A obsesión de El Hematocrítico: o reggaetón

© Daniel Puente Bello

Mestre, escritor de literatura infantil, tuitstar… Miguel López, El Hematocrítico, leva anos facendo humor nos blogs, nas redes sociais, en podcast, en libros e tamén na televisión. A quen siga a este coruñés nas redes non lle resultará estraña das súas obsesións máis recentes: o reggaetón. 


Eu son un home de obsesións . Cando os amigos de VINTE me propuxeron escribir sobre a obsesión que dominaba a miña cabeza pensei en escribir sobre un artista –Kanye West– ou sobre un discazo –a banda sonora de Hamilton– ou unha escritora –Ledicia Costas-. Pero vouno facer sobre algo que non parece tan rotundamente bo e mais si que o é. O REGGAETON.

O meu amigo Xabi, DJ el, levoume unha tarde de inverno á súa casa e soltoume un discurso emocionado sobre as últimas novidades que pinchaba nos garitos máis selectos de Madrid. “A mellor música xa non se fai en Nova York ou en Londres. Agora mesmo os ollos de todo o mundo están postos en Latinoamérica“. Quixen rir agarrando unha Estrella Galicia pero a continuación caeume enriba unha batería de temazos, un tras doutro, que me deixou tocado e noqueado e fíxome caer no burato negro de rico Dembow no que levo todo o año atrapado. O que aí soaba era una combinación de música do mundo, pop rock, hip hop, son urbano, electrónica e basicamente todo o que me gustaba nunha batedora e cantado en ía dicir castelán pero non castelán. 

Todo isto pódeo testificar a miña lista automática de Spotify EN BUCLE: os meus artistas máis escoitados son Bad Bunny, J Balvin, C Tangana, Bad Gyal, Kinder Malo & Pimp Flaco. Co que eu era! –din os meus auriculares- Que pasa coa edición especial do Abbey Road?.

A culpa é de Xabi.

E, oh, o mellor disco? O que ten o mellor título. El  Perreo de la Muerte 2 de Yung Beef.

El Hematocrítico

El Hematocrítico

Son El Hematocrítico e estou en toooodaaaaas as redes. Acabo de sacar un libro infantil en Xerais e en Anaya con Mar Villar que se llama Rapúnzel con Piollos

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.