La leyenda del tiempo. Xosé Lois Romero & Aliboria reinterpretan a Lorca e a Camarón

"Nadie puede abrir semillas en el corazón del sueño", escribiu hai case un século Federico García Lorca. Esas sementes abríronse en canal cando Camarón de la Isla levou aqueles versos á súa voz, revolucionando canda o seu produtor Ricardo Pachón o flamenco nun momento no que a ortodoxia do xénero era extrema e as olladas aperturistas mirábanse con incluso más receos que agora.

Algo similar ao que levan anos vivindo Xosé Lois Romero & Aliboria, un proxecto tamén revolucionario para a música tradicional galega, xuntando distintos códigos nas súas actuacións en solitario e tamén acompañando en directo a Baiuca ou Vetusta Morla. Agora os camiños de Camarón e de Aliboria quedan cruzados para seempre coa versión deste himno universal do flamenco, que vén acompañada dun fantástico videoclip realizado por Adrián Canoura, creador audiovisual que adoita acompañar a Baiuca. 

Créditos

Letra: Federico García Lorca / Música: Ricardo Pachón Capitán / Versión orixinal: Camarón de la Isla 

 

Arranxo e dirección: Xosé Lois Romero 

 

Gravación, mestura e masterización: Rubén Montes (DISQUESI Studio) 

 

Videocreación: Adrián Canoura

 

 Deseño da portada: Mariaxe Colaxe 

 

Voces e percusión: María Montero (solista), Alejandra Montero, Andrea Montero, Mariana Montero, Belem Tajes, Cristina Sánchez e Noa Migal. 

 

Percusión: Jorge García, Antonio Prado, Ramón Dopico e Xosé Lois Romero. 

 

Edición e management: Raso Estudio

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.