"Canción perfecta". Estreamos en exclusiva o novo videoclip de Anxo Araújo

Anxo Araújo estrea “Canción Perfecta”, o single adianto do seu primeiro traballo de estudio en solitario Plan de Urbanismo para un novo couto mixto, que sairá publicado o vindeiro 28 de xuño. VINTE adianta en exclusiva este videoclip que poderá verse a partir de mañá en todas as plataformas dixitais. “Canción perfecta” é un tema onírico que afonda na busca de novos camiños, un rexurdimento persoal amparado no colectivo dende onde persegue ese «himno pop que sexa un pedazo de nós». 

Plan de urbanismo para un novo couto mixto parte dunha necesidade persoal convertida en desafío. Uns meses de introspección no 2020 da pandemia do que saíron dez fermosas cancións que nos inspiran momentos de cambio, de autoafirmación e de reflexión sobre a relativa importancia das cousas. Música feliz para tempos de crise, ou en palabras do propio Anxo «Un saír dos buratos máis profundos con confianza e ilusión. Un reforzo da auto estima. Un aprender a bailar deixando marchar a carraxe acumulada. Un mirar cara a cara ao mundo. Unha absoluta liberación.» O disco xa está dispoñible na web anxoaraujo.com, onde tamán lle podemos botar unha partida ao Pong.  

Créditos

VIDEO:
A Carrinha Vermelha
 

MÚSICA:
Gravado en: Unha Casa Calquera (Poio)
Mesturado por: Anxo Araújo
Masterizado por: Victor Garcia en Ultramarinos (Costa brava / Barcelona)
Todos os temas compostos e producidos por Anxo Araújo

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.