Movementos sociais

  • Mocidade mobilizada “Levamos moitos sopapos no sindicalismo, pero de cando en vez temos algunha vitoria”

    A manida “desafección política da mocidade” vai por barrios. Non é xeral nin moito menos e cómpre peneirar os datos e fuxir de mantras para coñecermos a realidade. Precariedade e desilusión fronte a rabia e fortaleza. Aos que son mozos e mozas na actualidade, a xeración Z e parte dos millenials, non lles puxeron as cousas doadas para acceder a unha vida adulta independente –traballo? casa? formar unha familia propia?- pero non por iso deixan de ter conciencia política e mesmo de clase. Basta con observar as protestas da Porta do Sol de Madrid e as manifestacións pola vivenda destes días en Galicia para comprobar que a mocidade destes anos 20 tamén sabe mobilizarse para provocar cambios. A nivel sindical os menores de 30 anos van perdendo peso porcentual polo atraso no acceso ao traballo, aínda que non sucede en todas as organizacións igual. 

    Movementos sociais
  • 20 anos da Gentalha do Pichel. Loita cultural desde as marxes

    A comezos de 2004 un grupo de mozos e mozas que viñan dos movementos estudantís crearon unha asociación co obxectivo de darlle pulo cultural á cidade de Santiago. Cun ideario reintegracionista, independentista, feminista e ecoloxista 20 anos despois ten no seu haber fitos como a recuperación da figura do Apalpador, a creación das escolas Semente ou o pulo á Liga Gallegacia, de fútbol gaélico mixto. 

    Hoxe en día este proxecto autoxestionado está máis vivo ca nunca fiel aos seus principios políticos e culturais e aberto á participación de todas as persoas que os compartan. A Gentalha monta este ano un “festivalón” de dous días para a súa tradicional festa do 17, aínda que, en verdade, o Pichel celebra a súas letras todos os días do ano.

    Movementos sociais