Como envellecerá Grande Amore? Todos os seus corpos imaxínaos Xaime Miranda

E cantos vraos me quedan dentro deste corpo? Que sempre estou queimando, pero non importa, se na terra, cando chova, do meu corpo van nacer outros corpos. Nuno Pico, Grande Amore, presenta un novo adianto do que será o seu segundo álbum, II. "Do meu corpo van nacer outros corpos" vén acompañada deste videoclip asinado por Xaime Miranda que mostra todos os corpos que terá (ou non) o de Burela grazas á intelixencia artificial. Gravado en diferentes localizacións do Milladoiro, nas inmediacións do Polígono da Costa Vella de Santiago, en Pontecesures e «nun sitio que parecía o Pantano de Susqueda», nel aparecen tamén mariagrep e Clara Redondo, que acompañan a Grande Amore nos directos. 

Créditos

"Do meu corpo van nacer outros corpos" é unha canción de Grande Amore.

 

Videoclip de Xaime Miranda.

 

A canción foi producida por Carlangas. 

 

Voces gravadas por Raúl Pérez en La Mina, onde tamén fixo a mestura. 

 

O máster foi a cargo Cem Oral en Jammin' Masters. 

 

Ao abeiro de Ernie Records.

Máis Vinte

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.