Café Derby 21. O SOBRENATURAL, con Tamar Novas

Pantasmas, zombies, regresados, vampiros, meigas, demos, dragóns... Vivimos rodeados de narrativas sobrenaturais e moitas veces non nos damos nin de conta. 

Moitas festas, como o Entroido, teñen a súa base nesas experiencias místicas relacionadas co paranormal ou con criaturas que nada se lle achegan á evolución científica. Pese a iso, a xente posúe en xeral un grao de crenza no sobrenatural, ben sexa deste xeito, consumindo filmes de terror, literatura sobrenatural, programas de pseudociencia, astroloxía, rituais de todo tipo ou participando dalgunha superstición inocente e inofensiva. 

Para tratar este tema achegámonos ata o Culturgal e falamos co actor Tamar Novas, gañador do premio Goya e candidato en varias ocasións aos Mestre Mateo, que presenta o filme O corpo aberto, unha historia de lendas e superstición nun mundo ao límite baseado nun texto de Méndez Ferrín.

Créditos

O Café Derby é unha sobremesa cultural e virtual. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un convidado ou convidada cada semana. 

 

Co patrocinio de Deleite.

Co patrocinio de

En cafés anteriores

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.