Vinte almorzando en Cans con Jaione Camborda
Almorzamos e parolamos no Festival de Cans con Jaione Camborda, guionista, directora e produtora de cinema. Camborda vive en Galicia e fai as súas producións en galego. "Paréceme o máis natural", asegura a vasca, que levou a Cuncha de Ouro no Festival de San Sebastián por O Corno. Jaione Camborda ultima o guión da súa terceira longametraxe, onde segue a buscar a "liberdade e o compromiso co espectador" e con ela mesma, segundo asegura a cineasta, que foi premiada co Pedigree de Honra pola súa traxectoria en Cans.
Créditos
Unha entrevista de Vanesa Vázquez.
Imaxe e edición: Xarda, cooperativa galega de Comunicación.