Anxo Araújo propón celebrar "Os días felices"
O músico pontevedrés Anxo Araújo estrea este venres o videoclip e a canción “Os días felices”, unha aposta musical festiva que convida a celebrar e vivir o presente. O audiovisual foi realizado por A Carrinha Vermelha co material contido nunhas cintas familiares en Súper 8 do propio artista.
“Os días felices” é o videoclip de presentación do segundo disco de Anxo Araújo, Aprender a bailar, que se estreará o vindeiro 15 de marzo en plataformas dixitais e que supón a evolución do artista que debutou tras a pandemia cun moi coidado primeiro álbum de estudio, Plan de urbanismo para un novo couto mixto.
Créditos
Gravado entre Unha Casa Calquera (Poio) e Garaxeland (Compostela).
Técnico Garaxeland: Edu Vidal.
Mestura: Anxo Araújo.
Mastering: Victor Garcia (Ultramarinos).
Faus Camaño: Batería.
Julio Visi: Percusións.
Borja López: Ventos.
Anxo Araújo: Voz, guitarra, baixo, teclados e sintetizadores.