VINTE con Xeración Sónica: Vermes

Vermes é unha novísima banda formanda por Emma, Anxo, Pablo e Paula, que están aprendendo a tocar como grupo e a compoñer cancións no Local de Música de Pontevedra, e xa fixeron unha das súas primeiras actuacións no Galegote Rock. 

 

Pertencen á Xeración Sónica, un proxecto da Concellaría de Xuventude de Pontevedra no que rapazas e rapaces de entre 13 e 16 anos poñen a andar os seus primeiros grupos de música, titorizados por Violeta Mosquera de Bala (batería e composición), Alejandro Alonso - Bonobo (composición e produción musical) e Gonzalo Maceira (produción musical). O resultado é un total de 6 novas bandas con ganas de aprender, experimentar e pasalo ben xuntas. Nesta serie de vídeos estámolas coñecendo.

Créditos

Realización e edición: Tania Ríos

 

Colaboradoras: Xiana Matos e Ariadna Álvarez

 

Producido por VINTE coa colaboración do Concello de Pontevedra

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.