VINTE con Xeración Sónica: Haku

Martín, Sara, João e Arturo forman Haku, unha das novísimas bandas que compoñen Xeración Sónica e neste vídeo fálannos da súas cancións entre o rock, o pop e o hiphop, do seu proceso de traballo, de todo o o futuro que teñen por diante. 

 

Xeración Sónica é a canteira da música galega que pon en marcha a Concellaría de Xuventude de Pontevedra. Un proxecto no que rapazas e rapaces de entre 13 e 16 anos poñen a andar os seus primeiros grupos de música, titorizados por Violeta Mosquera de Bala (batería e composición), Alejandro Alonso - Bonobo (composición e produción musical) e Gonzalo Maceira (produción musical). O resultado é un total de 6 novas bandas con ganas de aprender, experimentar e pasalo ben xuntas.

Créditos

Realización e edición: Tania Ríos

 

Colaboradoras: Xiana Matos e Ariadna Álvarez

 

Producido por VINTE coa colaboración do Concello de Pontevedra

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.