Café Derby 21. A INIMIZADE, con Lucía Estévez e Miguel Canalejo

😈Estamos de volta😈 Logo dun fin de temporada inesperado, queremos retomar o fío que alí tendemos. As persoas privilexiadas puideron escoitar o noso programa adicado á amizade, por iso agora queremos facer o oposto. Abrimos a terceira tanda de Café Derby 21 parolando en directo no Café Universal da Coruña sobre: 🔥A INIMIZADE🔥

Para iso contamos con parte da nosa familia, Lucía Estévez e Miguel Canalejo, dúas persoas 360 do audiovisual galego. Recordamos a historia de Joan Crawford e Bette Davis para reflexionar sobre egos, pelexas de divas, inimizade patriarcal ou rivalidade de prensa.

Tamén falamos sobre o «Enemies to lovers», o que vén sendo de inimigos a amantes. Con varios exemplos populares e apoio psicolóxico, debatemos sobre como facer unha relación amorosa non tóxica cando namoras desa persoa que detestas.

Taylor Swift, Kanye West, Stalin e Plutarco asomaron polo programa para explicar unha nova fonte de enerxía renovable: a loita por gañar ao inimigo. Cada un de nós expón a súa teoría sobre se é positivo ou non alimentarse do inimigo e procurar gañarlle sempre para asegurar que dás o 100% de ti 💪

Créditos

O Café Derby é unha sobremesa cultural e virtual. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un convidado ou convidada cada semana. 

 

Co patrocinio de PuntoGal e Deleite.

En cafés anteriores

  • Café Derby 21. Alba Doval, os non lugares e ir de "resort"

    No Café Derby 21 desta semana parolamos coa poeta e tradutora Alba Doval sobre a importancia dos fogares e lugares vitais. Ela vén de publicar o poemario 'Unidade' (Rodolfo e Priscila), no que reflexiona arredor dos non lugares e os espazos que vertebran a nosa vida para ben e para mal.

    Podcast
  • Café Derby 21. Meiga-i, transformismo e cosmopaletas

    Para achegarnos ao universo do transformismo desde a galeguidade, hoxe contamos cunha académica da súa arte: a drag pandereteira Meiga-i. Xunto a ela repasamos a súa propia orixe e vida, pero tamén os significados das identidades, o que significa esa arte e oficio, a precariedade do sector ou a súa función de entretemento e diversidade. Tamén falamos de cabaret e teatro, do mes do Orgullo e de como se atopa Galicia e as súas drags en pleno ano 2022. 

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.