Vinte almorzando en Cans con Nerea Barros

A voz profunda e serena de Nerea Barros protagoniza este novo almorzo con Deleite, que fixemos no Festival de Cans, onde a actriz e directora recibiu o Chimpín de Prata. Gañadora dun premio Goya polo seu papel en "La Isla Mínima", afronta agora novos retos detrás das cámaras coas longametraxes "Raíces" e "O da miña nai" . 

Con ela falamos da súa infancia no Eixo, en Santiago, onde creceu feliz, cun campo de xogos "inmenso", ou da súa relación coa lingua galega e por que tomou a decisión de falala "o mellor posible" aos 14 anos. "Os meus pais sufriron acoso por ser galegofalantes e comigo falaban en castelán. Iso sempre foi unha ferida aberta dentro de min que me descolocaba", asegura Nerea Barros. 

Créditos

Xarda, cooperativa galega de comunicación.

Agradecementos: Festival de Cans, especialmente a Sandra Carnota.

Coa colaboración de

Tamén che interesa

  • Vinte almorzando con Hugo López

    «Quero facer unha industria máis ecolóxica e máis ética. Quero chegar arriba para ter poder e voz para mellorar as cousas». Hugo López apenas ten 21 anos mais o seu discurso amosa madurez e coñecemento do seu sector. Ten as cousas moi claras. 

    Conversamos co deseñador de Melide sobre a industria da moda, á que entregou a súa vida, mais nunca poderá tomala en serio porque «é ridícula en si mesma, con prototipos de beleza inalcanzables». Hugo López lamenta que somos «adictos ás compras» e defende a roupa de segunda man, arranxar, no canto de tirar, e o uso do coiro, malia ser vexetariano, como un subproduto que resulta máis ecolóxico ca os plásticos.

    VINTE almorzando con Deleite

    Coa colaboración de

  • Vinte almorzando con María Vázquez

    Conversamos coa actriz María Vázquez no seu sitio favorito: a Ribeira Sacra. Hai xa un tempo que decidiu vivir por esas fermosas terras para poder conciliar a súa vida familiar e profesional e non podía estar máis a gusto. Vázquez fala do clamor que se viviu na gala dos Premios Mestre Mateo contra a papeleira Altri e da vinculación natural entre cultura e política. "Todo é política", asegura.

    Falamos tamén sobre o necesario coidado da lingua galega ou de democratizar a cultura. "Necesitamos voces da clase obreira que conten o mundo como está porque cada vez estamos a facer máis cultura de ricos para ricos", explica María Vázquez.

    VINTE almorzando con Deleite

    Coa colaboración de

  • Vinte almorzando con Touriñán

    Recuncamos no Vinte almorzando dan man de Deleite e falamos con Xosé Antonio Touriñán. O actor e humorista recibiunos na súa casa e con el conversamos sobre a necesidade de rir todos os días, dos seus comezos «por casualidade», de traballar moito e gozar coa profesión, de premios non gañados ou dos acentos –que non falten- no audiovisual. 

    VINTE almorzando con Deleite

    Coa colaboración de

  • Vinte almorzando con Óliver Laxe

    Almorzamos na cociña de leña da casa de Óliver Laxe. O cineasta recibiunos na súa aldea dos Ancares, onde naceu a película e onde se rodou a maior parte dela. Alí prepara un novo proxecto pero non cinematográfico: vai crear un centro pedagóxico e terapéutico que tamén será unha granxa e un espazo cultural, rehabilitando varias casas do lugar, incluída a de seus avós.  Co patrocinio de Deleite.

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.