Café Derby 21. A memoria, con Bruno Arias

Que ninguén se deixe enganar polo título deste programa! Xa se tratou abondo a nostalxia e os recordos, por iso quixemos darlle un ollar diferente á materia. Para facelo con motivo e con consello experto, neste episodio contamos co cineasta Bruno Arias, finalista aos premios Mestre Mateo co seu debut 'Os espazos en branco'. Neste documental, Bruno achégase á figura da súa tía, Xela Arias, dun xeito íntimo e persoal. Efectivamente, imos falar da memoria.

Para non poñernos puristas e densos, parolamos sobre o persoal, os primeiros recordos, as mortes de familiares influentes, momentos históricos e onde estabamos, cambios de papas, o 11S, a construción de recordos ou as cámaras analóxicas.

Créditos

O Café Derby é unha sobremesa cultural e virtual. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un convidado ou convidada cada semana. 

Co patrocinio de Deleite.

Co patrocinio de

Tamén che interesa

  • Café Derby 21. Temporada 4

    Café Derby 21. Os bares, con Leti da Taberna

    Esta semana propoñemos un brinde para nós por sacar adiante unhas semanas raras e continuar como se nada. Por iso, quixemos contar coa opinión dunha experta na comedia, na arte de vivir e dos lugares onde se brindan. Dámoslle a benvida a Leti da Taberna para parolar sobre os bares.

    Xunto a ela repasamos a nosa traxectoria vital de bares, tabernas e recunchos, historias arredor dos bares, o novo conflito da Hortelería e os seus bares fabricados en cadea sen personalidade, as casas de comidas tradicionais, a importancia da taberna no núcleo rural e os nosos bares de favoritos na cultura, como Los Serrano, Pratos Combinados ou Seinfeld.

    Podcast

    Co patrocinio de

  • Café Derby 21. Temporada 4

    Café Derby 21. As eleccións, con Iván Iglesias

    Galicia vai a eleccións o #18F. Aínda non sabías nada disto? Quizais eras a última persoa do país. En calquera caso, un evento tan relevante para o futuro e a cultura tiña que ter o seu oco no Café Derby 21, pero desde o noso propio terreo. Por iso, contamos co xornalista, comunicador político e director de Ou Ké!, Iván Iglesias, para parolar sobre as eleccións️, pero as de todos os tipos.

    O equipo de Ou Ké! está cubrindo a campaña e as semanas previas ás eleccións galegas, por iso xuntámonos con Iván Iglesias para coñecer a importancia de Ourense nestes comicios, as posibilidades de goberno alternativo de esquerdas ou os candidatos. Tamén tratamos as outras ️eleccións️ que nos tocan de preto: a canción "Zorra" de Nebulossa a Eurovisión, a final de Operación Triunfo e as eleccións vitais (tomadas ou non) que non traen ata onde estamos.

    Podcast

    Co patrocinio de

  • Café Derby 21. Temporada 4

    Café Derby 21. O bo rollo, con The Rapants

    Para animar o comezo do ano, dedicamos o programa ao bo rollo e parolamos con Samuel e Matías, de The Rapants, que presentan o seu próximo disco 'La máquina del buen rollo'. 

    Xunto a eles repasamos algúns dos seus temazos, como o seu novo single "Blaster w4u", e afondamos na importancia de estar en equilibrio, surfear os problemas, rematar cos egos e ser abertos para afrontar os desencontros pola convivencia. O bo rollo infíltrase e acabamos como no post concerto de The Rapants, amigos falando con amigos sobre a vida.

    Podcast

    Co patrocinio de

  • Vinte no patio Café Derby 21. Temporada 4

    Café Derby 21. O fútbol, con Vero Boquete

    O episodio número 100 do Café Derby 21 está dedicado ao fútbol e conta cunha convidada de luxo: Vero Boquete. Repasamos a traxectoria dunha das mestras do deporte rei, desde os seus comezos nas categorías infantís ata o seu presente en Italia ou o paso por Estados Unidos, ademais de achegarnos á realidade actual do fútbol feminino, o seu estado de gloria, os referentes ou os múltiples casos de discriminación e polémicas vividas nos últimos tempos.

    Podcast

    Co patrocinio de

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.