Rebeliom do Inframundo e Fillas de Cassandra locen talento en “Contra vento e marea”
Sensibilidade e forza agroman a partes iguais do tema “Contra vento e marea”, resultado musical da colaboración entre Rebeliom do Inframundo e Fillas de Cassandra, que vén acompañado dun potente videoclip gravado na ría de Vigo.
Contra vento e marea, explica Nervo, é «unha oda á superación, a remar contracorrente, a manterse a flote, a sobrevivir no medio desta puta loucura». É un canto a non deixarse levar pola ira, mesmo sendo conscientes que hai razóns dabondo para que a ira aflore. «É unha canción chea de orgullo, forza e valor, evocadora de todo tipo de sentimentos precisos para vencer á frustración», expón. Ao fío, María Soa e Sara Faro salientan «a forza e a colectividade» que se desprende da peza. «Como di o tema, somos rochas contra as que bate o mar. Contra todos os contratempos que poidan vir, ímonos manter firmes e mirar cara adiante», apuntan.
A canción chega acompañada dun videoclip realizado por IzanMG, gravado no litoral de Vigo. A peza audiovisual, na que participan as dúas bandas, relata a historia dunha traxedia no mar.
Créditos
Título "Contra vento e marea"
Composición : Rebeliom do Inframundo e Fillas de Cassandra
Voz : Nervo, Malvares, Sara Faro e María Soa
Instrumental: Frank Huxley e 2Pasøs
Scratchs: Dj Pol
Guitarras: Alberto Busto
Gravación: Frank Huxley e 2Pasøs
Mistura: @frankhuxley Masterización: @jayderpro
Videoclip:
Dirección, cámara e edición: @izanmg
Aux. cámara: Diego Lorenzo
Foquista: Rubén Pérez
Maquillaxe: Luana Oribe
Vestiario: Marta Bouzas
Op. Dron: Diego Lorenzo
Protragonistas: María Fanjul, Marisé Fanjul, Naya Núñez, Alma Gómez e Iván García
Agradecementos: Flamingos Vintage