Vinte almorzando no Castelo Conta
Outra volta á festa é o lema da décimo primeira edición do Castelo Conta, un festival que reivindica un modelo de celebración que pon no centro a capacidade da festa popular para crear comunidade. Máis de sesenta propostas enchen Castelo (Culleredo) na semana do 24 ao 30 de agosto entre música en directo, gastronomía e artes escénicas, sempre co humor moi presente.
Co impulso de Xosé A. Touriñán, veciño do lugar, naceu o Castelo Conta e naceu a asociación do mesmo nome, a que implica toda a veciñanza nun proxecto común que vai máis aló das celebracións do mes de agosto, que se espalla todo o ano para "dinamizar" e manter vivo o rural, convertelo en referente cultural.
Conversamos con Julio Boga, Pilar Torreiro, Iria do Castelo, Noa Ares e Xosé A. Touriñán sobre o que caracteriza a este festival.
Créditos
Imaxe e edición: Castelo Conta
Unha entrevista de Miguel Pardo