“Marimondra” celebra con orgullo «ser galego e maricón»
O cantareiro e balador galego Mondra leva por bandeira “ser galego e maricón”. No Día do Orgullo LGBTIQA+, o artista lanza o seu novo sinxelo, “Marimondra”, un canto á disidencia onde reivindica a creación cuir en galego e desde Galicia.
“Ei, son Marimondra / un ser ben dramático / Sempre di meu pai / que nacín fóra do armario” canta Mondra nunha peza na que tamén participa a intérprete Mónica de Nut.
O traballo vén acompañado cun vídeo, que dirixe Mondra xunto a Adela Otero, ambientado nunha froitaría algo inusual, que conta coa coreografía de Daniel Rodríguez e co asesoramento do proxecto ‘En lingua de signos’para referir termos como “trans”, “lesbiana”, “cuir” ou “marica”.
“Queremos que “Marimondra” sexa un canto de celebración, de liberación e de orgullo, que poida representar a calquera persoa do colectivo”, defende Mondra, quen avanza que o tema se poderá escoitar nas súas vindeiras citas en directo.
Créditos
IDEA ORIXINAL: Zeltia Iglesias, Mondra
DIRECCIÓN: Mondra, Adela Otero
DIRECCIÓN DE PRODUCIÓN: Adela Otero
AUXILIAR DE PRODUCIÓN: Fernando Paz
DIRECCIÓN DE FOTOGRAFÍA E POSPRODUCIÓN: Arián Quinteiro, Gaffer, Alex Koch, 1AC, Thomas Schwarz
FOTO FIXA: Aigi Boga
DIRECCIÓN DE ARTE E ESTILISMO: Lara Caeiro
COLABORACIÓNS VESTIARIO: Eva Ramudo, Laura Salgado, María alborés, Antía sobrado
MAQUILLAXE E PERRUQUERÍA: María Ferradás
DIRECCIÓN DE MOVEMENTO: Daniel Rodríguez
ASESORAMENTO LINGUA DE SIGNOS: Equipa Enlinguadesignos (ELDS)
DESEÑO GRÁFICO: Zeltia Iglesias
TIPOGRAFÍA: Helveesti Spikes Dinamo®
PRODUCIÓN MUSICAL: Peter Petrowski
COLABORACIÓN ESPECIAL: Mónica de Nut
BAILADORAS: Jandros Rodríguez, Sabela Domínguez
FIGURACIÓN: Artur Puga, Xulia Sánchez