Café Derby 21. O teatro, con Lidia Veiga

O novo programa do Café Derby 21 sobe ao escenario para abordar o drama, tratar os grandes temas da vida e... falar de Manuel Fraga. En concreto, de Iribarne, a obra de teatro que está dando a volta a Galicia, esgotando entradas alí onde vai e converténdose en todo un fenómeno popular. Para parolar sobre o teatro contamos coa actriz Lidia Veiga, tamén coñecida como integrante do podcast Exército Mekemeke. 
Xunto a ela falamos da figura cultural, histórica e popular de Manuel Fraga, das nosas memorias fraguistas, das miles de placas co seu nome e despois pasámonos ao plano existencial: calma, ansiedade, infancia, consumo de cultura... Unha terapia común!

Créditos

O Café Derby é unha sobremesa cultural e virtual. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un convidado ou convidada cada semana. 

Co patrocinio de Deleite.

Co patrocinio de

Tamén che interesa

  • Lidia Veiga, a bulebule de Arzúa: «sempre fun moi dramática»

    Lidia Veiga ía para avogada, mais a día de hoxe é un dos talentos da interpretación que máis está a despuntar en Galicia, aínda que ela, máis que actriz, considérase unha traballadora cultural. Defensora da creación colectiva, Veiga protagoniza o filme “Cando toco un animal”, un proxecto valente que amosa realidades emocionais e sexuais explícitas e, ao tempo, afastadas da pornografía. «Fíxose porque tiña que existir», defende a actriz galega. En plena xira por teatros coa irreverente e divertida “Iribarne”, Veiga está a descubrir o seu propio talento para a dobraxe e aínda terá tempo para presentar, o vindeiro 23 de marzo, a gala dos Premios Mestre Mateo.

    Cinema
  • Exército Mekemeke. O videopodcast para a xeración que medrou con Shin-Chan

    Á hora da merenda botaban Shin-Chan na TVG e era case un ritual. Dá igual a idade que teñas, se te recoñeces diante do televisor vendo a Shin-Chan mentres el, á vez, vía a Ultraheroe na pantalla, xa sabes do que estamos a falar. O Exército Mekemeke simbolizaba aos malos contra os que loitar nesa ficción dentro da ficción, pero agora tamén é un videopodcast conducido por Carlos Vieito acompañado de Lidia Veiga e Miguel Abad que sae desde Ames para o mundo todos os martes.

    VINTE na rede

    Co patrocinio de

  • Café Derby 21. Temporada 4

    Café Derby 21. O pasado, con Fillas de Cassandra

    Son moitas as persoas que pedían este momento e por fin podemos confirmar que se fixo real: Fillas de Cassandra no Café Derby 21! Atopámonos co dúo galego logo do seu masivo concerto en Santiago de Compostela ante miles de persoas. Aínda con folgos, tiveron todo o ánimo para falar sobre o pasado.

    Con Fillas de Cassandra parolamos das herdanzas e o que queremos legar, de tataravoas, de vivir no presente e non deixarse levar por recordos sesgados ou das músicas de onte e máis atrás, entre outros moitos temas.

    Podcast

    Co patrocinio de

  • Café Derby 21. Temporada 4

    Café Derby 21. O amor, con Grande Amore

    Chegou o momento de falar dun dos temas máis agardados: ️o amor. Grazas á publicación de certa carta de certo mandatario na que recoñecía estar fondamente namorado da súa muller, decidimos actuar e montar un comité de urxencia para abordar o tema de namorarse e demais. Por iso quixemos conversar con Grande Amore, amigo histórico do Café Derby 21, nun programa gravado en directo no Parador de Vilalba como parte da programación do FIV.

    Podcast

    Co patrocinio de

  • Café Derby 21. Petiscos no Derby

    Programa especial no Café Derby 21 que desta volta vai con vídeo. Se queredes ver as caras das presentadoras falando con grandes creadoras da rede non vos perdades o novo programa feito desde o Festival Carballo Interplay. 

    Xunto a Nicolás Carreira, Carme Domínguez e Adrián Lede estiveron conversando Blondiemuser, Paula Jorge, Pablo Meixe e a tamén actriz Lidia Veiga. Durante máis dunha hora, a charla percorreu desde os nichos (non os funerarios) de contido que cada unha traballa na rede ata, por exemplo, os 'haters' ou mesmo os dereitos laborais das e dos influencers.

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.