“Ontes fun moi malo”, un ‘western’ para a resaca de Grande Amore

Grande Amore presenta "Ontes fun moi malo", primeiro adianto do seu novo disco, Grande Amore III, producido por Jacobo Naya que verá a luz nos vindeiros meses.

Un tema que combina elementos do rock, o punk e o glam, inspirado no “Denim Demon”, de Turbonegro, pero co selo de Grande Amore, o proxecto de Nuno Pico xunto a Clara Redondo e mariagrep.

‘Ontes fun moi malo’ é unha reflexión en horas de resaca. Un tema rápido, potente, con actitude rebelde en cada acorde, fuzz nas guitarras, e ruído, ruído, ruído. Moito ruído. Soa como a túa cabeza cando te acabas de levantar, cando lembras que onte á noite mesturaches demasiado. Cando alguén che conta que fixeches. Cando te preguntas por que. Absoluta distorsión, explican desde o sello discográfico Ernie Records.

O tema preséntase cun videoclip dirixido por Xaime Miranda e rodado nas parroquias de Frexulfe e Santo Tomé, no Valadouro, na casa de Nuno Pico. Unha das localizacións é a Taberna do Pote de Frexulfe, que estivo, durante anos, rexentada polos seus avós. Foi precisamente con eles cos que naceu o goce de Nuno coas películas de vaqueiros.

Os personaxes que aparecen nesta peza audiovisual non son actores. O propio Nuno Pico definiu o elenco como un ‘all star’ dos seus 30 anos no mundo. Está a súa familia, os seus veciños, os seus amigos e, por suposto, Clara Redondo e mariagrep. 

Créditos

"Ontes fun moi malo" é o pimeiro adianto de "Grande Amore III", un disco producido por Jacobo Naya en Casa Talisio.

Está baseada en "Denim Demon" de Turbonegro, unha canción do Ass Cobra, álbum de 1996.

VÍDEO 

Unha produción de Ernie Records. 

Dirixido por Xaime Miranda.

 Produción: Marta Caride, Nuno Pico.

 Director de Fotografía: Arián Quinteiro. 

Axudante de Dirección: Alejandro Rodríguez. 

Auxiliar de Dirección: Clara Maseda. 

Arte: Manuel Miranda, Lucía Freire. 

Vestiario: Sofía Seijas. 

Maquillaxe: Maite Señoráns. 

Wrangler: Xerardo Rodríguez. 

Axudante de Cámara: Rubén Pérez. 

Auxiliar de Cámara: Ángel Señoráns. 

Eléctricos: Alex Koch, Thomas Schwarz. 

Montaxe: Xaime Miranda. 

Cor: Ana Alborés. 

VFX: Antón Miranda.

Tamén che interesa

  • Café Derby 21. Temporada 4

    Café Derby 21. O amor, con Grande Amore

    Chegou o momento de falar dun dos temas máis agardados: ️o amor. Grazas á publicación de certa carta de certo mandatario na que recoñecía estar fondamente namorado da súa muller, decidimos actuar e montar un comité de urxencia para abordar o tema de namorarse e demais. Por iso quixemos conversar con Grande Amore, amigo histórico do Café Derby 21, nun programa gravado en directo no Parador de Vilalba como parte da programación do FIV.

    Podcast

    Co patrocinio de

  • Como envellecerá Grande Amore? Todos os seus corpos imaxínaos Xaime Miranda

    E cantos vraos me quedan dentro deste corpo? Que sempre estou queimando, pero non importa, se na terra, cando chova, do meu corpo van nacer outros corpos. Nuno Pico, Grande Amore, presenta un novo adianto do que será o seu segundo álbum, II. "Do meu corpo van nacer outros corpos" vén acompañada deste videoclip asinado por Xaime Miranda que mostra todos os corpos que terá (ou non) o de Burela 

    Música
  • Vinte no patio Violentos Anos Vinte

    Violentos Anos Vinte. A música galega alén das fronteiras

    Isto é un podcast sobre música galega. E non calquera música: a dos novos anos vinte, que xa non son felices, senón violentos. Buscamos ser un espello do que está sucedendo ao noso carón: grupos tocando nos locais das nosas cidades e artistas novos creando música na súa habitación. Queremos habilitar un espazo aberto á conversa –sempre pacífica, malia que o título engane– arredor da escena musical galega. Presentado por Celia Eiras, Anxo Fariñas e Daniel Portela, e coa colaboración dos artistas Grande Amore e Berto.

    Podcast

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.