Café Derby 21. A FAMILIA, con Alicia Pena

Os tempos son chegados e, como eles, nós tamén chegamos ata Lugo, finalmente! Viaxamos ata a cidade amurallada para conversar na Libraría Trama coa artista e autora gráfica Alicia Pena, lucense afincada en Suecia que vén de publicar o seu debut editorial,  'Gallina Clueca'.

Con motivo da estrea literaria desta historia sobre a maternidade, os procesos reproductivos asistidos e as frustracións e sentimentos para facer medrar a familia, escollimos precisamente como tema 🪺A FAMILIA🪺.

Falamos e parolamos sobre Muriel Spark, a liberdade ser e non ser nai, Levi Strauss, tribos e modelos familiares disidentes de todo tipo, Friends, as amizades como familia e máis cuestións!

Créditos

O Café Derby é unha sobremesa cultural e virtual. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un convidado ou convidada cada semana. 

 

Co patrocinio de Deleite.

Co patrocinio de

En cafés anteriores

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.