Café Derby 21. Helena Girón e Samuel Delgado, 'Eles transportan a morte' e a cabeza de Colón

Hai episodios da Historia que deliberadamente permanecen agochados baixo as grandes narrativas que vertebran o pasado de persoas, países e sociedades. Unha data fundamental nos libros desa materia na escola é 1492, fin de ciclo e apertura a un Novo Mundo para o Vello Continente. Pero tanto antes como despois de chegar a América houbo probas, ensaios e réplicas de como facer conquistas en lugares como Canarias, que viviu a súa propia colonización.

 

Este episodio recupérase de xeito lixeiro no galardoado filme Eles transportan a morte, dos cineastas Helena Girón e Samuel Delgado, convidados desta semana que falan desa conexión interna e externa na pantalla entre Galicia e as Illas Canarias a través dos camiños persoais, de meigas e curandeiras ou de guachinches e furanchos.

 

Con este filme foron capaces de chegar ata o festival de Venecia, San Sebastían ou Rotterdam, e desa experiencia tamén aproveitaron para falar no programa, aínda que o escenario máis importante para eles fose o do Curtocircuíto.

 

Xunto a este par de cineastas parolamos sobre Cristóbal Colón e as consecuencias presentes daquela expedición que cambiou o rumbo da Historia, de colonialismo, de facer cinema poético e intercalalo coas novidades de Marvel ou de non subestimar a intelixencia do público.

Créditos

O Café Derby é unha sobremesa cultural e virtual. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un convidado ou convidada cada semana. 

 

Co patrocinio de PuntoGal e Deleite.

En cafés anteriores

  • Café Derby 21. Bernardo Pajares, Arte Compacto e o retrato de Chayanne

    Durante uns anos Bernardo Pajares, o convidado desta semana, gardou con mimo a seguridade de obras penduradas no Museo del Prado. Logo decidiu que debía facer máis e comunicar, falar desas obras e das outras pinacotecas que visitaba. Así xurdiu o podcast Arte Compacto, un referente que  tamén se pode escoitar en Radio Nacional, ao que tempo despois se uniu Juanra Sanz, compañeiro de vida. Xunto a Bernardo falamos sobre a mocidade e os museos, como é contar arte a quen non a está vendo, sobre a importancia da representación na arte e de dar contexto actual a historias do pasado ou sobre o factor político da arte.

    Podcast

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.