Café Derby 21. A LIBERDADE, con Clara Roquet e Carla Andrade

Neste programa achegámonos ata o festival Curtocircuíto en Santiago de Compostela para parolar e reflexionar sobre a liberdade coas cineastas Clara Roquet e Carla Andrade, xurado e participante na sección Planeta GZ respectivamente. Experimentamos un pouco co formato debido a unha cuestión técnica, pero a esencia prevalece.

 

Para falar de liberdade trouxemos os exemplos de Marina Abramović, o caso real de Christopher McCandless e os filmes Into the Wild, Frances Ha ou Lady Bird. Pero a cuestión de todo isto está nos debates que as nosas convidadas abriron. Un programa diferente, pero intenso.

Créditos

O Café Derby é unha sobremesa cultural e virtual. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un convidado ou convidada cada semana. 

 

Co patrocinio de PuntoGal e Deleite.

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.