Café Derby 21. Petiscos no Derby

Programa especial no Café Derby 21 que desta volta vai con vídeo. Se queredes ver as caras das presentadoras falando con grandes creadoras da rede non vos perdades o novo programa feito desde o Festival Carballo Interplay. 

Xunto a Nicolás Carreira, Carme Domínguez e Adrián Lede estiveron conversando Blondiemuser, Paula Jorge, Pablo Meixe e a tamén actriz Lidia Veiga. Durante máis dunha hora, a charla percorreu desde os nichos (non os funerarios) de contido que cada unha traballa na rede ata, por exemplo, os 'haters' ou mesmo os dereitos laborais das e dos influencers.

Créditos

O Café Derby é unha sobremesa cultural e virtual. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede que adoita ter un convidado ou convidada cada semana. 

 

Máis Vinte

  • Café Derby 21. Temporada 4

    Café Derby 21. O misterio, con Arantza Portabales

    Logo de varias semanas de incógnitas, nos últimos días moitos misterios foron desvelados, algúns positivos e outros non tanto. Para achegarnos á máxima actualidade no campo da investigación e resolución de incógnitas, neste programa contamos coa escritora e dama da novela negra, Arantza Portabales.

    Xunto a ela repasamos cuestións tan variadas como a paixón polo misterio, os nosos asasinos e detectives favoritos, os elementos para unha boa novela negra, misterios actuais como o de Kate Middleton e esa crise de comunicación, ou as motivacións para matar, desde o persoal ata o profesional.

    Podcast

    Co patrocinio de

  • Café Derby 21. Temporada 4

    Café Derby 21. A memoria, con Bruno Arias

    Neste episodio contamos co cineasta Bruno Arias, finalista aos premios Mestre Mateo co seu debut Os espazos en branco. Neste documental, Bruno achégase á figura da súa tía, Xela Arias, dun xeito íntimo e persoal. Efectivamente, falamos da memoria.

    Para non poñernos puristas e densos, parolamos sobre o persoal, os primeiros recordos, as mortes de familiares influentes; mais tamén de momentos históricos e onde estabamos, cambios de papas, o 11S, a construción de recordos ou as cámaras analóxicas.

    Podcast

    Co patrocinio de

  • Café Derby 21. Temporada 4

    Café Derby 21. Os bares, con Leti da Taberna

    Esta semana propoñemos un brinde para nós por sacar adiante unhas semanas raras e continuar como se nada. Por iso, quixemos contar coa opinión dunha experta na comedia, na arte de vivir e dos lugares onde se brindan. Dámoslle a benvida a Leti da Taberna para parolar sobre os bares.

    Xunto a ela repasamos a nosa traxectoria vital de bares, tabernas e recunchos, historias arredor dos bares, o novo conflito da Hortelería e os seus bares fabricados en cadea sen personalidade, as casas de comidas tradicionais, a importancia da taberna no núcleo rural e os nosos bares de favoritos na cultura, como Los Serrano, Pratos Combinados ou Seinfeld.

    Podcast

    Co patrocinio de

  • Café Derby 21. Temporada 4

    Café Derby 21. As eleccións, con Iván Iglesias

    Galicia vai a eleccións o #18F. Aínda non sabías nada disto? Quizais eras a última persoa do país. En calquera caso, un evento tan relevante para o futuro e a cultura tiña que ter o seu oco no Café Derby 21, pero desde o noso propio terreo. Por iso, contamos co xornalista, comunicador político e director de Ou Ké!, Iván Iglesias, para parolar sobre as eleccións️, pero as de todos os tipos.

    O equipo de Ou Ké! está cubrindo a campaña e as semanas previas ás eleccións galegas, por iso xuntámonos con Iván Iglesias para coñecer a importancia de Ourense nestes comicios, as posibilidades de goberno alternativo de esquerdas ou os candidatos. Tamén tratamos as outras ️eleccións️ que nos tocan de preto: a canción "Zorra" de Nebulossa a Eurovisión, a final de Operación Triunfo e as eleccións vitais (tomadas ou non) que non traen ata onde estamos.

    Podcast

    Co patrocinio de

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.