Vinte agasallos para mercar 'online' neste Nadal de 2025

VINTE

Chegan as festas e todo son présas para buscar agasallos... pois velaquí tes a nosa proposta: vinte ideas de regalos para este Nadal nunha lista ben cumprida e non patrocinada. Desde gastronomía, abonos para festivais, xoias, manualidades, xogos, libros ou mesmo unha pandeireita, que xa sabemos que este ano picou o becho en máis dunha. Todo para mercar no comercio online galego.
E -non está na proposta- pero se gustades dos contidos que facemos, podedes darnos un chisco de apoio e cariño cunha achega a VINTE  e/ou PRAZA.  Grazas por nos ler!

Chegan as festas e todo son présas para buscar agasallos... pois velaquí tes a nosa proposta: vinte ideas de regalos para este Nadal nunha lista ben cumprida e non patrocinada. Desde gastronomía, abonos para festivais, xoias, manualidades, xogos, libros ou mesmo unha pandeireita, que xa sabemos que este ano picou o becho en máis dunha. Todo para mercar no comercio online galego.
E -non está na proposta- pero se gustades dos contidos que facemos, podedes darnos un chisco de apoio e cariño cunha achega a VINTE  e/ou PRAZA.  Grazas por nos ler!

  • 01

    Bonecos Trubincos: Os trasnos do Nadal galego

    24,95 €

    Eles son Severino e Sefita dous trubincos que se dedican a remexar en todo canto hai. Nesta época da invernía hai seres extraordinarios percorrendo as noites. Conta a tradición, recollida na parroquia pontevedresa de San Martiño de Salcedo, que na Noiteboa, unha caste de trasnos chamados Trubincos escorregan pola cheminea, entran no fogar e enredan remexendo as cousas da casa, causando ruídos misteriosos e facendo falcatruadas.

    Os bonecos van dentro dunha caixa cos textos que explican a historia destes trasnos. 29cm de alto. Deseñado por Leandro Lamas. 100% poliéster. Feito a man.

    Mercar

  • 02

    Kit de Nadal: marionetas para dedos de amigurumi

    32,90 €

    Realiza este simpático kit do Nadal ideais para xogar coas crianzas. Un agasallo creativo para fans das manualidades. Mercería La Crisálida, na Coruña, comercializa numerosos kits de amigurumi, crochet e bordado, ideais para principiantes e amantes do crochet. Cada kit inclúe todo o necesario para crear adorables bonecos tecidos a man: nobelos de fío 100% algodón, gancho, agulla laneira, ollos de seguridade, recheo.

    Comprar

  • 03

    Colar ‘Cantares Gallegos’, de Ana Miguéns

    50 €

    Colar inspirado na obra de Rosalía de Castro. Realizado de maneira artesanal con arxila polimérica, coiro e tecido téxtil. O colar ten unha cadea de eslabóns en dourado, para acadar o longo desexado. A vilagarciá Ana Miguéns crea obras coloristas e alegres en forma de xoias e complementos que xa foron a exposicións nacionais e contan cada vez con máis demanda. Comercializa Ela Diz.

    Comprar

  • 04

    Libro ‘Bruxas e dragóns: Baba Iagá’

    18,95 € 

    Un libro que non só se le… tamén se xoga! Neste volume, o primeiro da colección, quen le convértese en protagonista absoluto da aventura. A partir da súa ficha persoal de personaxe, poderá decidir se seguir o Camiño da Espada ou o Camiño da Maxia, escoller obxectos, anotar puntos de vida e intelixencia e lanzarse á acción. Cada páxina é unha decisión: brandir a espada e combater con dados contra terribles criaturas ou aventurarse ou pronunciar arriscados conxuros que poden saír ben… ou moi mal. Ti decides o rumbo da viaxe, ti elixes os perigos que afrontarás e ti deseñas a túa propia historia. Un libro de Ledicia Costas e Luismi Pérez con ilustracións de Bea Gregores. 

    Comprar

  • 05

    Abono Atlantic Fest (Vilagarcía)

    75 €

    Atlantic Fest celebra o seu décimo aniversario este 2026 e imos celebralo como se merece, coas primeiras confirmacións de Franz Ferdinand, Two Door Cinema Club, Nacho Veigas e Carlos Ares, que marcarán o inicio dun ano moi especial. 

    O Festival celebrarase nos días 17, 18 e 19 de xullo na Praia da Concha.

