"Por que tivemos que discutir?". Estreamos un adianto do novo álbum de Anxo Araújo

"Por que tivemos que discutir?" é o novo single de adianto do próximo traballo de Anxo Araújo. Unha canción que fala dos lugares seguros como a casa, a infancia e o amor e que se estrea cun fermoso videoclip asinado por David Silva. 

 

O novo traballo conserva o carácter do primeiro disco Plan de Urbanismo para un novo couto mixto e incorpora a sonoridade de instrumentos como pandeiros, violíns e a guitarra flamenca. Sons e ritmos para falar do valor das pequenas cousas e manter intacta a aposta de Anxo Araújo por dar continuidade a unha esencia pop con ventos e sintetizadores. «Alegría!».

Créditos

Letra e música: Anxo Araújo

Gravado e mesturado entre Estudio Terraforma (O Hío) e Unha Casa Calquera (Poio)

Masterizado por Víctor García en Ultramarinos (Catalunya)

 

Dirección: David Silva

Produción: Ángela Vila

 

Faus Camaño: batería e percusión

Xacobe Lamas: violín

Ibán Pérez: trompeta

Daniel Santos: palmas

Anxo Araújo: voz, guitarras, baixo e teclados

 

Nenxs:

Nuno Araújo

Ainhoa Santos

Breixo Araújo

Darío Santos

Maia Araújo

Máis Vinte

  • "Canción perfecta". Estreamos en exclusiva o novo videoclip de Anxo Araújo

    Anxo Araújo estrea “Canción Perfecta”, o single adianto do seu primeiro traballo de estudio en solitario Plan de Urbanismo para un novo couto mixto, que sairá publicado o vindeiro 28 de xuño. VINTE adianta en exclusiva este videoclip que poderá verse a partir de mañá en todas as plataformas dixitais. “Canción perfecta” é un tema onírico que afonda na busca de novos camiños, un rexurdimento persoal amparado no colectivo dende onde persegue ese «himno pop que sexa un pedazo de nós». 

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.