'Outros corpos' Ataque Escampe retorce a rabia dos "25" de Grande Amore

O que no debut de Grande Amore era un rock and roll berrado sobre a desorientación dos vinte e cinco anos é aquí un rap achegado ao post-punk que evoca outro momento vital. Se a canción orixinal estaba marcada pola dúbida e a espera “a que un día pase algo”, a reescrita de Ataque Escampe, que recontextualiza e engade versos á orixinal, recolle a súa rabia, pero lévaa ao punto de vista de alguén que aprendeu (máis ou menos) a gozar dos praceres dunha vida tranquila, coma o xadrez online e as clases de baile latino.

"25" é o primeiro adianto de Outros corpos, un EP en vinilo no que Ataque Escampe e Grande Amore se rouban cancións mutuamente para retorcelas.

Producido, gravado e mesturado polo Hevi no Laboratorio Soyuz e masterizado por Cem Oral en Jammin Masters, ‘25’ chega tamén cun videolcip dirixido por David Silva e protagonizado por Roi Vidal e Paku Granxa.

O proxecto terá unha presentación en directo: o domingo 25 de outubro no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela.

Créditos

Un videoclip de David Silva
Producida por Hevi
Con Paku Granxa e Roi Vidal
Agradecementos: Xosé Manuel Fernández, Moncho Nela (Casino de Lalín), Javier Luaces (Camareiro)
Adaptación dunha canción de Grande Amore incluída no split Outros corpos (2026, Tremendo Audiovisual/Ernie Records).

Tamén che interesa

  • Miudiño Sessions

    Miudiño Sessions: Ataque Escampe

    Chega unha nova entrega das Miudiño Sessions con Ataque Escampe, unha das formacións máis senlleiras da escena e pioneiros da necesaria renovación lírica e estilística que ten experimentado a música galega das últimas dúas décadas.

     Nas ruínas do que en tempos foi a maior fábrica de vasoiras da Europa occidental -hoxe transmutada en improvisado museu de arte urbana- o agora sexteto quixo facer un percorrido vital polo seu inabarcable repertorio, enfiando clásicos coma "Noites de agosto" ou "Papá borracho" con novas pezas do seu recente Cabalgata e sorpresas coma a reinvención de "A vitoria" en clave de bachata

    Música
  • Ataque Escampe: «Atopamos máis interese nos grises»

    A amizade, o amor e a perda son temas universais. O que marca a diferenza é como se abordan. Por iso Ataque Escampe chegan tan fondo con Cabalgata, porque falan de nós –de todas nós– no aquí e no agora. Un brinde por todos os losers que foden coas fiestras pechadas e van sumando penas e perdas sen renunciar á ledicia, escoitade o disco e o comprenderedes. O agora hai que quererse máis que nunca de “Lamborghini”, o primeiro tema que coñecemos do álbum, xa nolo sabemos. Imos repasar as dez novas cancións deste oitavo disco de estudio do grupo con Samuel Solleiro. 

    Música
  • Café Derby 21. Temporada 4

    Café Derby 21. O amor, con Grande Amore

    Chegou o momento de falar dun dos temas máis agardados: ️o amor. Grazas á publicación de certa carta de certo mandatario na que recoñecía estar fondamente namorado da súa muller, decidimos actuar e montar un comité de urxencia para abordar o tema de namorarse e demais. Por iso quixemos conversar con Grande Amore, amigo histórico do Café Derby 21, nun programa gravado en directo no Parador de Vilalba como parte da programación do FIV.

    Podcast

    Co patrocinio de

  • Como envellecerá Grande Amore? Todos os seus corpos imaxínaos Xaime Miranda

    E cantos vraos me quedan dentro deste corpo? Que sempre estou queimando, pero non importa, se na terra, cando chova, do meu corpo van nacer outros corpos. Nuno Pico, Grande Amore, presenta un novo adianto do que será o seu segundo álbum, II. "Do meu corpo van nacer outros corpos" vén acompañada deste videoclip asinado por Xaime Miranda que mostra todos os corpos que terá (ou non) o de Burela 

    Música

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.