    Comprar

  • 06

    Xogo O Gatipedro

    26 €

    Todos os pobos teñen a súa propia mitoloxía, deuses e seres máxicos que xurdiron para explicar os fenómenos que acontecían e que, á falta dunha explicación científica, eran descrito deste xeito. En Galicia, como non podía ser menos, temos a nosa propia mitoloxía.

    Brazolinda propón este xogo de axilidade mental e velocidade no que cómpre desfacerse das cartas antes que o resto. Para isto, e a través das lendas de oito seres mitolóxicos, teremos que ir botando unhas cartas enriba das outras de maneira que sempre estean relacionadas coas súas propias lendas.

    Comprar

  • 07

    Lata de patacas fritas Bonilla

    20 €

    As patacas fritas Bonilla á vista en lata de 500 gramos case non necesitan presentación. Medio quilo de felicidade, de merendas en familia, de «só unha máis» que se converte en media lata. Un clásico que naceu en Ferrol en 1932 e que acadou grandes doses de popularidade tras aparecer na oscarizada película Parásitos, en 2020.

    Comprar

  • 08

    Novela 'Tamarindo'

    18 €

    Arquipélago de St. Kitts e Nevis. Un home recupera a liberdade xusto no momento no que a súa memoria empeza a esclarecer que foi del nos últimos anos. Unha treboada está a piques de azoutar as illas e a súa vida.

    Xavier Queipo recupera un personaxe das súas obras Malaria sentimental  e Os kowa nunha obra sobre a amizade e a traizón. «Unha trama envolvente e fascinante», dixo desta novela o xurado do Premio Vilar Ponte, que gañou en 2024. Publicado en Aira Editorial.

    Comprar

  • 09

    Teatro: 'Iribarne'

    12 €

    Iribarne é unha investigación escénica sobre unha desas figuras absolutamente imprescindibles do noso pasado recente. Un intento (irreverente) por comprender como chegamos até aquí da man dun político que, nas súas propias palabras, dicía as verdades sen condón. Pero ollo: por máis que o poida parecer, isto non é un biopic sobre Manuel Fraga

    Unha produción de Butaca Zero, dirixida por Xavier Castiñeira.

    Fin de xira: 6 de xuño de 2026, no Auditorio de Galicia (Compostela)

    Comprar

  • 10

    Suadoiro 'Pídechas o corpo'

    34 € 

    Xa chegou o frío oficialmente! Mais se non queres andar a tremar, abrígate cun suadoiro destes tan quentiños, porque teñen felpiña por dentro. 

    Suadoiro de cor negra, de corte unisex, 100% algodón orgánico. Tallas desde o S ata o XL. Un produto do Estudio Brétemas.

    Comprar

  • 11

    Obradoiro de resina mineral

    60 €

    Queres aprender a manexar un material non tóxico e duradeiro que pode adoptar a forma e cor que desexes facilmente? Neste obradoiro de Ruxe explican como manexar esta resina para crear todo tipo de xoias e a mesturala con outros materiais para obter distintos acabados.

    Comprar

  • 12

    Arnés para macetas

    52 €

    Os tradicionais elementos de seguridade para deportes ao aire libre ou traballos en altura, adquiren unha nova dimensión no arnés para plantas. Para o tradicional costume de colgar plantas, Jatafarta propón este elemento de pel, seguro, elegante e duradeiro apto para calquera lugar.

    Comprar

  • 13

    Libro: ‘A Culpa Foi de Zënzar. 35 Anos De Rock En Galego’

    22 €

    Trátase dun proxecto autoeditado de 346 páxinas onde poderedes achegarvos a historia da banda desde o seu xerme máis primario (a banda Átomo a finais dos 70) ata a actualidade.

    Autora: Laura Romero

    Comprar

  • 14

    Kit de autocultivo de pementos de Padrón

    9,90 €

    Goza dos míticos Pementos de Padrón con este kit de autocultivo tan molón. Cada un contén todo o necesario para cultivalos no teu fogar: 1 maceta de xerminación 100% biodegradable, 1 pastilla de fertilizante, 1 bomba de sementes de pementos de padrón e 1 ficha cos coidados necesarios. Segundo explican desde Vaidhé, aproximadamente o 25% resultan particularmente picantes mentres que o resto non pican.

    Comprar

  • 15

    Xogo 'O Picapau'

    49,50 €

    O Picapau é un xogo de mesa no que os e as participantes deben demostrar os coñecementos que teñen sobre Galicia e sobre outros temas de cultura xeral, contestando as cuestións divididas en 4 bloques ou áreas temáticas: lingua e literatura; ciencias, xeografía e recursos; historia, cultura, persoeiros e tradicións e cultura xeral. As tres primeiras categorías son específicas sobre o noso País. O Picapau é unha novidade de OZOCO.gz.

