A obsesión de Patricia Santana: o sushi

CC-BY-SA Mrmcdonnell | Wikipedia

A copresentadora de Luar Patricia Santana fálanos da súa obsesión recente co sushi e dános uns consellos sobre como comelo con xeito.

 

Este verán tiven unha conexión especial co sushi, eu que sempre fun de clásicos como o churrasco ou o bocadillo de xamón (e sigo sendo). O certo é que xa o probara en anteriores ocasións pero coñecín a unha persoa á que lle apaixoa este prato e deixeime levar. 

Así foi como conectei co arroz, co peixe cru, cos mariscos, coa salsa de soia... E iso que manexar os palillos supuxo para min un reto á altura de vocalizar correctamente a primeira estrofa do Wannabe das Spice Girls.

Para comer o sushi non debemos usar coitelo e garfo pero pola contra si se pode comer coas mans, de feito orixinalmente era un prato pensado para iso. O que peor levo do sushi é que se come dun só bocado. Eu son desas persoas que parte a comida en milleiros de anacos... pero paréceme maxia a mestura de sabores que se producen cando comes este manxar xaponés.

De tódalas variedades de sushi as que máis me gustan son nigiri e uramaki. Confeso tamén que adoro o arroz branco por iso este prato entrou tan ben na miña dieta.

Se me aceptades unha recomendación non abusedes da salsa de soia pois para min, en exceso, réstalle sabor ao prato. Eu por exemplo tampouco o como con wasabi pero isto xa é algo máis persoal porque non me levo moi ben co picante.

Probei en varios sitios pero onde rematei de namorarme do sushi foi nun local que hai en Praia América, en Nigrán, e que se chama “Sushi Beach”, por se algún dia vos coincide pasear pola zona. Xa sabedes, non vos agobiedes cos palillos que o sushi cómese coa man, como o churrasco.
 

Patricia Santana

Patricia Santana

Son xornalista, licencieime no 2011 na Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente podedes verme cada venres presentando o concurso “Recantos de Ouro” no programa Luar. Compaxino o meu traballo coas miñas clases de pandeireta e canto e baile tradicional na escola compostelá Brincadeira. A miña paixón é o rural e a miña debilidade Paradiña, a miña aldea. Podedes encontrarme no Instagram buscando por @patri_fsantana

En anteriores obsesións...

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.