'O corpo aberto'. Obdulia e Dorinda (clip exclusivo)
Ofrecémosvos en exclusiva un anaquiño de O corpo aberto, o filme de Ángeles Huerta que chega aos cinemas esta fin de semana. A escena protagonízana Dorinda (Victoria Guerra), unha moza portuguesa casada na aldea deste lado da Raia, e Obdulia (María Vázquez), a súa cuñada que levaba anos encamada co mal do corpo aberto.
A película toma como punto de partida "Lobosandaus", o primeiro dos contos do libro Arraianos, de Xosé Luis Méndez Ferrín. Este western de ambientación gótica é a primeira adaptación cinematográfica que se fai da obra dun dos autores fundamentais da literatura galega do século XX.
Créditos
Cedido pola produtora Ollo Vivo.