'O coidado'. Presentamos o trailer da segunda curta de Miguel Canalejo

Presentamos en exclusiva o trailer de O coidado, segunda curtametraxe como director e guionista de Miguel Canalejo, a quen coñecemos como actor en series e programas de televisión e tamén na dirección da web serie Clara Cortés ou como protagonista e guionista de Xan, webserie dirixida por Lucía Estévez. 

O coidado é un conto arredor da irrupción das intelixencias artificiais nas nosas vidas e o seu efecto nas relacións interpersonais. É unha historia que fala da vulnerabilidade dos nosos maiores, da dificultade de deixarse coidar e das distancias que a masculinidade normativa xera entre pais e fillos. 

O proxecto naceu no Obradoiro de escrita de guión no FicBueu 2021 e recibiu a Axuda de promoción de talento da AGADIC no 2022. No reparto temos a Tatán R. Cunha, Alejandro Jato, Gemma do Carmo, Gloria Marín, Santi Cuquejo e Xoán Fórneas. A súa estrea está prevista nas vindeiras semanas. 

Créditos

Guión e dirección: Miguel Canalejo
Axudante de dirección: Bea Villar
Script: Alba Otero Dacal
Producido por: Miguel Canalejo e Bea Villar
Dirección de produción: Bea Villar 
Axudante de produción: Daniel Magues 
Dirección de fotografía: Miguel Gomar 
Axudante de cámara: Arantxa R. Ponte 
Gaffer: Miguel Sambréijome 
Son directo: Xandre Táboas Giráldez
Dirección de arte e vestiario: “Toni” Antía Carreira Vázquez
Equipación deportiva cortesía de: C.C.R.D. PERLÍO – Maite Martínez 
Maquillaxe e perruquería: Alexandra Vecino Pérez
Montaxe: Laura Piñeiro 
Postproducción de son: Xandre Táboas Giráldez
Cor: Leticia T. Blanco 
DCP: Leticia T. Blanco 
Coordinación de postprodución e vfx: Miguel Gomar 
Banda sonora orixinal: Luís Álvarez Cabado

Máis Vinte

  • A obsesión de Miguel Canalejo: as Escape Rooms

    Estreamos unha nova sección: OBSESIÓNS, na que queremos que distintas persoas compartan connosco as teimas pop que máis as obsesionan ultimamente. Comezamos polo actor coruñés Miguel Canalejo, a quen coñeceredes polas series Serramoura ou Cuéntame. En breve verémolo como o silente protagonista dunha webserie: ‘Xan’.

    Obsesións
  • Vinte no patio Café Derby 21. Temporada 3

    Café Derby 21. A INIMIZADE, con Lucía Estévez e Miguel Canalejo

    Logo dun fin de temporada inesperado, queremos retomar o fío que alí tendemos. As persoas privilexiadas puideron escoitar o noso programa adicado á amizade, por iso agora queremos facer o oposto. Abrimos a terceira tanda de Café Derby 21 parolando en directo no Café Universal da Coruña sobre: 🔥A INIMIZADE🔥

    Para iso contamos con parte da nosa familia, Lucía Estévez e Miguel Canalejo, dúas persoas 360 do audiovisual galego. Recordamos a historia de Joan Crawford e Bette Davis para reflexionar sobre egos, pelexas de divas, inimizade patriarcal ou rivalidade de prensa

    Podcast
  • Trailer de 'Xan', a webserie de Lucía Estévez e Miguel Canalejo

    «Xan non é un millenial calquera. Ten un superpoder. Conta coa capacidade de non dicir nada. Non foi picado por unha araña radioactiva silenciosa. A súa realidade, simplemente, deixouno sen palabras.» Estreamos en exclusiva o trailer de 'Xan' logo da súa premiere no pasado Carballo Interplay, onde gañou o premio a proxecto de webserie en galego na edición anterior do festival. Poderedes ver os tres primeiros capítulos da serie en Youtube a partir do 18 de decembro.

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.