-
‘Boas Noites’. Dez anos desde que Jesús Madriñán retratou a mocidade nas discotecas das vilas galegas
En 2013, un estudio fotográfico portátil propio doutro século rompeu a naturalidade do baile en locais nocturnos de Muimenta, Melide ou Vilalba. Este artista compostelán achegouse aos clubs situados fóra dos grandes núcleos urbanos de Galicia para darlle a oportunidade ás persoas novas de se representar coma elas quixesen; e de facelo incluso sen a presión da mirada do fotógrafo, que se xiraba ao pulsar o botón de disparo.
-
O quen é quen da cultura galega. Unha guía feita por intelixencia artificial
Hai unhas semanas Twitter encheuse de capturas de xente que procurara os seus nomes e usuarios de redes en YouChat para saber se as súas biografías xeradas por intelixencia artificial eran acertadas. En VINTE preguntámoslle a este asistente de busca conversacional por varias personaxes populares de Galicia en distintos ámbitos: literatura, televisión, internet e mesmo política.
-
Dakoi e Saint Caboclo. Unha mirada 'queer' á cultura de club en Portugal
Dakoi (LIBIDA) e Saint Caboclo (Dengo Club) son DJs e promotores activos da cultura queer de club en Portugal a través dos seus colectivos establecidos en Caldas da Rainha e Lisboa, respectivamente. Agora, trazan vínculos con Galicia a través de Malfario, en Santiago de Compostela.
-
A memoria LGTBI en Galicia. Os espazos que vertebraron e vertebran a disidencia sexual
Diversas miradas dan forma a unha panorámica da historia queer do territorio. A defunción dos sexos de Daniela Ferrández, Memoria diversa de Eva Mejuto e o mapa interactivo Facémonos escoitar? son algunhas das olladas á realidade diversa que compoñen este amplo prisma doutra historia de Galicia, a gran esquecida a nivel estatal.
-
O novo pop galego. Renovación desde as marxes
Por necesidade comezou a producirse a si mesmo e por vontade de dinamizar a escena empezou a traballar para outres. Berto Mira produce a unha nova xeración de artistas, nunha maioría queer, con proxectos que transitan por lugares próximos ao pop electrónico e pasan por moitos outros, como o pop dance dos 2000, o folk ou o techno.
-
Whore Wheels. O 'queer' transforma a cultura de club en Compostela
Os colectivos Tr3mor e Malfario únense para dar forma ao festival Whore Wheels, que se celebrará na Sala Malatesta o 1 e o 2 de xullo, durante a semana do Orgullo. Preséntase como un espazo para a disidencia cunha programación que inclúe artistas como Tomasa del Real ou Putilatex. Sucede ao tempo que no ocio nocturno compostelán e galego está a configurarse unha escena queer de club.
-
Ilustrar a contrarreloxo. Detrás do traballo de Iván R. para 'O neno de lume'
Iván R. tivo un mes para ilustrar o libro gañador do XXXVI Premio Merlín, O neno de lume, escrito por Ledicia Costas e editado por Xerais. Coñecemos da súa man como se representa unha obra infantil sen caer na redundancia e sen apenas tempo para conversas con editora e autora.
-
Existir e resistir. Unha ollada ao drag en Galicia
Toda unha comunidade de artistas drag, apenas visible, desprégase ao longo do país a pesar da falta de espazos e a desconexión coas institucións. Con vivencias e percorridos diferentes, comparten unha vontade por facerse coñecer e valorar e, por riba, facelo desde aquí.