Café Derby 21. Alba Doval, os non lugares e ir de "resort"

En cantas casas fixeche vida? Digamos, cantas habitache? Transformáronse en fogares? Foron espazos de dor e trauma ou de felicidade? As casas, como concepto, son un conxunto de valores e significados no que conviven as familias, os medos, os caseiros e os demos no corredor a escuras.

 

Sobre a importancia dos fogares e lugares vitais parolamos coa poeta e tradutora Alba Doval, que vén de publicar o poemario 'Unidade' (Rodolfo e Priscila), no que reflexiona arredor dos non lugares e os espazos que vertebran a nosa vida para ben e para mal.

 

Tamén falamos sobre as primeiras veces, a existencia ou non das vacacións, dos pisos universitarios, que tipo de viaxes e turismo nos gustan máis, de voltar ao fogar dos pais ou dun edificio de Le Corbusier en Marsella. 

Créditos

O Café Derby é unha sobremesa cultural e virtual. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un convidado ou convidada cada semana. 

 

Co patrocinio de PuntoGal e Deleite.

En cafés anteriores

  • Café Derby 21. Meiga-i, transformismo e cosmopaletas

    Para achegarnos ao universo do transformismo desde a galeguidade, hoxe contamos cunha académica da súa arte: a drag pandereteira Meiga-i. Xunto a ela repasamos a súa propia orixe e vida, pero tamén os significados das identidades, o que significa esa arte e oficio, a precariedade do sector ou a súa función de entretemento e diversidade. Tamén falamos de cabaret e teatro, do mes do Orgullo e de como se atopa Galicia e as súas drags en pleno ano 2022. 

  • Café Derby 21. Gabri Fuentes, FOMO e a necroporra de Isabel II

    Esta semana falamos con Gabri Fuentes, xornalista e moito máis, cara visible das noticias exprés na TVG. Xunto a el falamos de textos curtos, de titulares rechamantes, de informar a través de TikTok ou da atención que lles prestamos ás cousas. Tamén parolamos do FOMO (ter medo a quedar fóra da conversa), de borrarse as redes sociais, do exceso de información, de desconexión e felicidade. Tivemos tempo para afondar no tema da dobraxe audiovisual en galego, do catálogo de Netflix, da Patrulla Canina e demais.

    Podcast
  • Café Derby 21. Xosé A. Touriñán, viaxar para comer e as marionetas perdidas

    Case se podería afirmar que hai algo común a todas as persoas: o gusto polo bo comer. E, do mesmo xeito, afirmaríase que nalgún momento todo ser humano se cruzou cun documental ou programa de viaxes que amosaba outra cara dun lugar, outros monumentos para visitar. E no punto medio de ambas cuestións atópanse eses formatos que combinan ambas realidades: o viaxar para comer. Sobre isto falamos esta semana co actor e cómico Xosé A. Touriñán, que vén de presentar xunto a Marta Hazas a segunda temporada de "Rutas Bizarras".

    Podcast

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.