Café Derby 21. O pasado, con Fillas de Cassandra
Son moitas as persoas que pedían este momento e por fin podemos confirmar que se fixo real: Fillas de Cassandra no Café Derby 21! Atopámonos co dúo galego logo do seu masivo concerto en Santiago de Compostela ante miles de persoas. Aínda con folgos, tiveron todo o ánimo para falar sobre o pasado.
Con Fillas de Cassandra parolamos das herdanzas e o que queremos legar, de tataravoas, de vivir no presente e non deixarse levar por recordos sesgados ou das músicas de onte e máis atrás, entre outros moitos temas.
Créditos
O Café Derby é unha sobremesa cultural e virtual. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un convidado ou convidada cada semana.
Co patrocinio de Deleite.