Café Derby 21. Gabri Fuentes, FOMO e a necroporra de Isabel II

Din que a vida poder mudar nun só segundo, que toma iso e menos para que todo vaia a mellor ou peor. Nos tempos actuais de atención limitada os segundos custan coma o ouro e canto máis se acumulan, máis valor collen. Son moitos os formatos no que o tempo toma parte: da eternidade dun cadro aos 15 segundos dun TikTok. Pero na adaptación está o segredo, por iso moitos medios de comunicación están comprimindo os seus contidos e noticias a un minuto ou menos.

 

Esta semana falamos con Gabri Fuentes, xornalista e moito máis, cara visible das noticias exprés na TVG. Xunto a el falamos de textos curtos, de titulares rechamantes, de informar a través de TikTok ou da atención que lles prestamos ás cousas.

 

Tamén parolamos do FOMO (ter medo a quedar fóra da conversa), de borrarse as redes sociais, do exceso de información, de desconexión e felicidade. Tivemos tempo para afondar no tema da dobraxe audiovisual en galego, do catálogo de Netflix, da Patrulla Canina e demais.

Créditos

O Café Derby é unha sobremesa cultural e virtual. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un convidado ou convidada cada semana. 

 

Co patrocinio de PuntoGal e Deleite.

En cafés anteriores

  • Café Derby 21. Xosé A. Touriñán, viaxar para comer e as marionetas perdidas

    Case se podería afirmar que hai algo común a todas as persoas: o gusto polo bo comer. E, do mesmo xeito, afirmaríase que nalgún momento todo ser humano se cruzou cun documental ou programa de viaxes que amosaba outra cara dun lugar, outros monumentos para visitar. E no punto medio de ambas cuestións atópanse eses formatos que combinan ambas realidades: o viaxar para comer. Sobre isto falamos esta semana co actor e cómico Xosé A. Touriñán, que vén de presentar xunto a Marta Hazas a segunda temporada de "Rutas Bizarras".

    Podcast
  • Café Derby 21. Helena Girón e Samuel Delgado, 'Eles transportan a morte' e a cabeza de Colón

    Os cineastas Helena Girón e Samuel Delgado, convidados desta semana,  falan no filme 'Eles transportan a morte' desa conexión interna e externa na pantalla entre Galicia e as Illas Canarias a través dos camiños persoais, de meigas e curandeiras ou de guachinches e furanchos. Con eles parolamos sobre Cristóbal Colón e as consecuencias presentes daquela expedición que cambiou o rumbo da Historia, de colonialismo, de facer cinema poético e intercalalo coas novidades de Marvel e de non subestimar a intelixencia do público.

    Podcast
  • Café Derby 21. Bernardo Pajares, Arte Compacto e o retrato de Chayanne

    Durante uns anos Bernardo Pajares, o convidado desta semana, gardou con mimo a seguridade de obras penduradas no Museo del Prado. Logo decidiu que debía facer máis e comunicar, falar desas obras e das outras pinacotecas que visitaba. Así xurdiu o podcast Arte Compacto, un referente que  tamén se pode escoitar en Radio Nacional, ao que tempo despois se uniu Juanra Sanz, compañeiro de vida. Xunto a Bernardo falamos sobre a mocidade e os museos, como é contar arte a quen non a está vendo, sobre a importancia da representación na arte e de dar contexto actual a historias do pasado ou sobre o factor político da arte.

    Podcast

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.