Piratas sen parche. A carraxe e o humor galego miran ao soul
En VINTE somos moi sensibles á beleza e non podemos deixar de compartir esta fermosa canción co seu videoclip, que vén de saír á luz e que nos trae A Regueifa Plataforma.
Di Éric Dopazo que os seus Piratas sen Parche fan música para escoitar no sofá pero con pantalón de pinzas e tirantes. Unha querencia polo vintage que se materializa no seu primeiro EP, Sobrábannos ganas, en forma de catro cancións de raigame folk-country coas que aborda con carraxe a sentido do humor a partes iguais temáticas tan pouco antigas coma a gordofobia, a manipulación na TVG ou a homofobia. Unha fórmula inédita na nosa escena que está claramente orientada ao sul, dos Estados Unidos no musical e o do País na abondosas referencias ourensás que enchoupan a lírica do disco.
Tras o premiado videoclip de Eduardita (Premio Youtubeiras 2023) chega agora a espida peza audiovisual de “A balada do Bernardino” na compaña da outra alma dos Piratas Sen Parche, José Gayoso.
Créditos
Mandolina, arranxos, produción: José Gayoso
Letra, Guitarra e voz: Éric Dopazo
Gravación e edición: Xosé Roi