Playlist. A música de Ramona

A película 'Matria', de Álvaro Gago, logra captar na súa banda sonora o zeitgeist do que soa en Galicia nos últimos anos. Unha escolla musical do máis diverso na que conviven Baiuca, Néboa, Verto ou Sés con nomes da música latina como Chiqui Rodríguez, Big Jhany e Tony Lenta, Francisco León Rodríguez ou Zalento. E a grandísima Orquestra Los Satélites como ponte aos dous lados do Atlántico. No Peugeot 206 vermello de Ramona soan temazos como "No puedo olvidarte" ou "Playa de la Lanzada", e agora podes escoitalos ti no teu con esta playlist que preparamos das cancións que aparecen no filme. A bailar e a facer quilómetros! 

Tamén che interesa

  • Vinte no patio Café Derby 21. Temporada 4

    Café Derby 21. A MATRIA, con Álvaro Gago, María Vázquez e Susana Sampedro

    Para o programa desta semana fixemos unha viaxe dobre: ata a costa, pola zona de Arousa, e ao noso interior, preto do corazón e a alma. Así é como nos sentimos logo de ver o filme Matria, que está arrasando en cinemas e non podía faltar nesta temporada do Café Derby 21. Un dos fitos culturais deste 2023. Para achegarnos ao que significa 💪A MATRIA💪 consultamos e parolamos cos artistas detrás do fenómeno: o cineasta Álvaro Gago e as actrices María Vázquez e Susana Sampedro. Apoiándonos en momentos do filme chegamos ata as nosas propias conclusións.

    Podcast
  • Soraya Luaces. Naceu unha Estrella

    «Eu véñoche natural», di Soraya Luaces ao comezo da conversa que mantemos con ela en Vilanova de Arousa, pouco antes da preestrea de Matria, que comparte con todo o equipo da película. É a súa primeira entrevista sobre o filme. Sentadas nas cadeiras do auditorio Valle Inclán repasamos o que o cine lle está achegando a esta muller de 21 anos natural de Miñortos (Porto do Son), que ten no filme de Álvaro Gago o seu segundo papel como actriz.

    Cinema

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.