Café Derby 21. Patri e Veva, mulleres creativas e os colares de neta e avoa

Nesta nova onda de atender á tradición pódese caer no risco de esquecer a historia máis aló do estético e do artístico. Sen o trasfondo humano de quen crea non hai renovación posible. Por iso esta semana achegámonos ao oficio tradicional das colareiras dun xeito especial.

En riguroso directo desde o auditorio do Grove e como parte do festival Mulleres Creativas 2022 do colectivo Grovemakers, Café Derby 21 recibe a súa convidada máis lonxeva ata a data: a colareira octoxenaria e estrela de TikTok Veva, e tamén a súa neta e compañeira de aventuras Patri B. Dopazo, comunicadora e colareira.

Xunto a elas falamos do seu oficio, de como se realiza e as súas orixes, de clandestinidade e resistencia, de turismo, de memoria histórica, dos materiais para facer colares. Tamén parolamos de achegarse ás redes para divulgar, das megaindustrias que devoran a tradición e quedou tempo para algunha que outra cantiga.

Créditos

O Café Derby é unha sobremesa cultural e virtual. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un convidado ou convidada cada semana. 

 

Co patrocinio de PuntoGal e Deleite.

En cafés anteriores

  • Café Derby 21. Alba Doval, os non lugares e ir de "resort"

    No Café Derby 21 desta semana parolamos coa poeta e tradutora Alba Doval sobre a importancia dos fogares e lugares vitais. Ela vén de publicar o poemario 'Unidade' (Rodolfo e Priscila), no que reflexiona arredor dos non lugares e os espazos que vertebran a nosa vida para ben e para mal.

    Podcast
  • Café Derby 21. Meiga-i, transformismo e cosmopaletas

    Para achegarnos ao universo do transformismo desde a galeguidade, hoxe contamos cunha académica da súa arte: a drag pandereteira Meiga-i. Xunto a ela repasamos a súa propia orixe e vida, pero tamén os significados das identidades, o que significa esa arte e oficio, a precariedade do sector ou a súa función de entretemento e diversidade. Tamén falamos de cabaret e teatro, do mes do Orgullo e de como se atopa Galicia e as súas drags en pleno ano 2022. 

  • Café Derby 21. Gabri Fuentes, FOMO e a necroporra de Isabel II

    Esta semana falamos con Gabri Fuentes, xornalista e moito máis, cara visible das noticias exprés na TVG. Xunto a el falamos de textos curtos, de titulares rechamantes, de informar a través de TikTok ou da atención que lles prestamos ás cousas. Tamén parolamos do FOMO (ter medo a quedar fóra da conversa), de borrarse as redes sociais, do exceso de información, de desconexión e felicidade. Tivemos tempo para afondar no tema da dobraxe audiovisual en galego, do catálogo de Netflix, da Patrulla Canina e demais.

    Podcast

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.