Vinte almorzando con Fillas de Cassandra

Neste novo Vinte almorzando con Deleite fomos de Tertúlia con María SOA e Sara Faro, as Fillas de Cassandra. Están a presentar o seu segundo disco longo, que en realidade é o seu terceiro traballo en tres anos. "Non ansiamos que as nosas letras sexan dogmas. Buscamos o debate e a conversa", subliñan.

"É un disco bastante contestatario. Saír á fresca é unha declaración de intencións do que somos", aseguran durante a conversa, ao tempo que defenden "non ser permisivas cos discursos de odio ou bulos. Tristemente cada vez máis nos estamos achegando a ese mundo hostil que daba tanto medo, de tanto retroceso. Pero todas podemos facer algo, todas xuntas”, animan.  

En Tertúlia hai un chamamento a recuperar tamén as relacións persoais cara a cara, falar sen présa e facer comunidade. "Todo o mundo  pensa agora que ten toda a información no móbil e non é certo. A maior verdade está falando en persoa", explican. 

Aseguran estár a cumprir moitos soños e un dos máis importantes chegará o vindeiro 16 de agosto, cando soban ao escenario de Castrelos, por fin, en Vigo, a súa cidade. 

Créditos

Imaxe e edición: Xarda, cooperativa galega de Comunicación

Unha entrevista de Vanesa Vázquez

Agradecemento especial para a cafetería Diversum, en Vigo.

Coa colaboración de

Tamén che interesa

  • Vinte almorzando en Cans con Jaione Camborda

    Almorzamos e parolamos no Festival de Cans con Jaione Camborda, guionista, directora e produtora de cinema. Camborda vive en Galicia e fai as súas producións en galego. "Paréceme o máis natural", asegura a vasca, que levou a Cuncha de Ouro no Festival de San Sebastián por O Corno.  Jaione Camborda ultima o guión da súa terceira longametraxe, onde segue a buscar a "liberdade e o compromiso co espectador" e con ela mesma, segundo asegura a cineasta, que foi premiada co Pedigree de Honra pola súa traxectoria en Cans.

    VINTE almorzando con Deleite

    Coa colaboración de

  • Vinte almorzando con Rosaura Leis

    Neste novo Vinte almorzando con Deleite falamos de alimentación e do papel que os lácteos teñen ou deberían ter na nosa dieta, tanto das crianzas como das persoas adultas. Almorzamos e parolamos con Rosaura Leis Trabazo con motivo do Día Mundial do Leite. Natural da Estrada, a nosa convidada é catedrática de Pediatría pola USC, investigadora principal no instituto de investigación sanitaria de Santiago (IDIS), presidenta do Comité de Nutrición e Lactancia Materna da Asociación Española de Pediatría (AEP) ou presidenta da Fundación Española da Nutrición. 

    A investigadora alerta da baixada no consumo de leite polos cambios nos patróns alimentarios e defende as propiedades da lactosa, que axuda á absorción de vitaminas e incluso actúa como prebiótico. “É moi importante consultar ao profesional sanitario antes de deixar de consumir un alimento”, asegura Rosaura Leis, en referencia ás persoas que substitúen o leite polas bebidas vexetais.

    VINTE almorzando con Deleite

    Coa colaboración de

  • Vinte almorzando con 9Louro

    Volve o Vinte almorzando con Deleite e nesta nova xeira comezamos con 9Louro. Almorzamos e parolamos cun dos artistas do momento en Galicia. Fai música urbana en galego con letras sobre o que lle acontece ou o que pensa no seu día a día como mozo de 21 anos e o público responde enchendo salas de concertos. 

    O nome de 9Louro está en carteis de festivais por toda Galicia cada semana e, entre bolo e bolo, tivo tempo de atender a VINTE no bar San Francisco, ao pé do mar, en Louro (Muros). “Aquí volvo ser Martín e desconecto un pouco. Podo estar cos meus amigos e estar máis tranquilo”, explica Martín Louro.

    VINTE almorzando con Deleite

    Coa colaboración de

  • Vinte almorzando con Janet Novás

    Unha mirada ampla e un discurso propio que ten o corpo como eixe fundamental. A porriñesa Janet Novás vén de encadear o Goya como actriz revelación (2024) polo seu papel en O Corno, co Premio Nacional de Danza (2025) como intérprete. Asegura Novás que a interpretación é unha sorte de extensión da danza, na que o corpo sostén a palabra e gozou da experiencia de poñerse ao servizo de Jaione Camborda. 

    Almorzamos e parolamos con Janet Novás: bailarina, coreógrafa, mestra, actriz …  que está a crear agora “She Night” como peche dunha triloxía na que defende que “o corpo é o único que nos vai salvar”. Precisamos volver á orixe e parar. “A min o que o corpo me di é que apaguemos todo e paremos. Esa é a performance que precisamos”, defende. 

    VINTE almorzando con Deleite

    Coa colaboración de

  • Fillas de Cassandra: «Queremos permitirnos errar»

    As Fillas de Cassandra publican o seu primeiro disco, Acrópole, que presentan o 4 de marzo na sala Capitol de Santiago. Din que «as fillas adoitan contar historias das súas nais e devanceiras», por iso recuperan a Cassandra, Antígona, Lisístrata, Pandora, Eco, As Moiras, Dafne e Syrinx e a través delas fálanlle ás mulleres de hoxe.

    Música

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.