendernos con Rebeliom do Inframundo
- Visitar e gozar do Culturgal con nenas pequenas.
En Galicia: foi o ano das cantareiras, as pandeireteiras e as ganas que me deron de aprender a tocar e bailar (firme propósito para o 2026).
Fóra: o apagamento de abril: día solleiro, crianzas no parque, caos e paz mental
Fóra de Galicia
- Foi o ano do fenómeno Sirât, que por fin conseguín ver.
- O apagamento de abril: día solleiro, crianzas no parque, caos e paz mental.
- Relacionado co anterior: a abrumadora presenza das redes sociais, sempre con nós e a necesidade de levantar a vista do móbil. Que sopor.
- El 47: é do ano pasado, pero vina hai pouco e encantoume.
- A segunda temporada de Poquita fe tamén mola e confirma que se pode facer moito con guión e sentido do humor.
- España non participará en Eurovisión porque non marcha Israel. A prol.
- As cousas ilegais do PSOE. Bochorno.
- Trump, desatado e cambio de Papa. Todo mal.
- Dimite Mazón, por fin.
- Morreu Robe Iniesta e volveron soar todos os seus himnos dentro e fóra da miña casa.