A inmensidade do mar, en pantalla grande 'Fomos ficando sós' chega aos cinemas

A inmensidade do mar e unha deliciosa música protagonizan as primeiras imaxes e acompañan o espectador ao longo desta viaxe. Adrián Canoura embarca ao Gran Sol, por fin, xunto a seu pai, patrón de pesca de altura, no barco familiar “Raúl Primeiro”. Entre o cinema ensaio, o documental e a exploración sensorial, Fomos ficando sós constrúe unha travesía emocional entre Adrián Canoura e o seu pai que pecha as feridas da distancia entre ambos e cumpre o soño –compartido- de levar o temón do barco. 

Fomos ficando sós chega ás salas de cine este venres, 27 de novembro, tras un percorrido por festivais nacionais e internacionais que inclúe a súa estrea mundial no Festival Internacional de Cinema Documental de Ámsterdam (IDFA).  O primeiro pase será nos Cines Viveiro, coa presenza do director, este venres 27 de novembro, ás 21:00 h.

Créditos

Dirección: Adrián Canoura
Produción: Zeitun Films
Guión: Adrián Canoura e Aldara Pagán
Dirección de fotografía: Arancha Brandón
Montaxe: Iria Silvosa
Deseño sonoro e música: Anxo R. Ferreira
Cartel: Artur Galocha

Tamén che interesa

  • 'Fomos ficando sós' Canoura singra o mar dos afectos perdidos na súa primeira longametraxe

    Inabarcable. A inmensidade do mar e unha deliciosa música protagonizan as primeiras imaxes e acompañan o espectador ao longo desta viaxe. Adrián Canoura embarca ao Gran Sol, por fin, xunto ao seu pai, patrón de pesca de altura, no barco familiar “Raúl Primeiro”. Alí grava o día a día dun barco pesqueiro e fai realidade a súa primeira longametraxe. Inspirado polos versos de Manuel Antonio executa unha peza documental de carácter experimental coa que pecha as feridas da distancia entre pai e fillo e cumpre o soño –compartido- de levar o temón do barco. 

    Cinema
  • Electrónica. Nistra levan ao Sónar os sons caboverdianos de Burela

    Será este xoves 18 cando o proxecto de Adrián Canoura e Anxo Rodríguez poña a bailar os asistentes ao Festival Internacional de Música Avanzada de Barcelona. Unha boa ocasión para volver disfrutar da proposta dos de Burela que mestura a electrónica, os visuais e os ritmos caboverdianos da comunidade negra da Mariña.

    Música
  • Arancha Brandón dispáralles aos estereotipos

    Máis que chegar ao mundo da moda, foi a moda a que entrou aos poucos no seu maxín. E o seu interese foi crecendo na medida en que se decataba do seu propio corpo. Arancha Brandón asina cada proxecto cun recoñecemento: será a protagonista da sección Terra do Festival Curtocircuíto e o seu traballo foi seleccionado por PhotoVogue como novo talento para expor en Milán. «Desde que comecei a traballar en moda tiña claro que non era para formar parte dun sistema que consolide estereotipos», asegura.  E como executar esa revolucion? Disparando sen parar.

    Fotografía

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.