Laura LaMontagne regresa con "SonRisas Falsas", unha “demoledora crítica” á industria musical galega

“Aquí non hai managers Laura/ Isto é galiza ti que esperabas”/ Sempre de última “non pidas nada”/Festa de ratas, mentiras, cutradas/, versa o novo de Laura LaMontagne.

Tras dous anos de silencio a artista lucense vén de publicar o sinxelo "SonRisas Falsas", unha canción de electropop escuro e minimalista cantada en galego e inglés. LaMontagne inicia así unha nova etapa artística en solitario e vai directa á ferida. No novo tema fala abertamente da “traizón e as dinámicas abusivas de poder que sufriu dentro da industria musical”, segundo explican desde a produtora.

O lanzamento vén acompañado dun videoclip dirixido polo burelense Adrián Canoura. No videoclip tamén participan Aldara Pagán como axudante dirección, Carlos Rodil como director de fotografía, Juanma Lodo como técnico de vídeo analóxico e Manuel Lucas Mariño na foto fixa.

Créditos

Dirección: Adrián Canoura

Axudante de dirección: Aldara Pagán

Produción executiva: TODOTOFU · Sara Iglesias · Pla Vinseiro · Cristian Duran

Xefatura de produción: Aldara Pagán

Dirección de fotografía (DOP): Carlos Rodil

Gaffer: Alberto da Silva Castro

Técnico de televisións e vídeo analóxico: Juanma Lodo

Foto fixa: Manu Lucas Mariño

Corrección de cor: Mario Lodeiro

Dirección de arte: Carmen Triñanes / Daniela Roda

Axudante de arte: Berto Lozano

Vestiario: Sofía Seijas

Asistente de vestiario: Sabela González

Maquillaxe e perruquería: Iria de Parras

Montaxe: Adrián Canoura

Corpo de baile:

Lúa Pagán

María Prado

Isolda Comesaña

Iria Varela

Tamén che interesa

  • LaMontagne & PicoAmperio. Onde a lírica se mestura coa música

    Algo que sinalar é o primeiro disco de LaMontagne & PicoAmperio e o resultado da busca dun universo musical compartido a partir de versos propios e alleos pasados por coidados loops, é a primeira parada dunha viaxe que Laura (Lugo, 1993) e Pedro (Teo, 1995) comezaron no ano 2019 e coa que levan máis de cen actuacións en directo. 

    Música
  • Hydn lanza “Taste”, pop global en ‘galenglish’

    A artista coruñesa Hydn vén de publicar “Taste”, un novo single co que dá continuidade á súa aposta por un pop galego contemporáneo con códigos do R&B e do pop dos anos 2000.

    “Taste” “nace dun baleiro real: dun espazo que, ata agora, non estaba ocupado, e sitúase directamente no centro do pop contemporáneo desde Galicia”, asegura a cantante e compositora. “Pop galego contemporáneo que opera cos códigos do pop internacional sen complexos nin adaptacións”, acrecenta.

    A canción, mestura de galego e inglés, sae á luz acompañada dun videoclip, dirixido por Iago Vilariño, que se constrúe arredor dun combate no que Hydn pelexa con Jessi Longueira, boxeadora coruñesa, gañadora do Open Cidade de Lugo 2024.

    Música
  • Filloas presenta “Google calendar”, hyperpop contra a rutina

    “Google calendar” é o primeiro sinxelo do novo traballo de Filloas, que se publicará ao longo de 2026.

    Esta canción reafirma unha sonoridade enmarcada no hyperpop, no que o artista é pioneiro en Galicia, segundo subliñan desde a produtora. O sinxelo enmárcase dentro dun mesmo universo, con referencias ás películas de Matrix, o anime e á novela de Momo, representado nun videoclip de Xaime Miranda e nunha portada ilustrada baseada no mesmo.

    “Google calendar” trata da rutina e, sobre todo, como non podemos escapar dela, exemplificándoo nunha eterna loita entre unha personaxe maligna (que representa á rutina) que se enfronta á nosa protagonista deixando un final pouco esperanzador.

    O artista vén de estrear Súbete ao EVA (Alende/Altafonte, 2025), e xa prepara o lanzamento dun novo EP, onde o son electrónico que Filloas xa viña adiantando colle forma. 

    Música
  • Familia Caamagno lanza “De Paseo en Portugal”, adianto do disco e volta aos escenarios

    Familia Caamagno regresará aos concertos nas vindeiras semanas coa publicación dun novo disco, do que vén de lanzar o primeiro avance, "De paseo en Portugal". Un tema pop, cun estribillo luminoso e catártico, que dá boa conta de todo o que está por vir, segundo explican desde o selo Tremento Audiovisual, que edita o novo álbum.

    “De paseo en Portugal/ nada disto pode ir mal”, versa o primeiro dos tres sinxelos que se darán a coñecer nas vindeiras semanas -antes da publicación do álbum-, e que conta cun vídeo animación dirixido por Xaime Miranda. 

    No mes de xaneiro, o quinteto de Sigüeiro, que celebra quince anos sobre os escenarios, presentará un novo disco producido por Raúl Pérez, do estudio granadino La Mina. 

    Música
  • A banda da Loba pon “O cora”: música para o documental 'A rebelión da lectura'

    “Era unha vez unha historia do revés. Era unha vez unha historia con mil pés”. Así comeza “O cora”, canción orixinal composta e interpretada por A banda da Loba para o documental A rebelión da lectura. O tema estará dispoñible en plataformas dixitais a partir deste venres 16 de xaneiro, xunto cun videoclip que recolle a gravación do propio tema. 

    O documental recolle os 20 anos de historia da asociación Espazo Lectura de Gondomar, que se dedica ao fomento da lectura en lingua galega a través dunha  rede de voluntariado. A rebelión da lectura estrearase o sábado 31 de xaneiro no Auditorio Lois Tobío de Gondomar. 

    Música

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.