    Comprar

  • 16

    Rural Christmas

    69,50 €

    Casa Grande de Xanceda propón este agasallo, perfecto para compartir con toda a familia nestas datas.  A cesta inclúe os ‘muUuliciosos’ queixos, que poderás acompañar da marmelada extra de froitas do bosque ou a cebola caramelizada, a paleta de landra 100% ibérica e as galletas mariñeiras da Veiga. E para rematar, o turrón con avelás e a sidra achampañada elaborada en Galicia, ou unha infusión que sabe a Nadal.

    Comprar

  • 17

    Lote do mar

    60,30 €

    A cooperativa galega Miudiño propón un agasallo ben interesante para a cativada apaixoada do mar.  O libro ‘Os nosos mares’ e o xogo ‘A pesca de peixes’, feito en madeira artesanalmente, agrupados nun lote no que aprendizaxe e divertimento van parellos, para o desfrute de grandes e pequenos.

    Comprar

  • 18

    Axenda Cartoné 2026

    19,50 €

    Irmás Cartoné presenta a súa nova axenda para o ano vén baixo o nome ‘Mostrario de técnicas para coser, bordar e, no seu caso, zurcir os momentos que compoñerán o ano 2026’. Desta volta, inspirada en mostrarios de técnicas de zurcido europeos e americanos dos séculos XVIII e XIX, cos que compuxeron a colaxe da capa. “Aínda que a nosa intención sexa sempre que as cousas saian «bordadas», moitas veces as circunstancias fan esgazar os plans e cómpre estarmos preparadas para botar un bonito remendo alí onde sexa preciso. E quen sabe?, talvez esas puntadas acaben facendo máis fermoso o tecido dos nosos días”, relatan as editoras.

    Comprar

  • 19

    Abono Festival Osa do Mar (Burela)

    40 €

    Xa se poder mercar a entrada para o Osa do Mar 2026, a XII edición. As primeiras confirmacións para o 2026, que se celebra o 4,5 e 6 de setembro en Burela son Depedro, xmaseda65 e West Srk. 

    A Asociación Cultural Fanto Fantini organiza este festival de música (sin ánimo de lucro) na Mariña de Lugo. No cartel sempre adoita haber unha boa representación de grupos emerxentes, moitos deles galegos.

    Comprar

  • 20

    Pandeireta ilustrada

    199 €

    Da tenda online de Sanín eliximos esta pandeireta ilustrada por Nuria Díaz, co motivo de San Xoán. Pandeireta de 9 pares en madeira de nogueira e ferreñas tradicionais douradas. Coiro impreso. 

    Non nos podiamos resistir a unha peza así no ano das cantareiras e pandeireteiras.

    Comprar

Tamén che interesa

  • Vinte ideas online para agasallar este Nadal

    Libros, bombóns, roupa, xogos, abonos para festivais ou mesmo un curso online de pandeireta. Recompilamos aquí vinte ideas para agasallar este Nadal, que podemos mercar no comercio online galego. Poñede un ollo na lista (non patrocinada), que este ano vén cumpridiña. Se gustades dos contidos que facemos podedes darnos un chisco de apoio e cariño cunha achega a VINTE e/ou PRAZA. Grazas por nos ler!

    VINTE na rede
  • Vinte agasallos para o Nadal 2022 que podes mercar no comercio online galego

    A modo co Black Friday. Garda os cartos e bótalle un ollo a estas ideas para agasallar que vos ofrecemos, mercando produtos galegos de proximidade no noso comercio electrónico, sen ter que ir a Amazon. Hai moita variedade: decoración, complementos, cosmética, roupa, calzado, arte, libros, xoguetes, instrumentos musicais e cousas ricas de comer e beber, todo made in Galicia

    VINTE na rede

    Co patrocinio de

  • Vinte agasallos para este Nadal que podes mercar sen saír da casa

    Rematou o Black Friday, chegou decembro e é hora de mercar con sentidiño pensando no comercio electrónico de proximidade. Cada vez hai máis marcas galegas que fan produtos artesáns de calidade cos que podes quedar de marabilla coa túa xente querida, e para todos os petos. O caso é descubrilas e escoller, pero para iso xa fixemos nós unha escolma das moitas posibles, aplicando o noso ollo editorial aos mellores agasallos que se poden comprar na rede. 

    VINTE na rede

    Co patrocinio de

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.