Violentos Anos Vinte. Sons e ritmos latinos
Reguetón, cumbia, bachata, merengue... e todo o que algunha vez bailamos nunha discoteca, unha orquestra ou na casa. Desta vez é momento de falar de ritmos que proveñen das culturas latinas, de culturas en principio alleas á nosa; pero que inflúen na nosa música máis recente. Veñen ao estudio Adri, Héctor e Iván de Lontreira para explicarnos como elus incorporan estes sons aos seus temas e, por suposto, para falar do seu primeiro álbum, Apnea. Tamén nos acompaña Berto, experto na materia.
Créditos
Un podcast sobre música galega de xente inqueda (que non violenta!) e conversa pacífica presentado por Celia Eiras, Anxo Fariñas e Daniel Portela, coa colaboración de Nuno Pico e Berto Mira